O xurado valorou un traballo "de base autobiográfica" que ao tempo "ilumina un xeito de crónica colectiva, histórica, do pobo portugués e da cultura portuguesa".
A orixinal estrutura do conxunto poético, de base autobiográfica, e a súa capacidade de evocación do pasado, tratándose dunha crónica persoal que ao mesmo tempo ilumina un xeito de crónica colectiva, histórica, do pobo portugués e da cultura portuguesa. Velaí os valores valorados polo xurado do premio Espiral Maior de poesía, que este xoves decidiu que o galardón vaia para "Açougue", do poeta portugués Amadeu Baptista, un poemario do que tamén salientan a expresión lingüística "limpa, natural e fluída", unha experiencia poética da construción do 'eu' que constitúe, segundo o fallo, unha aposta de gran interese poético e literario.
Amadeu Baptista (Porto, 1953), ten máis de vinte libros de poemas publicados, está considerado como un dos máis importantes poetas portugueses actuais e ten recibido, entre outros, o Premio Teixeira de Pascoaes, o Premio Nacional de Poesía Sebastião da Gama e o Premio Internacional de Poesía Palavra Ibérica.
Actuaron como xurado deste XVI Premio de Poesía Espiral Maior os poetas Xosé María Álvarez Cáccamo, Xavier Rodríguez Baixeras e Miguel Anxo Fernán Vello, actuando como secretaria con voz e sen voto Amparo Manteiga Vázquez. O gañador leva ademais 15 mil euros, no que é na actualidade un dos premios mellor dotados economicamente en toda Europa no eido da poesía.
Un excelente pado na cultura galega. Aproximarse á cultura en portugués é unha necesidade que só os galegos teñen doado. E que osixena certos cheirumes, e nos osixena, que falta nos fai. Moi ben, Espiral Maior.
One dpoñía "pado" quería poñer "paso". Pois iso.
Dia das Letras Galegas para Pessoa!
Pais do autoodio a procura dun novo colonizador
Um pequeno passo em favor do galego, eis um exemplo a seguir. Dada a mediocridade dominante dos escritores galegos e a sua supeditaçom a lingua e cultura castelhanas, olharmos para o sul é a melhor escolha para a nossa cultura.
....mediocridade dominante..da pequenaburguesía lusista...Non do pobo galego.
Dia das Letras Galegas para Pessoa!
Abaixo o monopólio das letras por Barreiro e a sua RAG!
Polos comentarios vexo que vai levar tempo asumir que galego e portugués son dúas variantes da mesma lingua. Obviamente grazas á normativa castelá que usa o galego as diferenzas semellan maiores do que son. Açougue contra Azougue?