Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Morre Mahmud Darwish

"Para a nosa patria, un teito de nubes"

O poeta palestino, un dos máis prestixiosos escritores árabes na actualidade, finou o sábado nos Estados Unidos despois dunha complicada operación cirúrxica.

Redacción - 10:00 10/08/2008

Traducido a máis de vinte linguas, e galardoado con diversos premios internacionais, entre outros o Premio pola Liberdade Cultural da Fundación Lannan en 2001, o palestino Mahmud Darwish era xa considerado un clásico da literatura árabe contemporánea.

Na súa obra realizou emocionantes descricións da loita dos palestinos pola independencia, deulle voz á experiencia palestina no exilio, a ocupación e loitas internas. Escribiu entre outros "Estado de sitio", "O fénix mortal", "Menos rosas", "O leito dunha estraña" ou "Memoria para o esquecemento".

Na altura dos 67 anos, o seu pasamento tivo lugar nun hospital de Houston, en Texas, onde permanecía grave desde a operación cirúrxica a corazón aberto que lle realizaron o pasado mércores.

No titular lembramos un dos seus poemas, titulado "Para a nosa patria",


Para a nosa patria,

Próxima á palabra divina,

Un teito de nubes.

Para a nosa patria,

Lonxe das calidades do nome,

Un mapa de ausencia.

Para a nosa patria,

Pequena cal gran de sésamo,

Un horizonte celeste... e un abismo oculto.

Para a nosa patria,

Pobre cal á de perdiz,

Libros sacros... e unha ferida na identidade.

(...)


Ligazóns

5/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: