O presidente colombiano critica a filtración onde se proba que mentiu e o exército cavila procesar por "traizón" os militares que lle pasaron o vídeo á prensa.
Despois de que as imaxes difundidas esta semana por unha canle de televisión confirmasen o uso ilegal do seu símbolo, o Comité Internacional da Cruz Vermella comunicou este mércores a súa "gran preocupación" polo que consideran un uso deliberado do logotipo durante a acción coa que o exército de Colombia rescatou quince reféns.
A institución internacional entende que as imaxes confirman que se produciu un uso indebido "intencional" e non accidental, tal e como xustificaba a administración colombiana. O propio presidente de Colombia, Álvaro Uribe, atribuíralle ao nerviosismo do momento a un militar que "temía pola súa vida" o uso non programado dun cacho de tea co símbolo da Cruz Vermella. Porén, as imaxes evidencian que isto non foi así e que mesmo antes da operación, un dos militares xa posaba para a cámara vestindo un peto da organización humanitaria.
Maria dos Anjos Gussing, xefa de operacións do Comité Internacional para a Cruz Vermella para América Latina e o Caribe, declarara hai xa semanas que o abuso do emblema, de confirmarse, é un suceso de especial gravidade. "Pode dar lugar a sospeitas respecto de quen o usa", advertía Gussing, temendo que quedase en cuestión a posición neutral e independente dunha organización clave para a atención humanitaria en todo tipo de conflitos en todo o mundo.
Uribe evita a desculpa e critica a filtración
Malia o documento que proba que o exército de Colombia incumpriu o Dereito Internacional Humanitario, as declaracións públicas de Álvaro Uribe ao respecto están lonxe de ofrecer desculpa polo acontecido. "É grave que integrantes das Forzas Armadas filtren noticias de xeito clandestino e sen coordinación cos seus superiores", apuntou o mandatario colombiano que anteriormente ofrecera unha versión diferente á que indican as imaxes.
O ministro de Defensa, Juan Manuel Santos, foi aínda máis aló e asegurou que os responsábeis da filtración foron localizados e que serán sancionados por, presuntamente, "poñer en perigo a vida do persoal que participou na operación militar". Avanzou ademais que poderían ser xulgados por acto de "deslealdade", posíbel "corrupción" e "traizón á patria" por achegárenlle á prensa o documento.
Uribe debería ser xulgado por criminal de guerra
Que di disto santa Ingrid Bentancourt? E Amnesty?
Parte da Cruz Vermelha Espanhola é tam corrupta coma Uribe; mentres nom mude em "Estrela Vermelha Internacional" merece-me tanto respeito como o ianque-narco-governo colombiano.
Fíxense señores. Non foi Gramma, Venezolana de Televisión,Telesur ou a axencia Bolivariana de Noticias. Medios que garanten imparcialidade, transparencia e sobre todo fidelidade nas súas informacións as que brindaron esta noticia.
Non señores foi a canle RCN de Colombia. Mus veraces e moi incriminatorios os vídeos sobre a operación xaque. E son verdadeiros por suposto. Entón cando este mesma canle mostro os vídeos de Raúl Reyes e as famosas computadoras. Teremos que concluír que son tan veraces e incriminatorias como os vídeos da operación xaque?
Non me dirán agora que esta canle de TV colombiano está ao servizo de Uribe e o Imperio.
Entón. Que se acuse e xulgue a Uribe por usar ilexítimamente os símbolos da cruz vermella para salvarlle a vida a unha decena de reféns. De igual forma terán que ser xulgados Chávez e Correa por brindar apoio loxístico e económico ás FARC.
Eu creo que en ambos xuízos os acusados serian declarados como culpables. Agora de face aos delitos. Quen terán a condena máis severa?
Bueno, pues si todo el problema de esta que fue una operación impecable de liberación de unos secuestrados por parte de unos terroristas malnacidos es que los disfraces de los liberadores llevaban la cruz roja, pues bienvenido sea el problema. Propongo que si esto es un problema, se carguen un organismo tan inútil y corrupto como la Cruz Roja, que jamás se ha distinguido por defender las democracias.
Xgz, ¿has pensado que igual es a ti a quien deberían juzgar como criminal de guerra?
¡¡¡Larga vida a Uribe como Presidente de Colombia!!!
¡Manoliño "Gavi"Otero! Pero.. ¡Este homiño sábevos de todo!
Unha "operación impecable" e o propio promotor fala de que "é grave que integrantes das Forzas Armadas filtren noticias de xeito clandestino e sen coordinación cos seus superiores".
Emocionante. Pregúntome, con Tavia, o que din disto santa Ingrid Bentancourt e A.I.
Nas cuestións de principios non hai graos.
Se o estado non respeita a lei o estado perde a autoridade e as leis o seu sentido.
Un día usamola cruz vermella outro día invadimos un país. Gaseamos aos secuestradores, víctimas incluidas. Os que nos amolan metémolos en xaulas e volvémolos tolos, por si acaso. ¿Xustiza? Axustizamos a uns e deixamos andar a outros. "Nos asaltos non se toman prisioneiros" que dicía aquel militar que asaltó a embaixada de Xapón en Lima despois de cargarse un por un os asaltantes diante do atónito persoal diplomático.
A forza do estado está nas leis e no respeto as mesmas. Por iso cando atopamos estados que se portan como o Lazarillo de Tormes, Torquemada ou Anibal o Cartaxinés, o que vemos e a confirmación daquelas teorías que din que os estados nin son o que parecen nin sirven a quen din servir.
Na directiva da Cruz Vermelha há, com efeito, corrupçom, e se nom que lhe perguntem aos trabalhadores da CV na Corunha, por exemplo. Mas os trabalhadores e os voluntários, que som os que de verdade movem a instituiçom, ainda merecem um respeito, ok? O narco-fascista Uribe compromete a credibilidade deste colectivo de trabalhadores com essa maniobra.
Felipin cando dis "Nas cuestións de principios non hai graos" Estas dicindo unha verdade grande como unha montaña. E o argumentado posteriormente é totalmente certo.
Os principios son unha das cousas máis importantes. Por desgraza son unha das cousas máis esquecidas. Forman parte da conciencia persoal e colectiva e por tanto tenden a ser deixados ao carón cando os intereses de moi diversa natureza fanse presentes.
Neste caso o PRINCIPIO DE LIBERDADE E Á VIDA que temos todos os seres ten preeminencia sobre outros principios. Non só polo que leva, senón porque estamos a falar do dereito que temos todos a estar vivos dignamente, ser libres, expresarnos e non ser perseguidos polo que pensamos ou facemos.
Fíxese que unha das características que teñen os réximes totalitarios é que transforman ao pensamento opositor nun acto delituoso e como tal o afirman, sen que exista un xusto proceso e unha sentenza firme. O importante é sinalar ao opoñente, crear unha matriz de opinión e se é posible lograr a eliminación do opositor apelando aos máis baixos instintos e á ignorancia dunha sociedade.
O mundo dos principios é o da moral. Non é mesurable. Leste é o motivo polo cal aos tribunais vaise coas leis. As cales en certa forma tratan de darlle medida e peso especifico á violación dos principios e establece graos. Recorde que en toda transgresión á lei hai un acto e un actor. Valórase o acto e se tipifica e ao actor. Bríndase a oportunidade de expor os argumentos das partes e despois dáse a sentenza.
Neste caso particular fálase de pór na balanza os principios de vida e liberdade que temos todos os humanos e a violación dun principio de neutralidade e servizo representado pola cruz vermella e as súas insignias. Nesa balanza da lei só vese cal prato pesa máis. E creame, a vida e a liberdade dos seres humanos pesa máis. Xa que sen a vida e a liberdade non hai principios.
Recorde que antes que existisen os principios existiu unha humanidade que os crease e para que isto fose posible a mesma tiña que estar viva e libre.
A CV é normal que estea mosqueada. Usaron o seu escudo como protección e camuflaxe, e iso a Convención de Xenebra o prohíbe expresamente, como tamén prohíbe deter indefinidamente a presos de guerra sen un xuízo ou declarar preso de guerra a un combatente que non pertenza a unha organización militar concreta, e menos se non hai cargos bélicos contra o detido. En Guantánamo incúmprese a Convencion de Xenebra reiterada e manifestamente. E non pasa nada.
Non hai peor calaña humana de aquel que chama "terrorismo" á violencia do inimigo e "lexitima violencia" á que practica el/a contra o inimigo. Éntrase nunha dinámica na que todo vale, na que os fins xustifican os medios... quedando ao final os medios, porque os fins apenas tiveron nunca xustificación... e desa dinámica xamais demos saído ao longo da historia, non facemos máis que alimentala con estas discusións nas que todos e cada un ten razón... como se di: onde as dan, as toman... e así polos séculos dos séculos... até a derrota final.
Totalmente de acordo DanielErreCe o que expón vostede paréceme acertado en boa parte do seu contido. É o ideal. Por desgraza non é a realidade que moitos desexamos. Lamentablemente este é o mundo que temos e que temos que padecer.
Os devanditos son unha expresión da sabedoría do pobo e hai dous que reflicten o que vostede expón.
Na guerra e o amor todo válese.
Na guerra o primeiro morto é a verdade.
Saúdos e respectos.
Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!!! entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org
La SIP es el cartel de grandes propietarios de medios de comunicaciones del continente americano que maneja los ataques a Cuba y Venezuela
La Sociedad Interamericana de Prensa prepara su gran show de Madrid
Jean-Guy Allard
LaRepublica.es
LA Sociedad Interamericana de Prensa (SIP), el cartel de grandes propietarios de medios de comunicaciones del continente americano que maneja los ataques a Cuba y Venezuela, da por garantizada la presencia del Rey de España y del Presidente del gobierno español, al vender a su membresía su próximo congreso de Madrid.
La Asamblea General de la SIP está programada del 3 al 7 de octubre próximo en un lujoso hotel de la capital española y el Director Ejecutivo de esta organización fundada por la CIA cuyo sede está en Miami, Julio E. Muñoz, usa al Rey Juan Carlos y al presidente Zapatero como "argumentos promocionales" para atraer a participantes. A 1.600 dólares para la inscripción y 158 euros por noche, Muñoz tiene que desarrollar todos los artificios que podrá encontrar para que este evento ya controvertido no sea un fracaso.
En Caracas, la SIP conoció un espectacular fracasó cuando organizó una provocación convocando una conferencia violentamente hostil al gobierno bolivariano. La asociación de editores derechistas tuvo que enfrentarse al Encuentro Latinoamericano contra el Terrorismo mediático, donde periodistas de todo el continente denunciaron la complicidad de los capos de la prensa comercial con el Departamento de Estado y los servicios norteamericanos de inteligencia.
En su convocatoria enviada a todos sus miembros, Muñoz proclama que el programa "incluirá paneles, mesas redondas y figuras estelares como Mario Vargas Llosa" uno de los personeros más recalcitrantes de la derecha latinoamericana, al lado de Carlos Alberto Montaner.
Ya se sabe que Vargas Llosa, ahora naturalizado español, usará su intervención para repetir sus usuales ataques contra Cuba, Bolivia, Ecuador, Nicaragua y sobre todo Venezuela. Hace apenas un año, en esta misma capital, en un evento orientado por la CIA y auspiciado por la Fundación Internacional para la Libertad de su socio Monmtaner, Vargas Llosa denunció la existencia de "una multinacional chavista en América Latina".
Entre los momentos claves de la reunión madrileña, Muñoz anuncia una cena, "ofrecida por El País", en el Palacio Municipal de Congreso. El País, el diario que encabeza continuas campañas de difamación contra gobiernos progresistas de este continente, pertenece al Grupo Prisa, una trasnacional de la comunicación que controla más de mil emisoras en España, Estados Unidos, México, Panamá, Costa Rica, Colombia, Argentina y Chile.
Como si no fuera suficiente, para convencer a su clientela latinoamericana, Muñoz añadió a su programa "clases de Flamenco en Las Vistillas" y cócteles "con tapas y sangría".
En el curso de los años, esta asociación de magnates de la prensa comercial intervino en la UNESCO para defender el control de la información por la empresa privada; participó en la propaganda sucia contra el gobierno democrático de Salvador Allende además de ser cómplice del golpe contra el presidente Hugo Chávez. Nunca se perdió una oportunidad de atacar a Cuba.
La SIP fue creada en Nueva York en 1950, en una operación de la CIA con la cual se pirateó groseramente la organización panamericana legítima creada en La Habana en 1943. Dos altos oficiales de los servicios norteamericanos de inteligencia, Jules Dubois y Joshua Powers, realizaron la operación que convirtió virtualmente la organización en filial de la CIA.