Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Na Mostra de Ribadavia

'Augusta', obra de Carlos Losada, recibe o Premio Abrente de textos teatrais

'Hotel Paradiso', 'Golulá' e 'A verdadeira historia dos Irmáns Marx' levan os premios aos mellores espectáculos da mostra internacional.

Redacción - 09:00 27/07/2008

O xurado destacou a calidade literaria e riqueza de personaxes da proposta do autor compostelán Carlos Losada, gañador así nesta edición 2008 do Premio Abrente para Textos Teatrais que outorgou a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O xurado salientou ademais o "desexo de innovación" amosado na estrutura dramática do texto e sinalou o interese da temática tratada, "a perda da memoria".

Por outra parte, o premio do xurado ao mellor espectáculo de sala foi para 'Hotel Paradiso', da compañía Familie Flöz. Mentres, o de espectáculo máis innovador recaeu en 'Golulá', de Galitoon. Ademais, o premio do público foi para 'A verdadeira historia dos Irmáns Marx', de Teatro Meridional. Por outro lado, e tal e como xa se anunciara hai días, o premio de honra será para a Asociación de Actores e Actrices de Galicia.


4.71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: