Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Este martes, finalmente

Á segunda, a dinamita borrou as pegadas franquistas das Cíes

Derrubado nas Cíes o monolito ao ditador español Francisco Franco, o día en que Galiza asume as competencias sobre o Parque das Illas Atlánticas.

Redacción - 12:00 01/07/2008

Finalmente caeu o derradeiro símbolo fascista que permanecía nas Illas Cíes. Porén non foi sen esforzo. O Ministerio español do Ambiente autorizaba este luns a súa demolición, mais logo dun primeiro intento pola noite -con discreción premeditada-, non foi deica este martes que o coñecido como Pacolito voou.

O Pacolito é -ou era- un monolito chantado entre as praias de Rodas e de Figueiras, orientado cara ao continente, e que daba a benvida aos visitantes chegados en ferry ás illas. A peza ergueuse en 1961 para conmemorar o 25 aniversario de Francisco Franco como xefe do Estado Español.

De estrutura troncopiramidal, os seus vinte metros de altura orixinarios xa ficaran reducidos a 16,80 hai dez anos cando se lle retiraron todos os seus símbolos franquistas. A base medía 6,6 por 6,6 metros. A decisión de demoler o Pacolito tomouse en outubro de 2006. Aínda que se anunciou que esta sería inminente, finalmente non foi tal.

En 2007, o goberno español remitiu á aprobación da Lei da Memoria Histórica para derrubar o monolito e, aínda que o texto se aprobou en decembro dese ano, non foi até este martes -o mesmo día en que Galiza asume as competencias do Parque Nacional- cando se executou a orde.


5/5 (10 votos)

Comentarios (13)

luisfoz #1 1/Xullo/2008 luisfoz

Feliz coincidência!

ulo #2 1/Xullo/2008 ulo

E mentras o sr Tello admitindo que na Coruña manteñan os monumentos a Millan Astray e demáis simbolos franquistas. O Concello de A Coruña, do que el é tenente de Alcalde, retirou hai un mes unha placa e xa ficou contento.
As "tragaderas" deste sr e a xente do BNG no goberno municipal, son dun tamaño descomunal. Traga con todo, que o Servizo Municipal de Festas saque unha publicidade nos buses co logo de La Coruña ben grande, que Losada e o PSOE anuncien que non ha área metropolitan, que a cidade este medio revolta con mobilizacions en barrios, propon unha nova ponte na ria nun alarde de especulador tolo, e eles non só tan contentos, senon afirmando que non ha problemas no goberno municipal.
Xa se sabe, non ha pelexa se un non quere... e o BNG na Coruña, polo menos o seu grupo municipal (porque no Agra ou a CIG parece que teñen outros camiños), decideu que todo o que faga Losada esta ben, mentras ele seguen cobrando os bos salarios que cobran.

Tino #3 1/Xullo/2008 Tino

Falso ULO: o bng é o q mais traballa na coruña polo nome proprio da cidade e pola eliminación da simboloxía franquista, pero a maioria do psoe impédello pq PacoLalalá ainda manda moito por desgraza, creou escola e recua de militantes de esquerdas anti-galegos anti-abortistas castellano-falantes pro-franquistas, e isto non se elimina dun plumazo: se consegue mais votos e mais presión social (q non existe na coruña) os primeiros en elimina-los son os do bloque.
Non digas falacias pq se che ven as intencións.

ecoe #4 1/Xullo/2008 ecoe

Ánimo agora tan só queda todo o continente galego (algo agochado en cada parte)!

Gaviotero #5 1/Xullo/2008 Gaviotero

Curioso...al mismo tiempo que se levanta una escultura (horrorosa, por otro lado) a todo un asesino como el Che, se vuela otra a un dictador.

Vamos, que seguimos igual...

nelbrandam #6 1/Xullo/2008 nelbrandam

O Che puxo a sua vida en xogo polas suas ideas e deuna.
Franco, si todos sabemos quen foi, que fixo e...

ulo #7 1/Xullo/2008 ulo

Realmente tedes un verdadeiro problema coa loxica: a un ano da constitucion do goberno municipal de A Coruña, mantense a maioria das efixies franquistas no concello.
Esto é así.
Se queres non menciono a Tello -non séi que segredas intencions ves, mais as túas son evidentes, defender o goberno municipal que as manten-, mais non podedes evitar que Tello, o BNG, é o Tenente de Alcalde dese goberno. Que o é!!!
E non reduzas aos votos, porque para facer o que facia Vazquez, pois polo menos a el se ll vía vir. Viña de fronte, é un facha do OPUS, e non o ocultaba. E había que botalo.
O problema é que os que estan agora, o tandem Losada/Tello fan o mesmo. A Losada xa coñeciamos -e os que pactaron xa o coñecian, e ainda así pactaron, e a primeira que fixo, e o BNG tragou foi por a Taboadela a negociar cos traballadores do concello en loita, a mesma que deu ordes de golpeas ás traballadoras do telemarketing, a mesma da que o BNG pidiu a si demision. E agora é aliada.
Por favor, un pouco de dignidade e memoria, e non nos tomedes por parvos, que o conto de "ven o lobo" o inventaron xa hai tempo.
Non é nengunha novidade.
E baixo ese conto, faixe a mesma política que non hai tanto tempo se rexeitaba.
Non somos parvos.

ulo #8 1/Xullo/2008 ulo

Porque saberás que defendendo ao BNG e a Tello, defendes a Losada e o PSOE. Non séi, ao mellor pensas que podes defender unha parte do goberno municipal, sen defender o que fai de conxunto. Ou é inxenuidade, ou ten outra palabra máis dura.

Maiakovsky #9 1/Xullo/2008 Maiakovsky

Manda carallo... estes bloqueiros pensan de certo que somos parvos. Para as mesmas políticas, que sigan gobernando os de antes. E vaivos votar a próxima vez Rita la Cantaora (á que seguro convidades a unha desas paparotas de vellos ex-fraguiles e neo-quintaniles...).

mceleiro #10 1/Xullo/2008 mceleiro

Alguém pode dizer alguma mudança na Crunha co-governada pelo BNG a parte daquela legenda de jardim mil vezes arrincada ao lado dum barco varado que dizia "La Coruña" e agora diz "Torre de Hercules"?

OBSERVADOR #11 2/Xullo/2008 OBSERVADOR

Olha praí, BUM e adeus!

Gaviotero #12 2/Xullo/2008 Gaviotero

Podían sustituir el monolito de Franco por uno a Quintana. Al fin y al cabo se llevan bien poco...

joraloca #13 3/Xullo/2008 joraloca

¿gaviotero a canta xente matou quintana, ou encarcelou polas suas ideas?
realmente deixame sorprendido o sinvergoña que pode chegar a ser a xente insultando sen sentido.
Desculpa pero anque pense que eres un pailán nunca cho direi
saudos

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: