O xornal británico The Guardian publica un informe confidencial da entidade internacional que responsabiliza estes compostos da crise alimentaria mundial.
Os biocombustíbeis forzaron o prezo dos alimentos a aumentar un 75 por cento dende o ano 2002, segundo di un informe confidencial do Banco Mundial que detallou esta sexta feira o xornal británico The Guardian.
O texto, que foi redactado en abril deste ano, mais que aínda non se publicou, di que o aumento dos prezos da enerxía e dos fertilizantes foi o causante do crecemento de, apenas, un 15 por cento do prezo dos alimentos. Esta parte do documento (que foi elaborado por de Don Mitchell, economista sénior do Banco Mundial), contradí a tese norteamericana de que os biocombustíbeis só contribuíran a aumentar o prezo un 3 por cento, polo que se cre que aínda non foi divulgado para evitar amosar unha postura contraria á administración Bush, e entrar nunha guerra política.
Os biocombustíbeis terminan coa produción de cereais
Segundo o Banco Mundial, o aumento dos prezos dos alimentos fixo que 100 millóns de persoas en todo o mundo se situasen por baixo do limiar de pobreza. De feito, para a entidade, "o rápido crecemento dos rendementos nos países desenvolvidos non orixinou grandes aumentos no consumo mundial de cereais e non foi un factor responsábel da gran suba dos prezos", senón que a responsábel foi, segundo este informe, "a aposta da UE e dos EUA polos biocombustíbeis" a que tivo un maior impacto "de lonxe" na suba dos prezos dos alimentos e na "desaparición" do stock dalgúns alimentos, sobre todo os cereais.
"Sen o aumento dos biocombustíbeis, os stocks mundiais de trigo e millo non terían rexistrado un declive tan acentuado, e o aumento dos prezos, debido a outros factores, sería máis moderado", conclúe o informe, citado polo The Guardian.
No texto tamén hai un anaco de crítica á meta da UE, de empregar no 10 por cento dos transportes biocombustíbeis en 2020.
Lástima que o BM sexa un dos "entes" máis interesados en sacudir balóns fóra á hora das responsabilidades: os seus créditos fan parte da "capitalización" do agro (aquilo de deixa de prantar iso que millor pós ananás e logo mercámoscha con contrato asinado, axudámosche nos implementos, etc.).
Na capitalización, no "capitalismo" agrario é onde se afunde a raigame do DESASTRE DA FAME NO MUNDO: capitalismo + neoliberalismo.
Qué vai dicir o BM?
Outro bó tanto por cento lévanno as masas de especulación financieira. E sumado ó encarecimento do uso do terreo para combustíveis, explican o ocorrido cos precios da alimentación, logo.
Nom foi Fidel Castro quem alertara já hai anos, e a inteligentzia verde burguesa, esfolara-o vivo por anti-ecologista?
O sistema económico capitalista perverte até as melhores intençons. Na Galiza, quando baixara o preço da madeira, já fregavam as maos os madeireiros para queimarem eucaliptos como biomassa financiados pola UE e as suas "energias limpas", tam limpas como a aero-generaçom, se nom olhamos para para os destroços irreversíveis que causam no monte para aforrarem custos e a porcaria toda de especulaçom financeira sobre os dereitos de emisons gases de efeito estufa.
Carlinhos, Fidel Castro nom alertou de nada hai anos, fijo-o hai meses (em Maio, e acho que sem ter recebido critica nengumha), e muitos meses despois de que organizaçons ecologistas e labregas de todo o mundo dessem a voz de alarma. Eis a que coido que foi a primeira referência a este asunto em Galiza, de 31 de Outubro de 2006: http://www.verdegaia.org/conte... E despois:
http://www.verdegaia.org/conte...
http://www.verdegaia.org/conte...
http://www.verdegaia.org/conte... ...
Nom sei se existirá essa suposta "inteligentzia verde burguesa" mais a estultícia industrialista, seja em versom "comunista" ou capitalista abofé que existe.
Um ano e três meses nom som anos, de acordo, mais umha vez foi Fidel, a voz dos sem voz.
"Los sumideros de carbono y los biocombustibles: Su papel en el cambio climático global.
Inclusive, los biocombustibles de origen forestal y de desechos agrícolas fueron incluidos en la "Lista Positiva " de Greenpeace (2000) junto con el biogás. Finalmente, si se consideran los lineamientos definidos por el del Fondo para el Medio Ambiente Mundial (FMAM) para la realización de estudios de mitigación del cambio climático se plantean dos escenarios de evolución futura del sistema ..."
"Fidel fue el primero que nos alertó sobre la crisis alimentaria, afirmó el Primer Ministro de San Vicente y las Granadinas a su llegada a Cuba
CUBA, 6 de mayo de 2008. El primer ministro de San Vicente y las Granadinas, Ralph E. Gonsalves, expresó que cuando nadie hablaba del problema, ya Fidel trataba de alertar al mundo sobre la crisis alimentaria, que ahora está golpeando al Caribe y a otras partes del mundo.
El dirigente caribeño reiteró que el Comandante en Jefe señaló el peligro de emplear campos fértiles donde se producían comestibles para producir biocombustibles, por lo que "ahora se está dando una gran escasez de alimentos, particularmente de granos, mientras suben cada mes los precios del trigo, del maíz, del arroz... Este es un tema muy serio", subrayó, para apuntar que la situación más grave en el área se presenta en Haití, adonde su país envió unas 50 toneladas de arroz.
"Fidel Castro volvió a la carga contra la "idea siniestra" de los biocombustibles Jueves 10 de Mayo de 2007 "
La advertencia de Fidel Castro
"Hace más de un año, el 28 de marzo de 2007 para ser preciso, el ex presidente cubano Fidel Castro alertó al mundo contra el peligro que representan los biocombustibles. En una larga reflexión titulada «Condenadas a muerte prematura por hambre y sed más de 3.000 millones de personas en el mundo», denunció «la idea siniestra de convertir los alimentos en combustible» elaborada por el presidente Bush como línea económica de la política exterior de Estados Unidos. El inquilino de la Casa Blanca había declarado su intención de producir 132.000 millones de litros de biocombustibles para 2017 (14). "
Como alertara Fidel desde 1996, en la Cumbre Mundial sobre la Alimentación: “El hambre, inseparable compañera de los pobres, es hija de la desigual distribución de las riquezas y de las injusticias de este mundo. Los ricos no conocen el hambre”. “Por luchar contra el hambre y la injusticia han muerto en el mundo millones de personas”.
http://www.granma.cubaweb.cu/2...
http://www.cubainformacion...
http://embacu.cubaminrex.cu/De...
http://www.emol.com/noticias/i...
http://www.ecoportal.net/conte...
http://www.radionuevitas.co.cu...
Outra cousinha; o "industrialismo" comunista nom é estulto; cometeram-se muitos erros ambientais na URSS (dum ponto de vista anacrónico; na Revoluçom Cubana já se repovoou a espoliada floresta da ilha), mas foram para garantir direitos ao povo soviético e a outros povos. A estultícia capitalista nom é tal; é avareza, só se sustenta sobre o máximo lucro para umha minoria seja qual for o preço.
Acho que comparanças neste caso som simples insultos.
A causa real son os movimentos especulativos e a falta de planificación dos Estados: un laisser faire do q os avispados-instumentistas desas políticas sempre se aproveitan.