Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En lembranza a Carlo Colombaioni

Risas a esgalla no Mundoclown de Vigo

Entre o 31 de xullo e o 3 de agosto, preparado un vendaval de humor con pallasos de todo o mundo.

Redacción - 09:00 08/07/2008
Tags:
Cartel do Festival

Cartel do Festival

Compañías internacionais, alumnos de media Europa e artistas de renome deixaránse ver en Vigo entre o 31 de xullo e o 3 de agosto. Este verán a cidade olívica será a capital mundial do humor e poderemos ver nas súas rúas aos pallasos máis divertidos de todo o mundo no festival Mundoclown 2008.

A edición do Mundoclown deste ano está adicada ao recentemente finado Carlo Colombaioni, “o mellor clown moderno do mundo”, segundo palabras do director artístico do festival, Iván Prado. Colombaioni, quen fora padriño e aval internacional do Festiclown por todo o mundo, axudou a formar e dirixir as primeiras compañías estables de clown de Galicia, como “Os Sete Magníficos máis Un”.

Este xenial artista italiano meteu nos teatros a maxia dos pallasos, ten formado a milleiros de artistas e traballou con grandes do cinema, como Federico Fellini. Agora, o festival Mundoclown réndelle a homenaxe que merece nunha gala enchida de actuacións que lembrarán a súa figura.

Nesta edición non faltarán os cursos de Formaclown, que xa teñen aberto o plazo de inscricion para entrar a formar parte da familia máxica do clown.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: