En protesta pola medida, intelectuais e políticos achegáronse á sede do Ministerio de Interior en Roma para que lles foran tamén tomadas as pegadas dixitais.
O ministro de Interior, Roberto Maroni ( Liga Norte), rexeita as críticas e asegura que non paralizará a medida
A prensa italiana compara xa a iniciativa impulsada polo goberno de Silvio Berlusconi con leis raciais deseñadas na época de Mussolini. Tamén daquela, segundo recordan desde colectivos en defensa dos dereitos civís, o goberno aseguraba tomar esa iniciativa "para protexer os xudeus".
Con escusa parecida actúa o actual executivo, que nomeou comisarios especiais para os xitanos nas principais cidades do país e iniciou a elaboración de fichas específicas para cada veciño dos campamentos xitanos en cada localidade, incluídos os nenos. De xeito específico, o executivo italiano considera que os cativos xitanos son usados para pedir esmola "e cometer delitos".
O proxecto foi criticado entre outros pola propia Unicef e polo Parlamento Europeo, malia que non se anunciaron medidas concretas de presión contra a iniciativa. Mesmo a influínte revista católica Famiglia Cristiana cualificou de "racista" e "indecente" a decisión do goberno Berlusconi.
Igual pueden ayudarles los alcaldes de Poyo y Pontevedra a los que los gitanos creo que no les tienen en mucho aprecio...
Na Galiza não há diglossia, há xenofobia. Xenofobia por parte da polícia, dos diretores de hoteis, da dependenta da loja de batatas fritas... Xenofobia em qualquer sitio onde haja um moinante coma este.
O Gaviotero tamén sabe a quen aprecian os xitanos. De seguro que os xitanos taban contentísimos nas favelas.
Seculo XX -> Xudeos.
Seculo XXI -> Xitanos.
Seculo XXII -> ¿ESPAÑOIS?
Mira, Gavi, xa sabes canto te quero, pero.... en Pontevedra e en Poio é a primeira vez que se tenta solucionar un gueto, con ou menos exito, pero se tenta, noutros concellos simplemente a versión oficial é "eso non existe non noso concello.", e non te trabuques.... os xitanos do BAO, xa foron recolocados duas veces, sendo ete poboado "rehabitado" por outras novas familias que nin seuqera en moitos casos tiñan dereito as axudas que está recivindo pois nen sequera residian en Pontevedra ou Poio, xa que eran familias que viñeron en casos de Vilagarcía, Lugo, e Vigo, e que soio viñan a ocupar o sitio que deixaban outros.
Se daquela unha vez realoxados limpiarase a zona reabilitandoa correctamente, agora non terian ese problema, e non te trabuques Pontevedra é a capital de provinia con mais indice de poboación de etnia xitana en Galiza, asi que tampouco podes decir que exista racismo, mesmo o propio "lider" do pobo xitano o ten recoñecido que co actual goberno se ten adiantado moito nas suas condicions de vida, e é o unico goberno que realmente preocupase por eles.
Asi que ¿de onde ven a xenofobia por parte destes dous concellos?.
Gavi, querido paxariño, non te vou a decir que isto me faga rir, mais ben dame pena o feito de que calumnies asi de mal, e a mis pretendas escusar o que está mal feito (neste caso polo goberno amigo de Aznar en Italia), e tentar relacionalo cunha falsedade cos gobernos que existen aqui.