Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MUNDOCLOWN, DO 31 DE XULLO AO 3 DE AGOSTO

Catro días de pallasadas en Vigo

O festival de clown abandona Compostela para estabelecerse na cidade olívica.

Redacción - 09:30 30/07/2008

O Mundoclown 2008 que dende o xoves mudará o aspecto das rúas de Vigo configúrase como unha edición de transición. O festival, que comezou as súas actividades hai anos en Pontevedra e que posteriormente se estabeleceu en Compostela, marcha de novo cara ao sur, converterase no Festival Internacional de Clown de Galicia no verán de 2009, instalado definitivamente en Vigo.

Nesta edición-ponte o festival é tamén o Memorial 'Carlo Colombaioni', considerado o mellor clown moderno do mundo e falecido o pasado mes de maio. Ademais, o artista italiano axudou a formar e dirixir as primeiras compañías estábeis de clown de Galiza, como por exemplo Os Sete Magníficos máis Un, entre outras.

Mundoclown acolle, como en edicións pasadas do festival, a escola de formación Formaclown, na que impartirán aulas artistas de nome internacional, como Philippe Gaulier ("o mellor mestre de clown en vida", segundo Iván Prado, director artístico do festival), Jango Edwdars, "o clown máis tolo do universo", Blanca del Barrio, asistente de Marcel Marceaou, Claudia Contin, considerada a mellor arlequín da escena contemporánea internacional, ou Antón Valén. Os cursos desenvolveranse no Conservatorio do Castro.

Ademais, as rúas de Príncipe, a zona peonil do Calvario e a Praza da Constitución acollerán ao redor de vinte representacións cada un dos días, enmarcadas baixo o título de Maraclown. En total, son 14 as compañias de clown que actuarán nas rúas de Vigo; cinco proceden de Arxentina, tres de Galiza (Pés Ceibes, Asacocirco e Popín), dúas de Euskadi, unha de Portugal e o resto de Madrid e Castela-A-Mancha.

Haberá tamén dous eventos especiais: o venres 1 no auditorio do Concello Jango Edwards e Cristina García, con Classics Duo. E o día seguinte, sábado, na praza da Constitución, unha gala de homenaxe ao finado Carlo Colombaioni; un total de sete compañías ofrecerán os seus espectáculos para despediro ao gran mestre italiano.

Finalmente, o domingo 3 de xullo a partir das oito da tarde celebrarase na Praza da Constitución un festival solidario, cuxa recaudación destinarase a un proxecto social de cooperación en Chiapas.


Ligazóns

4/5 (4 votos)


Comentarios (3)

pepedaconcha #1 30/Xullo/2008 pepedaconcha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Penso que durante todo o ano ja temos payasos dabondo no Concelho

Tarelo #2 30/Xullo/2008 Tarelo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nos concellos Ría de Vigo, sufrimos o pallasismo crónico. Non hai alternativa, nin antidoto mellor que o Voto Nulo, como xa aconteceu en Redondela, nas municipais do 2007

malagra #3 31/Xullo/2008 malagra
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

botarase de menos o festiclown en compostela
pena non ter un concello digno!!!!


lástima que os olívicos o vexades así
paiasos?!!!?!?!?
non desta categoría
perdonade!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: