Empresas que actúan en Galiza pero levan a sede social a Madrid, o exemplo no sector eléctrico, son evidencia da distorsión dos datos feitos públicos polo executivo español.
Os galegos páganlle ao Estado 10.000 millóns en impostos e as transferencias e investimentos do goberno español no país apenas quedan por riba dos 7.000 millóns, onde está o suposto "superávit fiscal" de Galiza? No contexto deses datos, do exercicio 2006, o vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, rexeitou este martes a idea que na súa opinión pretende difundir o goberno español segundo a cal "Galiza é pobre e ten que vivir da caridade do Estado". "O que non pode facer o goberno é trasladar balanzas cargadas de matute", reprochou Quintana, pedindo transparencia e criticando que se estean usando os datos do ministerio baixo criterios de "soberbia e autocomplacencia".
Referíase o vicepresidente aos datos que saen das balanzas fiscais elaboradas polo Ministerio de Economía e Facenda, segundo as cales só Estremadura e Asturias terían recibido máis fondos ca Galiza durante ao período analizado e respecto ao seu Produto Interior Bruto. Segundo esa interpretación, o superávit fiscal galego estaría entre o 8,23 e o 6,42% do PIB propio. Co mesmo cálculo, no outro estremo, Madrid, Cataluña, a Comunidade Valenciana, Navarra e Baleares, achegarían máis do que reciben do Estado. Exemplo dos paradoxos do cálculo é que, segundo outra das metodoloxías aplicadas polo propio Ministerio, Euskadi, Aragón ou Murcia móvense entre o déficit e o superávit segundo o criterio utilizado.
Ao respecto, o propio conselleiro de Economía, Xosé Ramón Fernández Antonio, chamaba este martes a evitar a tentación de extrapolar os datos presentados polo ministerio á hora de negociar a reforma do sistema de financiamento autonómico. Fernández Antonio considera que se trata de estudos cun simple "interese académico" que non reflicten de ningún modo as necesidades e situacións reais. Segundo o conselleiro, a próxima negociación debe ir guiada polo principio de "a mesmo esforzo fiscal, igual calidade dos servizos en todos os territorios".
Supostamente Galiza leva recibindo máis do q achega durante moitos anos: entón, u-los investimentos e progresos.
Haberá q facerse a pergunta de se realmente vale para algo ese sistema, pq aqui non acabamos de arrancar, e enriba sen Chuchu-AVE até o 2020!
e feijoo volve a colocar o análise no mesmo lugar... naquel que nos ten onde estamos dende séculos e que nos seguirá levando polo mesmo camiño, si non se evita, outros máis... na humillante cola dunha estatística valleinclanesca. Galicia é unha nación rica e autosuficiente... a súa capacidade industrial, cualidades xeográficas, riquezas naturais e humanas están moi porriba deste ensaio cutre de sometemento psicofiscal.
A mesma M... durante séculos ..
Estas trapalhadas hispanas já só as crêm os paifocos .. !
O primeiro medio galego que non mexa por nós (e por eles) dicindo a verdade. Como me alegro de ler os Vieiros día a día para non me converter no eslavón perdido, o HOMO ESPAÑIS
como dirían pola meseta: "por el mar corren las liebres, por el monte las sardinas"
Que Galicia, con una población envejecida y una economía basada en el sector primario y secundario, depende enormemente de la fiscalidad del resto de España, es algo tan evidente, que sólo cuestionarlo produce risa.
Y no está mal que así sea, pues precisamente los mecanismos de equilibrio territorial y redistribución de la riqueza pretende ayudar a las regiones más necesitadas (Andalucía, Extremadura, Galicia,...) desde las más pudientes (Madrid, Baleares, Cataluña...)
Lo que no puede ser es que aquí todas las comunidades digan hoy que dan mucho más de lo que reciben. Porque la suma no sale.
E non poderían as aspas dos eólicos matar as gaivotas para polo menos facer algo pola terra que lles da a enerxía???? Gaivotas, ratas do aire
Unha persoa que saiba un pouco de economía sabe que, nesta ciencia, hai centos de parámetros estadísticos, e dependendo de uns ou de outros e dos datos que collas pódenche saír resultados diversos. Como exemplo, España sería máis rica que Italia (mellor situada económicamente) se os comparamos en PIB per cápita (por persoa), pero sería máis pobre se os comparamos co PIB normal, pero ¿¿qué valor é máis real?? Pois os dous.
No caso de Galicia para uns sería máis rica e para outros máis pobre, pero a verdade e que é que se a comparamos con outras comunidades unha das comunidades máis atrasadas, o cal non quere dicir que dependa do estado máis que outras posto que TODAS dependen na súa maioría do estado, senon ¿ónde venden o máis do 90% dos seus productos? ¿ónde teñen a sua meirande parte do mercado as empresas españolas?
Respecto ó AVE, é evidente que non se poden facer liñas para unir todas as cidades ó mesmo tempo, primero o fan en Madrid, Barcelona, Sevilla, etc...o importante é que chegue cando dicen e que non haia retrasos por falta d fondos.
Saúdos.
Canto supón na balanza fiscal galega a inmensa cantidade de produción eléctrica que temos, cando practicamente non facemos uso dela no noso territorio e vai cara outros territorios sen producirnos ningún beneficio, que comunidade se beneficia fiscalmente dese recurso. Contas claras para todo.
Total do recadado en Galiza = 10 000 000 000 €
Impostos cedidos á Xunta
+
Transferencia do fondo de suficiencia = 7 000 000 000 €
Impostos de Sociedades aparte.
O Estado Español saca 3 000 000 000 € do noso traballo.
se somos unha carga para España, deberiamos proclamar a independencia; non queremos ser unha carga para ninguén, jejeje
Concordo contigo Roixordo, se os galegos somos unha carga, non deberían ter problema en que sexamos independentes. Polo de pronto, as Endesas, Iberdrolas e Fenosas que desfán nos nósos montes, ríos e aire con parques eólicos, hidroeléctricas e térmicas, pagarían en Galicia polo expolio, non en Madrid e Bilbo como fan até agora.
Manda guevos, estos madrileños cuxo único mérito é o "efecto capital" polo que miles e miles de empresas teñen alí a razón social mentres que os negocios están noutros lugares, presuman de solidaridade, ten coña.
Pois nada, independencia e xa nos arreglaremos. Non queremos ser unha carga, nen moito menos.
Só um desinformado poderia afirmar sem rubor que a Galiza depende dos sectores primário e secundário :)
Desde a década de 90, mercê a Política Agrária Comum, desmantelou-se praticamente todo o sector primário galego (especialmente os subsector es leiteiro e da pesca de baixura).
E no referente ao secundário, a indústria, leva desde a década de 80 com reconversões em múltiplos subsectores, só salvado nos últimos anos mercê à construção.
No entanto, a sociedade galega é hoje em dia como qualquer outra da Europa ocidental, praticamente voltada para o sector terciário, o dos serviços.
Fora tópicos.