Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
25 de outubro

O goberno español recorrerá a consulta popular aprobada polo parlamento vasco

O voto dunha deputada de EHAK rompeu a igualdade entre partidarios e detractores da proposta.

Redacción - 17:30 27/06/2008
Ibarretxe defendeu o referendo democrático

Ibarretxe defendeu o referendo democrático

O parlamento vasco aprobou finalmente o proxecto de lei para convocar unha consulta popular o 25 de outubro grazas a un voto de EHAK, tal e como estaba previsto.

O apoio desta parlamentaria rompeu a igualdade entre os partidarios -PNV, EA, EB (o tripartito) e Aralar- e detractores -PP e PSE- da proposta realizada polo lehendakari, Juan José Ibarretxe. Outras sete deputadas abertzales abstivéronse, mentres que a novena non foi por estar de baixa. O resultado final foi: 34 a favor, 33 en contra e sete abstencións.

O goberno español xa anunciou que a lei aprobada será recorrida ante o Tribunal Constitucional, polo que quedará automaticamente suspendida. O Executivo de José Luis Rodríguez Zapatero terá un prazo de tres meses, a contar desde a publicación da lei no Boletín Oficial do País Vasco, para presentar o recurso.

De calquera xeito, a vicepresidenta española, María Teresa Fernández de la Vega, anunciou que acudirán ao tribunal "o mesmo día" en que sexa publicada no boletín. Tamén o PP pensa presentar un recurso ante o Constitucional , aínda que neste caso non supón a suspensión inmediata.


2.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: