Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Decisión da RAG

As Letras de 2009 hánselle dedicar a Ramón Piñeiro

O pai do chamado "galeguismo difuso" foi escollido este sábado ao mediodía pola Real Academia Galega.

Redacción - 14:22 05/07/2008
Ramón Piñeiro López

Ramón Piñeiro López

Era o favorito, e finalmente confirmouse: Ramón Piñeiro López vai ser o escritor e intelectual homenaxeado o 17 de maio de 2009, no Día das Letras.

Unha intensa actividade política
Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo) en 1915, e comezou a militar, sendo ben novo, nas Mocedades Galeguistas, onde había destacar de seguida. A seguir, pasou a facer parte do Partido Galeguista como secretario do comité provincial de Lugo (tiña 17 anos), cargo que se viu truncado pola Guerra Civil.

Despois da contenda, Piñeiro dedicouse a reorganizar o partido na clandestinidade (como membro do Comité Executivo, sendo secretario político), polo que foi detido e encarcerado en 1946. Ao saír da cadea, tres anos despois, Ramón Piñeiro comezou a defender a loita cultural fronte á política, en pleno enfrontamento entre os galeguistas do exilio (partidarios dunha loita de guerrilla) e os galeguistas "do interior", os que vivían en pleno franquismo e que se preocuparon máis por introducir aos máis novos na cultura galega, deixando de lado maiores aspiracións, e preparándose para a transición cara a democracia.

Nesta época (a chamada "transición") Piñeiro, que non deixara de defender o chamado "galeguismo difuso" (aquel que se baseaba en tinguir todos os partidos con pingas de galeguismo, no canto de facer un só partido de ideoloxía galeguista forte), formou parte do primeiro Parlamento Autonómico como deputado pola provincia da Coruña do PSdeG (foi de independente nas listas).

A súa actividade literaria
Na década dos 50, Piñeiro participou activamente na disolución do Partido Galeguista, e na creación da Editorial Galaxia, que comezou, en plena ditadura franquista, a publicar libros na nosa lingua, sobre asuntos relacionados coa sociedade e cultura galega. Piñeiro dirixiu a editorial e traballou nela até 1966. Alí publicou en 1953, xunto con outros autores, A Saudade, ensaios.

A súa obra non é moi abundante, e céntrase, na súa totalidade, na que se deu en chamar "filosofía da saudade". Así, a comezos dos 80, publicou Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa e Filosofía da saudade. Tamén destacan as súas traducións, en colaboración con Celestino Fernández de la Vega, das obras de Pokorny e Heidegger, que supuxeron no seu momento, segundo a RAG, "un paso decisivo na normalización do galego como lingua con capacidade para expresarse en todos os campos do saber, superando a súa cualificación como lingua "rural e poética" na que a tiñan encadrada moitos intelectuais españois da posguerra.

O seu labor normalizador
Tamén desenvolveu un importante labor ensaístico (recollido parcialmente nos libros Olladas no Futuro, Galicia, A Linguaxe e as linguas e Lembrando a Castelao), onde reflectiu o seu pensamento, salientando a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como camiño fundamental para a súa realización como pobo.

A RAG tamén destacou o seu labor como "promotor da normalización da lingua galega nos anos difíciles da posguerra", que fica recollido en numeroso artigos, para escoller a súa figura para as Letras do ano que vén.

Os recoñecementos
En 1985 Piñeiro recibiu a Medalla Castelao. Tamén foi académico da RAG (ingresou en 1967 ) e primeiro presidente do Consello da Cultura Galega (elixido en 1983). Ademais, participou activamente na redacción da primeira Lei de Normalización Lingüística de Galicia.

Faleceu en 1990, e tres anos máis tarde creábase creaba o Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias Ramón Piñeiro, institución que pasou a se chamar Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades en 1997.


2,22/5 (36 votos)


Comentarios (36)

Atlantico #1 5/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A consagración do piñeirismo.

manual #2 5/Xullo/2008 manual
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Cada vez hai máis razóns para pasar do que diga ou deixe de dicir a RAG. Homenaxear a Ramón Piñeiro, con todo o dano que fixo, mentres se segue postergando a Carvalho Calero, que si loitou con forza pola nosa cultura, é unha vergoña.

ROSALIANO #3 5/Xullo/2008 ROSALIANO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Argumentam que Ramon Piñeiro é "referencia moral indiscutible". A pouca legitimidade que lhe restava à RAG vai perdendo-a a cada decisão que adopta.

ecoe #4 5/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois vai ser que NON, ACADEMIA MONÁRQUICA GALEGA!!

Ainda manda ahí García Sabell e Carlos Casares -ambos GRANDÍSIMOS escritores de PROBADA fama inter-autonómico-mundial?

Queren dicir REVERENCIA moral ó franquismo e á descendencia do mesmo, seguro que len vostedes mal!

Resumo piñeiril: abaixo Galiza, arriba Galaxia !!! (A mesma do premio recente da Junta de Ghalisia do do idiona touriñés)!!

Participou activamente EN TÓDALAS DISOLUCIÓNS!!

Vaime encantar vendo Ferrín defender a semellante Ulm Roam!!

Para min que CAIXAVARICIA é xa directamente a promotora da ACADEMIA MONÁRQUICA GALEGA, do Casares e no fundo alá, do propio Piñeiro. (?)

mil #5 5/Xullo/2008 mil
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na situaçom na que a mesma sobrevivência da língua está em qüestom, em boa parte por apostar pola já demostrada fracassada estratégia que postulou o Piñeiro, desaproveitar as magras oportunidades que se apresentam para recuncar no erro, é por banda dos membros da RAG ou incrível miopia irresponsável ou simplesmente que se identificam cos postulados do manifesto de El Mundo e trabalham como quintacolunistas de galiciabilingüe.

AGIL #6 5/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Era o aguardável... Alguém esperava que a RAGa, dominada pelo ILGa, poderia reconhecer a Carvalho Calero algum mérito "galeguista"? Depois da sua "declaración de dependencia" relativamente ao poder político-administrativo do reino de espaÑa? Como os "galicianos" vão admitir que os GALIZAnos merecem algum reconhecimento?
PORTANTO, PROPONGO: DECLAREMOS QUE O ESCRITOR GALEGO PARA AS LETRAS GALEGAS 2009 É RICARDO CARVALHO CALERO.
E a RAGa, dominada pelo ILGa, que diga "saudades confusas piñeirosas"...
(Para além, que escreveu Piñeiro em galego? Foi capaz de redigir algum livro sobre algum tema mais ou menos sério?)

Carlinhos #7 5/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu, que nom pertenço, nem me achego de longe aos do clube de "nem colónia nem xampu" cuido que o máis triste é que nem os objectivos mínimos que formulou este home (bem, já sei, que si, que na "Denúncia diante a Unesco" nom qüestionava a legislaçom franquista, que liquidou o PG, que se a CIA, que se democracia cristam, que se Ulm Roan, que tal, que sei eu...) vam além do que hoje é o programa de máximos na agenda eleitoral do BNG e, nom falemos já do PSOE disfarçado de PSdeG (e disso somos culpáveis cada um de nós, quanto massa de eleitores e membros da estrutura social galega); vou colar um fragmento dumha carta del a Carvalho Calero (que era, efectivamente, o candidato que eu preferia)

"Un pacto galego no que os seus firmantes se comprometan
a defender os direitos do noso pobo é posible e
necesario. A defensa debería de se establecer en dous
niveis: en primeiro lugar, defendendo a estrutura federal
do Estado como fórmula idónea para que este poida asumir
democráticamente a pluralidade da España real; en
segundo lugar, e para o caso de que a fórmula federal non
prosperase, a representación galega tería que reclamar
para Galicia os mesmos direitos autonómicos que se lles
reconocesen ás outras nacionalidades."

AGIL #8 5/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dizem que participou na redação da LNL... como deputado do pEsoE!!! A ele se deve a redação do artigo em que se incluía o "deber de conocer el gallego".
Com toda a lógica (jurídica) o Tribunal Constitucional do reino bourbónico de espaÑa declarou inconstitucional essa inclusão PORQUE COMO LEI QUE DESENVOLVE O ESTATUTO ÍA PARA ALÉM DO QUE O ESTATUTO ESTABELECERA, que era o simples "derecho a conocer el gallego".
Começaremos a ler e ouvir louvores ao nada...
(Estará o académico independentista Ferrín com esta "nominación"?)

Trovador #9 5/Xullo/2008 Trovador
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que mágoa, dedicar o Dia das nossas Letras a um medíocre! Quais som os méritos de Ramón PiÑeiro?

Para quando a homenagem a Ricardo Carvalho Calero?

E para quando ao nosso dramaturgo mais importante: Jenaro Marinhas del Valhe.

Atlantico #10 5/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver que di Bush do seu antigo funcionario.

Roi_Ourense #11 5/Xullo/2008 Roi_Ourense
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penoso. Das poucas cousas que até o de agora valían para cohesionar @s máis d@s galeg@s -o Día das Letras- vai tamén para o carallo definitivamente.

ecoe #12 5/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver si tamén interviron na elección as e os do Clube dos Vil Delberg! Non só a CIA!

Xos #13 5/Xullo/2008 Xos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois a súa idea, tinguir a todos de galeguismo, era unha gran idea. Unha idea que fracasou, desde logo. Equivocouse e fracasou, pero de ter éxito teríamos sido algo parecido a Cataluña, onde aínda que o PSC non sexa nacionalista, defende a lingua con total determinación. Galeguistas todos, nacionalistas ou non, gran idea, pero fracasada.
Por outra banda, forma parte da nosa historia, non vexo por que non lle imos adicar un día das letras galegas, ¿qué máis ten se é polémico? Unha cultura forte ten polémicas. Ademáis, iso da guerrilla que dicían os do exterior, vivían ben lonxe, non se decataban de que iso era imposible

Anti_Lusista #14 5/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Non entendo a vosa actitude, se lle dedicaran as letras a Carvalho non habería problema algún, estaría moi ben por certo pero non foi. É incrible escoitar o que se escoita, que foi nefasto para o galeguismo para o galeguismo que é case como dicir que o PG foi nefasto para o país. Lembrade que o día das letras adicouselle a Risco fai anos, que aínda que foi un grande escritor e intelectual, todos sabemos que foi un vende patrias... Seguramente se as letras non estiveran entre Piñeiro e Carvalho a cousa non tería estes titnes "tan dramáticos".

Anti_Lusista #15 5/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

*tintes

AGIL #16 5/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Risco (antilusista) foi o que foi nos tempos em que foi o que foi, mas o Priñeiro interveio ativamente conformando o galeguismo todo, incluída a UPG, no projeto-processo transicional.
Isso de "tingir de galeguismo" todos os partidos, em teoria poderia talvez valer, mas na realidade foi o que foi: Foi ele e Casares e Alfredo Conde e Fernández Albor e o maior deles, García Sabell, os de Realidade Galega, os tingidos de "transición democrática".
Nós (aintilusista) não representaremos o Povo: Valemos o que valemos e somos o que somos, mas todos esses, quase todos já mortos, que fizeram? Apoiar-se nas "fuerzas vivas (y armadas)" da "transición" para, esteados nelas, "representar" o "pobo galego" e evitar que outros representassem o que na realidade representavam, que era bastante mais do que eles.
Aniquilaram gentes e ideiais... Ah, a "mesa camilla" bendita...
Eu tive a "sorte" de passar por ela e comprovei a pobreza de mente do senhor: Em conivência com a gente do ILGa e com a "Xunta" então do Albor, impediu-nos publicar um texto de Galego sob pretexto de que não seguia as NOMIGa, que ainda não foram nem elaboradas!!! Esse texto sim seguia as Normas da Conselharia, vigentes para os textos que aprovasse a "Comisión mixta Xunta de Galicia-Ministerio de Educación"...
Ante a sua negativa, eu insistia em que nos desse alguma razão de peso por que esse texto não ía ser publicado por Galáxia, quando fora Galáxia a editora que no-lo encarregara...
Não foi capaz: Não havia nenhuma razão, mas apenas imposição sobretudo para evitar que o texto chegasse às aulas, não pela forma da escrita, mas pelos conteúdos...
(Depois foi publicado por Everest, mas a "Xunta", antes de que existissem as NOMIGa, se encarregou de não o aprovar... Como se chama isso? Ditadura? Arbitrariedade?...)
Estou a "falar" de acontecimentos datados em 1980, 1981...
Outros poderão contar a feira como lhes foi nela.

sozinho #17 5/Xullo/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que vantaxe ten 2009 sobre 2010? Supoño a RAG non chegou á determinación de excluír a Carvalho Calero da homenaxe das letras galegas, entre outras cousas porque ten moita máis sona coma escritor que Piñeiro. Non obstante, Piñeiro, Otero Pedraio, Risco, etc. inda que quedasen coa ditadura de Franco, iso non os convirte en vende-patrias. Simplemente eran persoas menos comprometidas politicamente ás que non obrigaron a abandoa-lo país, pero si comprometidas culturalmente. Diría moi pouco da miña cultura se coa escusa de non votar ao mesmo partido, deixase de ler a Ferrín ou Vargas-Llosa... inda que sería moi cómodo. Piñeiro ademais dá motivos para non deixarse ler... mira que traducir a Heidegger! Ademais podémolo acusar de filo-nazi por iso, xa postos! Podemos aprender tamén do veciño castelán, pois a mesma sorte sufriron Ortega e Unamuno por non ser personaxes comprometidos politicamente co bando republicano de esquerdas (o que combateu na guerra). Europeístas, demócratas e republicanos convencidos -ningún dos dous era de esquerdas, pero si eran moi tolerantes-, foron cualificados de nacional-católicos pola esquerda no exilio. Esta cainita tendencia, fixo que Franco estivese 40 anos nada menos.

Anti_Lusista #18 5/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Risco (antilusista) foi o que foi nos tempos em que foi o que foi" E Piñeiro coido que tamén, e concordo con Xos pode que o seu proxecto fracasara nese senso pero o modelo sería coma o que ten Cataluña. Que Albor impedira que se publicase un texto en galego daquelas, a verdade e que non me extrana que lle queres home.

Por certo, gustaríame saber que pensa de todo isto o señor Beiras, como dicía Beramendi cando estivo en Galiza estaba programado pero cando marchou para Francia desprogramouse por completo, todo isto ca súa sorna característica :p

vou cear que hai fame.

Carlinhos #19 5/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

BASES PARA A UNIDADE DO FUTURO ESTADO GALEGO

Dado que o problema fundamental da Naçom Galega é a representaçom gráfica dos sons e fonemas que emitimos os aboriges desta terra que se fala desde fai mil anos no território da CAG e áreas limítrofes, propomos o seguinte:

I. Autodissoluçom de calquer associaçom organizaçom ou organismo estatal ou para-estatal em defensa da língua galega que opere dentro do Estado español (e no Português se for precisa cumha intervençom armada).
II. A adopción do Castelhano ou Español como o idioma oficial e único do Estado Republicano Galego.
III. A criaçom da Academia Gallega de Ortofonia, cos máis destacados
logopedas e assessores lingüísticos tanto da Meseta como do continente americano.
IV. Afiliación obligatoria de todos os cidadáns maiores de 16 anos à Fundación TANGALLEGOSCOMOELGALLEGO.
V. Ilegalizaçom do Colectivo Galicia Bilingüe por sementar a divisom entre galegos ao reconhecer que dita lingua ten dereito a existir, protegida no seu hábitat rural.

Deus Fratesque Gallaecia.

