Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
SERÁ A CONVIDADA DE HONRA NO FESTIVAL DO 2009

Galiza, capital Lorient

No vindeiro ano substituirá a Gales, país protagonista da edición 2008, que se pechou este domingo.

Redacción - 14:25 11/08/2008

Galiza adoita ter unha presenza moi destacada no Festival Intercéltico de Lorient. De feito, nesta edición Leilía, Quempallou e Munterohi pasaron polos distintos escenarios da cidade bretona, e tamén actuou a Banda de Gaitas Xarabal. E noutras edicións pasou polo festival o mellor do folk galego, dende Luar na Lubre, Fía na Roca, Carlos Núñez, Mercedes Peón, Susana Seivane, Budiño ou Milladoiro. Pero o verán de 2009 vai ser especial en An Oriant para a música galega. Galiza será a convidada de honra, un recoñecemento que no 2008 foi para o País de Gales.

Iso significará que a música do país terá unha presenza aínda máis destacada, tanto nos escenarios coma no tradicional desfile, no que participan ao redor de catro mil gaiteiros das nacións participantes. No 2010, no corenta aniversario do Festival, Bretaña levara o peso das celebracións.

Xa este verán o protagonismo de Galiza en An Oriant foi máis importante que outros anos. O stand instalado por Turgaliza recibiu milleiros de visitantes,atraídos pola gastronomía galega, pois o espazo contén un restaurante no que os asistentes ao festival poden degustar polbo á feira, licor café ou torta de Santiago. O recinto contén tamén unha parte dedicada ao Obradoiro de Gaitas Seivane no que os visitantes poden admirar as características da gaita galega e aprender os detalles da súa fabricación e utilización.


4.44/5 (9 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



A parada de gaitas, cunha presenza destacada para Gales

An Oriant (Lorient)
An Oriant (Lorient)
Pepe Vaamonde, nunha actuación en Lorient
Pepe Vaamonde, nunha actuación en Lorient