Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Aniversario musical

Dez anos do Felipop

A semana cultural da Asociación Felicia remata esta fin de semana coa décima edición do Felipop.

Redacción - 09:30 08/08/2008

A idea do Felipop xurde en agosto de 1998 froito da insatisfacción fronte toda unha serie de festivais doutras zonas do Estado con grande sona e repercusión. A asociación cultural Felicia, de Fene, celebrou este ano a segunda edición da súa Semana Cultural, que rematará cunha nova entrega do festival máis pop de Ferrolterra esta fin de Semana, o Felipop.

Baixo o lema "A melodía é o que importa", a asociación cultural Felicia de Fene quixo crear un ambiente esencialmente distinto, onde tiveran cabida os músicos e os sons que desexaban reivindicar.

O Felipop é un festival independente, sen ánimo de lucro, que ten como obxectivos esenciais a promoción de grupos de música pop en directo, procedentes de todas as partes do Estado que, a pesares da súa calidade, non se ven favorecidos pola industria discográfica. É ademais un vehículo idóneo para o troco cultural con outras comunidades musicais. A pretensión é, ademais, que este festival sirva de foro de encontro para casas discográficas, punto de venda de publicacións musicais, etc.

Nesta edición décimo aniversario que comeza o xoves sete coa actuación de The Kanaloas na Casa Ardá, han actuar un feixe de artistas e grupos pop polo módico prezo de 15 euros/día (20 o abono) e, se es socio da asociación, 12 €.

O venres 8 actuarán os composteláns Contrastes; Magín blanco e Burgas beat, de Ourense; Coal Porters, Colin Hare e Honeybus de Londres e Doctor divago (Valencia).

O sábado 9 haberá sesión Vermú á unha da tarde e pola noite, a partires das 22 h.actuarán Miss Black Emotion de Castellón; Feedbacks de Xixón; os Super ratones bonaerenses; Los Marañones de Murcia e La granja (Palma de Maiorca).

Co gallo do X aniversario do fesival, este ano editan un CD compilatorio de éxitos que só estará a venda durante o festival ao prezo de 10 euros.


3.67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: