Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
nadando, remando, correndo e sobre a bici

Un tudense gaña o Cuadriatlón da súa vila

Iván Alonso Lage gañou en individuais, e Adolfo Monteagudo e Nicolás Domínguez na modalidade de parellas.

Redacción - 18:35 30/07/2008
Un momento da proba

Un momento da proba

O tudense Iván Alonso Lage, do Club Kaiak Tudense, gañou o pasado sábado o V Cuadriatlón Cidade de Tui Gran Premio Orange na modalidade individual, facendo un tempo de 1 hora, 38 minutos e 16 segundos. Tres segundos despois chegaba o segundo clasificado, o coruñés Adolfo Monteagudo Leal, gañador da proba en 2007, e que nesta edición acusou o cansazo de ter competido pola mañá en parellas (e gañado, xunto con Nicolás Domínguez García). O terceiro posto foi para Rubén Caamaño Nieto de Noia.

Na competición, que organiza a Asociación de Monitores de Tempo Libre "Vagalume", participaron máis de 180 deportistas que tiveron que se enfrontar a 700 metros a nado, 18 km en bicicleta, 3 km en piragua e 7 km de carreira a pé. Pola mañá disputouse a competición en parellas e pola tarde en individuais. No entorno da proba, sobre todo no Paseo Fluvial onde estaba a liña de boxes, e por tanto a transición entre cada disciplina, citouse un gran número de público que seguiu con expectación o desenvolvemento do cuadriatlón.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: