No acto, seralle entregado o o Premio Porto Magno polo conxunto da súa obra.
Ramiro Fonte
Na homenaxe, que comezará á unha do mediodía, está prevista a asistencia de numerosos escritores e creadores, amigos de Ramiro Fonte, e representantes da cultura galega, que se reunirán para recoñecer a obra e o traballo do autor de Pontedeume. Existe mesmo a posibilidade de que o propio ministro de Cultura do goberno español, César A. Molina, se desprace até Ferrol, para participar no acto.
Na xuntanza entregaráselle o Premio Porto Magno polo conxunto da súa obra, outorgado hai unhas semanas por un xurado composto por Julia Uceda, Iolanda Díaz, Félix Villares Mouteira, Miguel García-Posadas, Ramón Pernas, Segundo Leonardo Pérez López e Ramón Loureiro. O galardón foi creado por polo Coro Toxos e Froles da para conmemorar o 150 aniversario da concesión do título de cidade a Ferrol.
Ramiro Fonte, membro correspondente da RAG, é actualmente director do Instituto Cervantes en Lisboa. Foi un dos fundadores do colectivo poético Cravo Fondo en 1977 e publicou unha ducia de volumes de poesía, cos que obtivo numerosos premios, entre eles Premio da Crítica de Galicia, o Premio Losada Diéguez de creación, o Premio da Crítica española, o Esquío, ou o Miguel González Garcés. Tamén é autor de oito novelas, a máis recente A ponte nos ollos (2007), conclusión da triloxía Vidas de infancia.
Sinto ben que Ramiro Fonte sexa damnificado polo "contubernio" de Ramón Loureiro, quen artellou un xurado innecesario para otorgar un premio persoal para o que non hai nada que xulgar.
Deixando pois a Ramiro a un lado, que pintan os dous curas amigos de Loureiro no xurado? que fai Ramón Pernas? e Miguel García Posada? Son alguén no sistema literario galego? Teñen relación algunha con Ferrolterra? E o ministro?
Canto lle custa ao Concello de Ferrol a broma?
O caso é e lamberse o carallo uns a outros.