Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
OS LOCAIS OBTIVERON CATRO OUROS EN OUTROS TANTOS DEPORTES

Estados Unidos arrasa no 'cubo de auga', pero China aguanta

A cuarta xornada destes Xogos Olímpicos deixounos o claro dominio da selección norteamericana de natación, que se fixo con sete das doce medallas disputadas, entre elas tres ouros.

Redacción - 19:00 12/08/2008
Natalie Coughlin celebra o seu ouro en 100m espalda

Natalie Coughlin celebra o seu ouro en 100m espalda

Cando parecía que este martes día 12 ía ser o primeiro de clara hexemonía dos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de Beixín, os chineses venceron en dúas das últimas tres probas da xornada para así continuar administrando unha cómoda vantaxe no medalleiro. Destacou a remontada do equipo de ximnasia artística ata alzarse co ouro, pero sobre todo continúa chamando a atención o gran número de deportes que están abarcando os éxitos chineses. Os outros ouros acadados este martes chegaron de deportes como halterofilia, esgrima ou salto.

Pola súa parte, o equipo dos Estados Unidos ten todas a súas esperanzas depositadas no combinado de natación, á espera de que comecen as probas de atletismo. O que o luns era optimismo moderado, converteuse o martes en euforia despois de arrasar nas catro probas de natación disputadas. Só a australiana Leisel Jones foi capaz de deixar aos norteamericanos fora do lugar máis alto do podio. Nas outras disciplinas o seu bagaxe continúa a ser pobre, e só un ouro en tiro e o bronce da ximnasia masculina acompañan os logros chegados do Centro Acuático Nacional. De alí chegou o terceiro ouro de Michael Phelps co seu correspondente recorde mundial, que lle permite seguir soñando con obter oito ouros en uns Xogos Olímpicos.

Acordar de dúas potencias europeas

Despois de tres xornadas discretas, esta cuarta foi a da irrupción nos primeiros lugares do medalleiro de Rusia e Alemaña. Os primeiros, sumaban xa seis medallas pero non foi ata este martes cando obtiveron mediante a loita greco-romana as dúas primeiras de ouro coas que se sitúan no oitavo lugar. Xusto diante está Alemaña que contabilizou como ouros cada unha das tres medallas acadadas neste martes.No resto do día destacamos a boa actuación de Australia, con cinco metais, o ascenso de Acerbaixán ata o 12º lugar, ou a mala xornada de Italia. Togo, Quirguizistán, Kazakhstán e Armenia son os países que inauguraron o seu medalleiro este día 12.


4.8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Espectacular vitoria do equipo chinés de ximnasia
Espectacular vitoria do equipo chinés de ximnasia
A loita greco-romana deu a Rusia as súas primeiras medallas
A loita greco-romana deu a Rusia as súas primeiras medallas
Phelps continúa abraiando
Phelps continúa abraiando
Loitador de judo alemán no combate onde acadou o ouro
Loitador de judo alemán no combate onde acadou o ouro