Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ben de Interese Cultural

Cultura prepara a declaración como BIC de 48 sitios megalíticos

O proceso, que busca garantir a súa protección e posta en valor, é "moi longo", di Patrimonio, mais podería estar case resolto "no último semestre de 2009".

Redacción - 14:15 09/07/2008

Co fin de protexer e pór en valor os principais restos megalíticos do noso país, a Consellaría de Cultura iniciou o proceso de estudo e delimitación de 48 depósitos para podelos declarar como Ben de Interese Cultural (BIC).

O proxecto inclúe os principais sepulcros megalíticos, dolmens e cistas, illadas ou formando necrópole, así como menhires. O obxectivo é garantir a súa conservación e a súa divulgación de cara ao público, segundo anunciou esta cuarta feira a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.

Pola súa banda, o director xeral de Patrimonio Cultural, Felipe Arias, recordou que o proceso de declaración de BIC é "moi longo". No entanto, estimou que "no último semestre de 2009" contarán coa incoación ou coa declaración dun número importante destes depósitos.


5/5 (8 votos)

Comentarios (6)

ecoe #1 9/Xullo/2008 ecoe

Só medio cento de megalitos son BENS DE INTERESE CULTURAL?

Hui que se colan e quedan moitos atrás!

Chousa #2 9/Xullo/2008 Chousa

E logo os petroglifos quedan para a segunda quenda?

Carlinhos #3 10/Xullo/2008 Carlinhos

...e a arquitectura "uralítica"; os valados-somier e as banheiras e electrodomésticos-multifunçom, o castrapo e a diglóssia herdados da "Galicia desarrollista e auto-odiada" de após o 36 nom som BIC? Som tam importantes para a nossa identidade como essas pedras velhas, mais canteiras e menos sibaritismo, que hai muito escunfunido "inteligentual"; tinha que voltar o Fraga para pôr as cousas no seu sítio e meter os quartos em cousas úteis como a Cidade da Cultura que poria "a nosa rexión" no mapa.
(Posdata: Parabienes por la elección de las Letras Gallegas).
Asdo. Ex Conselheiro de Cultura anónimo.

ecoe #4 10/Xullo/2008 ecoe

mallado Carlinhos Braun!

condedecotobade #5 10/Xullo/2008 condedecotobade

Non foi durante a etapa Fraga que colleron as pedras coas que os romanos marcaban os kilómetros das estradas (como se chaman?) no Parque do Xurés e as puxeron en perfecta formación como se de menhires se tratase?

Carlinhos #6 10/Xullo/2008 Carlinhos

#4. Sinto estar tan ralhante, ho' , tenho-che o dia ruinzinho e ando ocioso; já calo um pouco, valeu, saúde.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: