Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Nunca tal se viu!

O Festigal trae este ano a Pablo Milanés e a catro bandas do país

Entre outras cousas, han estar Berrogüeto, Nao, Quempallou, Lamatumbá e a Víctor Aneiros Band. Tamén haberá filmes, exposicións, presentación de libros.

Redacción - 13:50 05/07/2008
O cartaz do Festigal 2008

O cartaz do Festigal 2008

O Festigal desta ano ha encher, o 24 e o 25 de xullo, Día da Patria, o Campus Sur de Compostela. Incondicionais e curiosos xuntaranse, un ano máis, até chegar a ser perto de 20 mil, arredor dos postos de camisolas, de artesanía, nas carpas coas exposicións, os recitais, nas proxeccións e nos concertos.

Este ano a programación é ampla e variada. Hai un espazo para todo, porque no Festigal teñen cabida diversas disciplinas que se mesturan: as curtas (proxectárase, entre outras, 1977, curta de animación de Peque Varela que acaba de ser exhibida en Sundance); a literatura (presentarase a tradución galega do libro O segundo sexo, de Simone de Beauvoir); a arte (exporase a mostra sobre o himno galego Os tempos son chegados, e distintas visións da cultura tradicional galega) e as ideas (debatirase sobre Curros Enríquez, no centenario do seu falecemento, e sobre as Alternativas ao Neoliberalismo e á Crise).

O prato forte: os concertos ao vivo
E polas noites chega a música que este ano, segundo contan dende a organización, é un bocado máis heteroxénea (consultar aquí programa), xa que acolle bandas como Caravan Palace (aposta francesa pola mestura de jazz e electrónica), aos galegos Nao (que veñen para presentar o seu traballo Palabras Espidas), Berrogüetto, Quempallou, Lamatumbá ou a Víctor Aneiros Band, ademais dos suecos The Internacional Noise Conspiracy. O que máis destaca do cartel é a incorporación de Pablo Milanés, que vén presentar a súa última viaxe poética e musical, titulada Regalo (2008).

A comida e a bebida até altas horas completan o programa do maior festival organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre.


4.6/5 (10 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Pablo Milanés, Víctor Aneiros e Lamatumbá han ofrecer concertos ao vivo no Festigal deste ano
Pablo Milanés, Víctor Aneiros e Lamatumbá han ofrecer concertos ao vivo no Festigal deste ano