O rexistro, creado pola Administración Bush logo do 11-S para ser usado nos aeroportos, inclúe -entre outros- o nome dun ex alto cargo do goberno.
A listaxe é usada polos funcionarios de seguridade dos aeroportos
O rexistro do Computer Assisted Passenger Prescreening System (CAPPS), sistema contra terrorista do goberno de EUA máis coñecido como 'listaxe de vixilancia de terroristas', contén na actualidade arredor dun millón de nomes.
A asociación de defensa dos dereitos civís, American Civil Liberties Union (ACLU), denunciou esta semana o feito, sinalando que a nova marca "simboliza perfectamente" a política "errónea" da administración estadounidense no eido da seguridade. O goberno de George Bush creou o CAPPS despois do 11-S co fin de alertar os funcionarios dos aeroportos de posíbeis ameazas para a seguridade interna do país.
"Poñer un millón de nomes nunha lista de vixilancia é garantía de que vai haber máis prexuízos que beneficios, ao interferir na viaxe de xente inocente e gastando unha cantidade inmensa dos nosos recursos limitados en seguridade en trámites burocráticos", afirmou Barry Steinhardt, un dos responsábeis da ACLU.
Neste senso, dende a asociación reclámanlle ao vindeiro presidente estadounidense que revise a listaxe e que a reduza exclusivamente a ameazas "verosímiles". Namentres, o Departamento de Seguridade Interna facilitoulles aos cidadáns a posibilidade de reclamar a súa inclusión no rexistro cun formulario pendurado da súa web.
"Membros do Congreso, heroes de guerra, ..."
Esta mesma semana, o máximo responsábel da sección criminal do Departamento de Xustiza de EUA durante a Presidencia de Bill Clinton, Jim Robinson, informaba en conferencia de prensa que o seu nome aparecía na listaxe.
Ao igual que "membros do Congreso, monxas, heroes de guerra e outros 'personaxes sospeitosos'", afirman dende a ACLU, moitos destes "sometidos a intensos interrogatorios" nos aeroportos.
Entre os máis famosos están o presidente de Bolivia, Evo Morales e o ex mandatario de Sudáfrica, Nelson Mandela, así como o músico londinense Yusuf Islam, máis coñecido como Cat Stevens. Outros como o senador Edward Kennedy formaron parte da listaxe, aínda que xa foi retirado.
Que malo que a alguén o metan nunha lista por ser sospeitoso de ser terrorista ou simpatizar con estes últimos. “Que malo é o imperio”
E non é peor crear unha lista onde identifican ás persoas segundo a súa tendencia política e de forma moi especial se asinaron contra un presidente e con isto, ameazalas, perseguilas, quitarlles o traballo, negarlles un pasaporte ou retirarche unha pensión.
Bo esa lista existe. É a Lista Tascon. Ordenada a súa creación por Chávez.
Se alguén o dubida. Vexan o vídeo. Entre outras cousas verán ao propio COMEDIANTE EN XEFE ameazando a quen firme contra el.
Que non renunciaría aínda que o 90% da poboación votase na súa contra (Facendo gala do seu espírito democrático).
Ordenando ao CNE que lle entregase as copias das listas. Logo a participación de Tascon onde lle informa ao presidente a confección de dátaa e ata onde podían consultar a información na rede.
Por suposto as declaracións dalgúns dos perseguidos.
Se queren ver esta pequena base de datos de máis de 12 millóns de venezolanos. Entren a EMULE e báixena como Lista Maisanta ou lista tascon
http://www.youtube.com/watch?v...