AGIL #20 6/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

"Galeguismo difuso"? GALEGUISMO CONFUSO: O da situação que hoje mais cada vez padecemos...
O R.P.L. (nada a ver com R.I.P. ainda que se pareçam...) foi o patrocinador do ILG nos seus inícios (1971) e o neutralizador da memória galeguista que Rodrigues Lapa lembrou (1973). Foi o argalhador duma distribuição de "ideologias partidaristas" artificiais e artificiosas, sem ele se "molhar" para nada.
"Molhou"-se, sim, quando pôde cobrar do reino... "Diputado del pEsoE"... "independiente"... "independiente"? Pagado!
Foi inimigo de tudo o que cheirasse a comunismo...
E tradutor? Quem traduziu? Ele ou Celestino?
Boa amostra do "galego" "isolador":
Parabéns aos anti_lusistas todos! O reino de espaÑa está-vos bem agradecido na pessoa do vosso chefe e guia, protagonista das "letras gallegas 2009"!!!
Que os deuses vos perdoem, ao chefe e aos chefiados!!!

Lidor #21 6/Xullo/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pero Carvalho Calero era lusista, non?

galeguzo #22 6/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Anti_Lusista (já nem sei para quê me molesto em responder-che), a ver se relês os comentários de acima, porque acho que a maior parte das críticas provém de gente não necessariamente reintegracionista.

Na minha opinião, havia canditados muito mais válidos do que Ramón Piñeiro, não necessariamente reintegracionistas. Piñeiro foi um medíocre e o "piñeirismo", como projecto, uma interessante ideia que porém fracassou. E ainda há quem continua a querer ressuscitar esse zumbi a cada cita eleitoral neste país e a reivindicar a herança galeguista (!!) de Piñeiro!!!

A RAG é o que é. Gostaria de chamá-la esterco/estrume, mas é que nem para estercar serve, pois de uma RAG estercada só agromaria mais espanholismo.

A RAG continua, a cada pronunciamente público, a dar mais argumentos para reclamarmos a sua disolução ou, no mínimo, o cessamento da outorgação de dinheiro público que cada ano vai a esses "reais" estômagos agradecidos.

Bem é certo o de que "Roma não paga a traidores". Para a RAG, Carvalho Calero é um traidor, por isso o condenaram ao ostracismo em vida e já morto bailam sobre a sua tumba. Porém, também a RAG é uma traidora ao país que lhe dá nome, e cada dia tem menos crédito e apoios, polo que não descarto num futuro não longínquo ver a desaparição desse engendro obsoleto, inútil e fracassado.

ecoe #23 6/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

As ideias piñeiristas só poderían triunfar nun ceo ideal, onde non houbera o nazionalismo español. Ónde pousaba os ollos para saír por ahí? Qué cencaia utilizada? Moi sinxelo: o desexo, mais a realidade évos moi terca.

CEN MILLORES E DE MÄIS INTERESE PARA GZ: empezando por Uxío Novoneira, Manuel María, Celso Emilio, etc. e moitísimos hacia atrás. Literatos de arriba abaixo, de unha peza, non uns chaíñas calisqueira de interese para o poder, como é o caso piñeirista. A diferencia da áuga ó viño.

E dado o caso é de aviso que próximamente erguerán ós ceus ó mismísimo garcía sabell. Verédelo, pois.

ecoe #24 6/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outeiro Pedraio outro dos bós e xenerosos. PIÑEIRO, NON!

ecoe #25 6/Xullo/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E logo estaría o papel desenrolado na TRA(NS)ICIÓN por estes paxaros, que está por estudar e descubrir polo miúdo.

Atlantico #26 6/Xullo/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa lle van baixando o nivel para cando toque darllo a Fraga ou similiar.

Anti_Lusista #27 6/Xullo/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manuel María! Si señor, sabedes isa poesía que di "Galicia docemente está ollando o mar..." Coido que nunca lin nada tan fermoso.

galeguzo #28 7/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Manuel Maria seria um excelente candidato, mas segundo o regulamento fixado pola RAG, acho que não poderia ser antes de 2014.

OBSERVADOR #29 7/Xullo/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

SILÊNCIO

Silêncio. O enorme silêncio
denso, fondo, tenso
rompe, de súbito, a falar.
Fai-se cotovia, rola,
rouxinol,
murmúrio de rio,
voz alvorotada das marés.
O silêncio renasce novamente.
E cando nos precatamos
converte-se num arco-da-velha
jamais olhado por ninguém.

MANUEL MARIA "A luz ressuscitada". AGAL 1984

sozinho #30 7/Xullo/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Dende logo semella que todos estamos de acordo en que Carvalho Calero é mellor escritor que Piñeiro (tamén Manuel María, que sei que non está suficientemente morto... que cousas!). Non obstante, hai dous aspectos importantes:
1. Non é maior honor homenaxear en 2.009 que en 2.010 ou calquera outro ano.
2. Os posicionamentos políticos non se xulgan aquí. Ningún premio Nóbel de literatura se xulgou por se as súas ideas políticas prexudicaban ou non á propia literatura ou idioma empregado.
Dito isto, tódolos candidatos me parecen respectables, inda que confeso na miña ignorancia que nin sabía da traxectoria como escritor de Piñeiro. Se a pesar diso queredes denunciar as ideas políticas de Piñeiro, pois vale, pero non ten que ver co tema.

Lidor #31 7/Xullo/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

¿Non sabes que Piñeiro escribía pero Carballo Calero era mellor escritor ca el?

Por outra parte (corto e pego) ese señor, o Carvalho, non era lusista? Os lusistas non opinan que a Academia tiña que disolverse e cagan por riba de todas as súas decisións? A ver se se poñen de acordo con eles mesmos, non se pode cagar na porta do veciño e despois pedirlle a merenda.

Carlinhos #32 8/Xullo/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

29#
http://br.youtube.com/watch?v=...

ROSALIANO #33 8/Xullo/2008 ROSALIANO
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lidor mostra-nos que o galaico-castelhano também serve para dizer cousas coerentes sobre a questão de língua. Pena que seja um caso infrequente. O que acontece é que alguns reintegracionistas pedem o impossível: que a RAG seja um referente para todos, uma "casa comum".

A evolução da RAG nos últimos 30 anos é clara: não reconhecem a existência do reintegracionismo nem aceitam o seu próprio acordo normativo de 2003. Isso é prova do seu sectarismo e escassa inteligência política. Isto é o que há.

galeguzo #34 8/Xullo/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Carvalho Calero era melhor escritor, e aí estão a sua obra e a premiada trajectória.

http://gl.wikipedia.org/wiki/R...

RAMÓN PIÑEIRO: «A obra escrita por Ramón Piñeiro non é abundante, centrándose case na súa totalidade na filosofía da "saudade", Siñificado metafísico da saudade, notas pra unha filosofía galaico-portuguesa (Galaxia, Vigo s.a., 23 págs.); e Filosofía da saudade (Galaxia, Vigo 1984, 121 págs.)».

http://gl.wikipedia.org/wiki/C...

RICARDO CARVALHO CALERO: dez títulos de poesia (em galego), duas de teatro, duas de narrativa (incluída 'Scórpio', Prémio da Crítica Galega) e ao menos oito de ensaio.

Como diriam os nossos vizinhos espanhóis, "no hay color".

AGIL #35 8/Xullo/2008 AGIL
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lidor, perante o que dizem e pretendem alguns reintegracionistas, eu há dias escrevi no PGL (Portal Galego da Língua):
«Se ficarem no inferno [RAG e o seu isolacionismo nacionalista "español"], apenas pode dizer-se uma recomendação: "Lasciate ogni speranza" vós que aí ficais. Abandonai o território corrupto [RAG...], procurai prados amenos, edificai paços e epopeias livres... Antes de "lasciare la speranza", deixai o inferno [RAG...]!!!! Caminhai face à Terra que vós mesmos tereis de conformar!!!!»

mceleiro #36 8/Xullo/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isto é beligerância pura e dura.

Quando há um forte movimento a prol da merescida homenagem a Ricardo Carvalho Calero, saem com as antípodas. Por foder.

Galicia vs. Galiza

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: