Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Votación en Bolivia

Evo Morales supera o referendo revogatorio

Os resultados oficiais non se coñecerán até o xoves, pero segundo as sondaxes superaron o desafío o presidente boliviano e cinco dos prefectos que xogaban o cargo nas urnas.

Redacción - 07:45 11/08/2008

"Estamos convencidos de que é importante unir os bolivianos, os diferentes sectores do campo e da cidade, do oriente e do occidente", expresou o presidente de Bolivia, Evo Morales, ao coñecerse os primeiros estudos a pé de urna segundo os cales confirmaría o seu cargo despois da votación deste domingo. Así, Morales insistiu en chamar ao diálogo aos seus rivais e mesmo concedeu que estará aberto á negociación cos autonomistas.

Con todo, no bando oposto os resultados tamén se celebraban, xa que o principal opositor, o gobernador de Santa Cruz, Rubén Costas, pasou de igual modo a peneira revogatoria. O líder da rexión máis rica do país botou man novamente dun discurso belixerante e falou contra as políticas de nacionalización de recursos e redistribución de terras. "Advertímoslle ao goberno autoritario que non intente impoñer unha Constitución ilegal e racista, porque entón chegará a unha corredoira sen saída", dixo Costas.

Ademais do santacruceño, outros tres gobernadores opositores a Morales salvaron con éxito a votación, os de Beni, Pando e Tarija. Tamén o superou o prefecto oficialista de Potosí. No outro estremo, e sempre segundo os estudos a pé de urna e sen coñecérense aínda resultados oficiais, foron revogados os líderes opositores en Cochabamba e La Paz e o pro-gobernamental de Oruro.


Última hora na prensa local:


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)

Comentarios (1)

polaesquerda #1 11/Agosto/2008 polaesquerda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ADIANTE EVO MORALES !!!

As esquerdas reais e revolucuinarias triunfarán na AMERICA LATINA ao igual que a Esquerda Unida Galega será un referente de futuro na Galiza e no Parlamento.
Sacaremos a verdadeira faciana que disfraza as novas direitas coma son BNG-PSOE que realizaron unhas políticas continuistas dos goberno Fraga. Exemp. GAIAS e a Plata de gas de Mugardos
Planta de gas, Fóra da Ría.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: