Nunha entrevista publicada o domingo no xornal dependente do clube coruñés, o xogador, nacido en Hospitalet, métese no mar sen roupa de augas.
A conversa, publicada en tres páxinas e en cen preguntas, deu para moito. Política, matrimonio homosexual, cafe ou té..., pero a declaración máis rechamante do centrocampista do Deportivo chegou na pregunta 40. 'Cantos idiomas fala?', "Ben, só o castelán". 'O catalán tampouco?', "Si, pero o catalán é un dialecto, non é un idioma, igual que o galego. É coma o asturiano. Eu creo que son dialectos, non os considero idiomas". Sergio aclara tamén que o inglén ten o do BUP. Disque o inglés si é un idioma.
Sergio, nacido en L'Hospitalet e xogador da selección catalá, chegou ao Deportivo no ano 2001. Na entrevista, na que trata un cento de temas, dende as súas habilidades coa lavadora, a que idade perdeu a virxindade ou que opina do botellón, afirma tamén, preguntado polo matrimonio gai, que "o home é para a muller e a muller para o home".
Na realidade di o que moitos españois pensan, españois coma el, cunha bagaxe intelectual moi mediocre. O problema é que tamén hai "intelectuais" españois que pensan o mesmo, aínda que non todos son quen de dicilo publicamente, que son os que realmente fomentan estas ideas a través dos media.
O termo tem diferentes acepçons. Numha delas, podemos considerar que este carneiro tem razom. É essa segundo a qual um idioma é um dialecto com um exército e umha marinha de guerra.
É evidente que para se desenvolver a todos os efeitos como umha língua, ao galego falta-lhe um Estado que o promova e garanta como tal, evitando que zopencos como esse tal sérgio vivam tam bem à custa da sociedade galega ao mesmo tempo que a insultam.
Bom, o galego mais do que um dialecto é um co-dialecto do diasistema galego-português. Agora, visto como o falam e escrevem a maioria, com grande deturpaçom vinda castelhano, nom da para espantar-se que houver quem diga que é um dialecto.
O rapaz formou-se no Espanyol e é "espanyolista". Agora vemos que também é espanholista (ou espaÑolista) e homófobo. Por regra geral isto coincide com a maioria dos desportistas de elite (sobretudo do futebol). Perguntem-lhes sobre desportos e não os exponham à evidência :p
Parabéns á redacción de Vieiros por darnos a oportunidade de poder ler sentencias tan acaídas, ao meu ver, coma o subtítulo desta nova. Retrancaaa!
Num país normal o que se passaria com estas declarações?
1) O futebolista seria sancionado e o clube pediria desculpas públicas.
Ou bem...
2) Clube reuniria-se com o jogador, e fariam comunicado conjunto pedindo desculpas.
Aqui, como país anormal, possivelmente não se passe nada. E a jornalista, impertérrita, não questiona o mais mínimo sobre essas afirmações ofensivas e continua com a entrevista pré-programada.
E assim nos vai ao jornalismo e ao país.
Imaxinade se ese ignorante (porque é o que é dicindo iso, e ademais publicamente, sen pudor nin medo ao ridículo) fose xogador do Barça, porque tamén chama dialecto ao catalán... Sobran as palabras.
Non sabe o que é un idioma nin o que é un dialecto, e polo que parece é tamén bastante facha o rapaz.
Non habería que darlle máis importancia da que ten (este castrón é millonario por darlle patadas a un coiro); o malo que estes "fenómenos" son ídolos de grande parte da mocidade galega. Unha pena.
Na pergunta 40 e pico da entrevista escusa a sua falta de domínio do galego (apesar de levar aqui mais de um lustro... par que depois digam do Beckham e o castelhano :D) em que apesar de ser catalão (e jogar com a sua selecção) não o fala, polo que pôr-se a falar galego seria percebido (na Catalunha?) como "falta de respeito". Pois anda que chamar-lhe "dialecto" a um idioma com toda a história e trajectória do catalão...
Hispanico,
O Galego-Portugues e' um dialecto do Latin, asin como o Castellano, Catalan, etc. A menos eu entendi isto cando estudei na escola!
1. Em Portugal, diz-se: "vozes de burro não chegam ao céu" ou "o cão ladra, mas a caravana passa".
2. É espantoso como esse ignorante diz que o Galego é um dialecto quando é uma das línguas mais faladas do mundo!
3. Fala-se e escreve-se Galego de várias maneiras. Até quando?
#10 Na escola contam muitas mentiras e essa seguramente não fosse a única.
#3 Hispanico disse:
"Bom, o galego mais do que um dialecto é um co-dialecto do diasistema galego-português. Agora, visto como o falam e escrevem a maioria, com grande deturpaçom vinda castelhano, nom da para espantar-se que houver quem diga que é um dialecto."
Não posso estar mais de acordo. Dialeto não é um termo hierarquizante mais que no âmbito coloquial (tal e como o emprega com asneira o futebolista esse).
E que se vai esperar dum jogador do "La Coruña"? Ainda assim teremos que lhe fazer ver que se de impotância falamos, o "galego" é o mais, é homologável com o Português e pelo tanto um idioma internacional!!
http://www.antonioborgessampai...
Este individuo merecese unha sanción do clube.
Como, "xogador da selección catalá"? Sejamos coerentes: será jogador da seleção ESPAÑOLA, que a seleção catalã é um dialeto.
Cinco anos no país e ainda descúlpase por nom falar galego?!
E logo nom fora o Manuel Campo Vidal no 93 ou por aí que, para dirigir um debate político entre o Fraga e outro cara, "aprendera a falar o galego" em quatro semanas? Tam bem falou (e melhor que os participantes), que apanharom o seu "galego" como modelo prosódico do bom galego para os medios de comunicaçom galegos ... isso sim é cultura!
Teño un colega deportivista que non lle tiña demasiado aprezo (futbolisticamente) a Sergio. Creo que desde agora vai comezar a insultalo aínda con maior ansia.
#13 Galezio: com o teu comentário desqualificas-te automáticamente.
Hai uns dias un amigo italiano definiu, en broma, a denominación de "língua" como "un dialecto con exército". Se cadra Sergio concorda con esta definición.
Vergoña sinto de que un xogador do meu equipo faga este tipo de declaracións. O club, coma sempre, seguro que pasa do tema, de seguro que se fose ao revés e dixese algo en contra de España ou do español a cousa cambiaría e moito.
Sergio... NUNCA MÁIS!!!
Pois eu non creo que o Sergio González sexa idiota, estou seguro.
Para 15# e 18#: ha ha ha ha! Humor galego no mais puro estilo. Absurdos a nós, ha! Parabéns.
Para 6# e 13#: A cousa merece uma retificação pública, talvez deveriamos exigi-la...
Este parvo dá mágoa... Homófobo, xenófobo...: todo un modelo...
O problema é noso, por directa ou indirectamente pagarlle cartos ao imbécil en cuestión... O Deportivo, canto menos, tería que facerlle rectificar.
Por que hai tan pouca xente que publicamente defenda a lingua e hai tanto mequetrefe a atacala? Carallo, é que non hai xeito! Non nos damos remexido con tanto personaxe noxento...
Para 23#: Com efeito, parece que se puseram todos de acordo para dizer barbaridades sobre a língua. Será que cavalgamos...
Onde está a Lei de usos lingüísticos na Galiza?
Deixade o urxente e atendede o importante!
Se este home de sona tivera que saber usar normalmente o galego na Galiza nun ano (vindo de Catalunya abóndalle!) ó mellor xa non cría que fose un dialecto.
Jajajaja, e logo esperábades que dixese algo para que lle desen o premio Nobel? este do que sabe é de sair polas noites e beber, logo non lle pidades moito máis, seguro que nin o fai con mala intención, pero igual que hai xente que nace loira, outros nacen parvos. Alomenos para sair de noite, sempre está disposto. Saúdos
P.D. A todo esto, que se me esquecía Galezio non da tampouco moito máis de si, ó final non é cuestión de nacionalidades, hai parvos case por profesión
Que vergoña de institución e son Deportivista. Despois de ver esta nova dirixinme a web do Deportivo e mandei a seguinte mensaxe:
¿O deportivo, un equipo que representa a Galicia e aos galegos merece un xogador que insulta á nosa lingua?.
http://www.vieiros.com/nova/68...
Que vergoña e que pouca dignidade!!!
Oficialmente non me contestaron, é dicir dende o dominio do Deportivo, pero nembargantes recibo unha contestación a este mail privado que se supón soamente debería haber lido xente do R.C. Deportivo dunha dirección de correo privada, trinquete@gmail.com. A resposta é a seguinte:
POIS CLARO QUE SÍ
VAIA FORMA MAIS PARVA DE SACARLLE PUNTA A UNA ESTUPIDEZ
¿NON TEDES MAIS QUE FACER? XD
Penoso.
Trinquete.
E aínda poñen un link para lermos a entrevista completa? jajaja Que optimismo! Logo din que a ESO estropea os miolos dos rapaces, pois este fixo o BUP e non sabe diferenciar lingua de dialect, probiño, a ver se alguén lle di que a)todas as linguas están compostas de dialectos, b) seguramente o que el está a falar é un dialecto, c) Que dialecto como concepto lingüístico non as ten connotacións negativas que el lle quere dar. Por certo, o asturiano aínda que non sexa oficial sí se fala e se ensina na universidade e en moitos institutos además hai unha Academia da LLingua que regula a súa norma e está a loitar pola súa normalización. Hai un libro de Ramón d'Andrés sobre os prexuicios lingüísticos no asturiano que vos invitaría a ler porque ten observacións moi interesantes sobre o que a xente pensa das linguas minorizadas e porqué o pensa. Xa non dou máis a brasa. Ou si. Para rematar: Sergio, guapiño, o castelán tamén ten dialectos, esto por se non entendiches o que puxen anteriormente (que pode que sexa o máis probable).
Se este fose xogador do Barça, xa tería saído Laporta a esixir rectificación ou tal vez a botalo do clube. Por non respeitar a identidade nacional da sociedade á que pertence o clube.
Veño de enviar esto ó RCD de A Coruña, animo que os socios fagan o mesmo, ata que se retracten.
Sergio González: "O galego é coma o asturiano. Non son idiomas. Eu creo que son dialectos"
Quero protestar pola situación que se está dando co xornal que depende do RCD de A Coruña. Xa non abonda con ter un medio de comunicación que só da perdas, ademáis diso úsase para que un xogador do RCD se poña a decir parvadas, ou sexa,aparte de caro e voceiro de imbecilidades. Non estaba mal cerralo, mais antes parece necesario que ese xornal pida disculpas públicas
por ter recollido ese tipo de idioteces dun xogador do que só nos importa que xogue ben ao fútbol, cousa que non pasa case nunca. É
decir, se o xornal no que saíron recollidas esas manifestacións non se disculpa pola liña que segue, que pode ofender gratuitamente a unha parte da masa social do RCD, eu, como socio da temporada pasada número 3.284, pensarei moi seriamente, ó meu pesar, se renovo o abono da temporada entrante. Un saúdo.
O que diga a folla parroquial do Deportivo só ten valor para Lendoiro.
Se cadra hai que tomar medidas duras como pide o BNG para os que non respecten o galego. Que vos parece a execución? Ou cortarlle a lingua?
Aínda que este tipo polo que se ve é un ignorante e se alguén pensa que despreza ao galego, aínda desprezaría máis ao catalán, xa que logo dos anos que leva alí aínda non se decatou de que é un idioma.
Efectivamente Laporta non o vai a fichar nunca. Ata Eto'o sabe que o catalán é un idioma. Por iso fica no Barça.
Pois eu venho de passar as ferias na Galiza e, mirando o "parte" da Galega (e nom falo apenas dos jornalistas se nom, e principalmente, da gente que entrevistam pola rua) e acho que o gajo leva toda a razom. O galego é ja um dialecto do castelam. Estamos a falar dum facto ja consumadissimo e, quase com total probabilidade, irreversibel.
#33
Bom, mais do que um dialecto do castelam eu diria que é um crioulo galego-castelám. Dialecto do castelhano é mais o andaluz.
Porém , se você ouvir o galego rural perceberá que o elemento galego (ou português) é muito mais prevalente do que no crioulo oficial.
E esta lumbreira de onde saiu? Parece da Upd. Que noxo de xentuza. O galego é unha lingua por moito que ornee este miolo ignorante. E merceditas o caso asturiano non ten nada que ver co galego nin co catalá, o bable xa non se estuda na universidade e está en franca desaparición, o único que pervive ben aínda é o galego no Eo-Navia que tentan suprimilo con expansionismos como a da Academia do Bable que é neonazi.
Este tipo é licenciado en filoloxía? Supoño que coma moito terá estudos primarios. Coido que é un problema de formación. De todos os xeitos precisar que chamalo ignorante non sería un insulto, senon unha descrición.
Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!!! Entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org
#36 Na entrevista diz que era muito bom estudante :D
#29 Ramón d'Andrés parece uma pessoa basante honesta, mas a ALLA é um engendro que nada de bom tem feito polo galego das Astúrias ("asturianu ocidental" dizem agora, quando há 20 anos diziam sem rubor que era galego).
E sobre a qualidade futebolística de Sergio... Fico com a análise de meu pai, desportivista de toda a vida: "esse rapaz parece que lhe queima a bola nos pés".
Que crack. O que non entendo é de que considera dialectos o catalán, o galego e o asturiano. ¿Do latín? ¿Do castelán? ¿O galego do portugués?
O asturiano é dialecto histórico do latín, básicamente porque non ten literatura propia. ¿Habería que prestarlle un libro de Rosalía?
¿O castelán non naceu como dialecto do asturiano? ¿Ou é que os "moros" xa o falaban?
Daría centos de euros por saber que opina este home do euskera. O mesmo di que é dialecto tamén...
hispánico leva unha boa parte de razón, baixo o meu modo de velo asunto: as paulatinas intervencións da rag acercaron as normativas do galego perigosamente o modelo castelán, fuxindo no posible dos modelos do galego portugués desenvoltos tanto en portugal como nas súas colonias, polo que non é tan descabelado identificar, dende unha óptica non filolóxica e coloquial, a nosa língoa cun dialecto da fala de castela.
Melhor do que fazer o maio escândalo polas declarações dum futebolista de pouca bagagem cultural, fariam em reflectir sobre o que é que faz com que os forasteiros percebam o galego como um dialecto. Cecais nom vam tam errados.
A pergunta que se tem que pôr é a seguinte: Podemos viver na Galiza 5 anos sem precisar de saber galego e falando somente castelhano? Infelizmente a resposta é afirmativa; Tem a maioria dos meios de comunicação em castelhano, os rótulos dos produtos em castelhano, na administração falam-lhe em castelhano, os companheiros de equipa e treinador falam-lhe em castelhano, para que raio se irá esforçar em aprender galego?
Ao contrário, se jogasse em Portugal ou outro país lusófono, será que já falava galego fluentemente? Claro que sim! Este pequeno exemplo deveria ser aproveitado para se tirar as conclusões do muito que há que fazer para que o galego seja realmente a língua da Galiza.
Propoño, como aquel conto dos Mofa e Befa: primeiro liquidalo e logo facerlle un xuizo xusto.
A verdade que non sei quen é o carallo ese, pero o furbol está cheo de burriños. POucos Guardiolas hai nese mundiño.
Ei, tampocuo esquezamos o asunto dese probre home de Mos. Xa está instalado de cheo no españolismo e da man do PP. Seica andaba na paletada dos touros en Pontevedra, co baboso Raxoi e outros.
Non teño muita ghana de afinar a dialéctica con estes ghichiños/as e temas, porque ultimamente, só me saen exabruptos e mala hostia cando tentas razonar para con eses "cortitos".
Aiiii, canto parvo cría o pan de millo....
UUUuiii..esquecíao. O de Mos é o cicilista ese, Pereiro, que ata parecía bo rapás e todo. Pero xogou (pecunia manda), como muitos outros renegados e colonizados, once more, a facer de cruzado da casposa españa imperialista
Espero que hoxe Riazor reciba a este personaxe como se merece. que se vaia do Depor, xente rancia sobra no deportivo, e hai un bo feixe!!! como socio do depor espero que hoxe lle fagamos un desagravio colectivo.
#44 E vendo os "toros" com Rajoil :D http://www.farodevigo.es/secci...
e que importancia ten o que diga un futbolista ao que só se lle esixe xogar ben ao fútbol?
do resto pode opinar o que lle veña en gana, pero por que hai que darlle importancia?
o de óscar pereiro, el saberá con quen se xunta e el saberá se quere meterse en política, que parece que si.
Cada un ten dereito a quedar como un [aquí non podo evita-lo insulto, síntoo] exercendo a súa liberdade de expresión.
Tamén Vieiros ten dereito a poñer unha foto na que só lle falta a baba pingando ademais de incluír esta nova comentada con tanta graza, iso é liberdade de expresión.
O malo é que non estamos nun xuízo e non perdémo-lo outro xuízo para poder valorar criticamente ditas actitudes e ver para quen se fala no mundo do fútbol.
Atención atención o gran futbolista Sergio González cre que o galego é un dialecto!!!! Imos a publicar todas as barbaridades que se escoitan día a día e falar sobre elas. Pareceme a min que se este tipo opina este, que o opine, e eu preocupado.
Na miña vila, cando alguén di unha burrada deste tipo sóese dicir: pobre do que non é ben!!!
Pois iso. Ala! a deitarse e a pasa-la chea que tomaches onte á noite :-P
Opina o mesmo do catalã, que sendo ele catalão indica o indivíduo que é este...E além disso, o ignorante que deve de ser...Eu pensei que isso dos futebolistas analfabetos era só cousa da Argentina!!
"El Periodico de Cataluya":
El catalán es "un dialecto" para el deportivista Sergio
E.P.
El jugador que más partidos ha disputado con la selección de Catalunya (10) declaró a Depor Sport, diario del Deportivo de La Coruña, que el catalán es un dialecto, no es un idioma. Igual que el gallego o el asturiano".
El centrocampista de L'Hospitalet, de 31 años y formado en el Espanyol, dice: "Me considero catalán como todos y no he hablado nunca catalán".
Non te pases Galezio! Sei que tí non es homófobo. Mais sí un chisquiño racista. Deixa ós arxentinos en paz. E lembra que no Río da Plata cuásique fálese moito máis galego que na Terra.
Nunca digas "Ese é bruto" porque será o que teñas detrás coma o Cesar.
Vexamos... a meirande parte dos futbolistas profesionais non se caracterizan por ter cultura. O mao e que hai moita xente que só le os xornais deportivos e asi nos vai. A ignorancia é moi atrevida e cando estes catetos oubean o mellor que hai que facer é poñelos en evidencia.
Non estaria de máis que o deportivo falara có xogador e lle explicara catro cousas, pero dirixido por quen está presidido dubido que os colonizados falen con este tipo
Alenmar:
Como vou ser eu racista se sou preto (de negro) não "preto" de "cerca" segundo os "inteligentes" da RAG que levam ao galego para uma "bableada" inconsistente... Não me surpreeende nada que o tal Jogador ignorante associe dialecto ao "asturiano" com o galego.
Achas que o Desportivo, equipa espúria,castelhanista (La Coruña)e anti-galega demonstradamente, vai falar com esse sujeito?
Em fim...Sou preto, mas daqueles dos que falara Castelão...
Lostrego:
Eu fui membro destacado de uma associação cultural chamada "Lostrego" que logo passara a chamar-se ( por uma fussão) "Irmandade Galega-Lostrego", em Madrid.
Foram tempos magníficos, chegaramos a competir com o Centro Galego, mas os "vermes" da divissão (típicamente galegos) destruiram tudo!
Que se és do BNG, que se tu és da UPG, que se tu és do PSG... em fim... Lá ficou um grandíssimo ensaio do que podia ter sido...
Veja lá a ligação "Galiza uma nação":
http://www.antonioborgessampai...
ESTES DEPORTISTAS...NON SE DECATAN QUE TAMÉN SE PODE EXERCITAR O CEREBRO, AMAIS DO RESTO DO CORPO.
O CLUB DÉBESE DESCULPAR POR SEMELLANTES SANDECES.
MAIS NON SEMELLA QUE LLE AMOLE MOITO AO DÉPOR, CANDO NIN A WEB TEN OPCIÓN DE IDIOMA GALEGO.
AS PERLAS ARREDOR DO IDIOMA SON PATÉTICAS, PORÉN AS HOMÓFOBAS AÍNDA AS CONSIDERO MÁIS PERIGOSAS.
PAILÁN DESCÚLPATE!!!
¿Que mais da o que pense?
Cada quen que pense o que queira eu xa teño a miña opinión, el no ma vai mudar
Pois o pimpin este tén razón, catalá, galego, asturianu, português, frances, italiano...todos son dialectos...do latín...claro
Orxeira: e tamén o castelán ou español. Dialecto tamén do latín. Igual co galego. Como o latín hai tempo que non existe, os dialectos convértense en idiomas. E as persoas que non se decatan, en idio-tas.
O fútbol que practica este raparigo si que é un dialecto. Xa se viu o outro día contra o Hadjuk Split.
Debería de falar menos na prensa e máis no campo.
O unico dialecto chamase CASTELAN que nace do galego-portugues (despois do euskera a lingua mais antiga falada na peninsula).
Os fachas cando non teñen argumentos ou insultan ou inventanse a sua propia realidade para negar a que non lles gusta. Fodelles que Galiza teñan lingua e identidade propia e por iso responden insultando,menospreciando ou negando a realidade.
Imos aturar que un facha morda a man dos que lle damos de comer?.
Son deportivista e dende xa digo FORA!
Primeiro o que dixo non e certo, pq o galego e unha lingua e moi antiga, e senon o cree que consulte a linguistas.So por isto xa deberian obrigalo a rectificar no seu club.
Pero ademais e un ofensa os millons de galegofalantes, moidos dos cales somos seguidores do Depor.
E logo? Alguén queda abraiado do que di este "señor deportista"? Efectivamente, é o que pensan milleiros de españois, galegos, asturianos e cataláns sobre o galego, o asturiano ou o catalán. Isto pensábano tamén os meus abós e pénsano algúns dos meus tíos que superan os 70 anos.
Se así pensa un cativo de 30 anos nos tempos que corren, preocupado unicamente por encher os petos, mercar o mellor coche do mercado (se chegar a el) e pagar a algunha que outra profesional do amor para que lle faga algún favorciño de cando en vez (doutro xeito, dubídoo), véxase como aínda queda moitísima pedagoxía por facer.
Éste pelotero custoulle a Lendoiro 12 millóns de euros, que necesidade hai de traer a esta xente? Na canteira non sairán estrelas, pero como este saen moitos, a pouco que a traballes.
Atlántico:
Da canteira non só saen moitos coma ese senón que tamén saen de vez en cando estrelas, porque todas as estrelas son de algunha canteira e os galegos non somos excepción.
¿Por que non pensamos cal será o motivo polo que os principais clubes galegos desprecian del tal forma a canteira e fan fichaxes a base de talonario, traendo xogadores do máis lonxe posible, desperdiciando moitos da canteira que triunfan logo fóra de Galiza ou son talentos que se perden magoentamente?
Mirade como aproveitan os xogadores da canteira non só os clubes vascos (por certo, o Athletic de Bilbao, exclusivamente coa canteira, xamais deixou de estar en primeira división) mais tamén outros coma o Sporting de Gijón (o Mareo) e outros por aí adiante. ¿Que pasa en Galiza, con presidentes e dirixentes que sempre ou case sempre están vencellados á dereita máis reaccionaria do PP?
si bueno,el ficaria mellor nos tempos de franco cando se trataba de extenguir as linguas que non foxen o castelan
Concordo com o rapaz, o galego que ele conheze, o da RAG, não é mais que uma sublinguagem. Sublinguagem inutil, isso esquenzeu ele de dizer, e em vias de extinção. Não hesite, se ainda for dos antigos galegos falantes inmolesse.
correcto, teixugo, seguro que se refería a iso. O rapaz é reintegrata, por iso escrebe SerGio e non SerXio.
Polo que vexo ese...(prefiro non insultar) de Sergio gústalle facer amigos, porque vendo o que dicides sen dúbida fixo novos amigos, jajaja.
Sinceramente, declaracións como a del é mellor non opinar. Só un apunte histórico para este mal nacido: O GALEGO NACEU ANTES QUE O ESPAÑOL (posto que xa había escritos no noso idioma cando os españois non sabían nin o que era escribir). Dialecto polo tanto é o castelán.
DEBE SER O PRIMEIRO CASO DO MUNDO QUE SE RECOÑECE DE UNHA PERSOA QUE É CAPAZ DE EXISTIR SIN CABEZA....
Xeonllo, pode influir que cada fichaxe millonaria deixe unha comisión os presidentes.
Ao pão pão, e ao vinho vinho:
Concordo com o rapaz, o galego que ele conheze, o da RAG, não é mais que uma sublinguagem. Sublinguagem inutil, isso esquenzeu ele de dizer, e em vias de extinção. Não hesite, se ainda for dos antigos galegos falantes, inmole-se
# 65, vas por vo camiño.
O deste Sergio non se daría si TODOS os xogadores que defenden o equipo dunha localidade, chamese Coruña ou Vigo, foxen desa zona ou da súa área de influencia.
Un tipo como ese Sergio que despreza a nosa cultura ¿como vai defender a ningún equipo galego?. Non é de aquí. So está por cartos. E ainda por riba, seguro que si lee algo desto levanta o dedo "pai de todos" da súa man dereita en sinal do que nos aprecia.
Xa sabemos que o futbol pervertiuse polos cartos. A min deixoume de interesar cando me atopei que no Celta de Vigo (eu son desta área de influencia) practicamente non había xogadores de aquí. Pra min, o Celta, xa non é de Vigo. Eu non me sinto representado polos xogadores dese equipo. Supoño que esto pódese facer extensible aos demais equipos.
#71 hai 22 horas e 26 minutos Atlantico
"Xeonllo, pode influir que cada fichaxe millonaria deixe unha comisión os presidentes".
Pois por aí poden ir as cousas, Atlántico.
Aquesta entrevista no té preu. La pregunta ara és si aquest individu a de continuar vestint la samarreta de la Selecció Catalana, i si hi ha més jugadors d'aquesta que pensin com ell, perquè no sé que foten vestint-la....
Per mi sempre serà més catalana la meva veïna de 19 anys que va arribar aquí amb 4 i parla un català perfecte i també diu que se sent catalana a més de marroquina, per dir que et sents d'algun lloc has de conèixer la seva cultura, no hi ha prou amb néixer.
....I el que és pitjor les seves idees són les mateixes que tenen molts joves a l'estat espanyol....
Visca Catalunya
Viva Galiza
a més de ignorant.....practica la homofòbia...és un tìpic "machito español"..és un perill que aquest noi sigui ídol i referent de gent molt jove, i malauradament....un reflexe d'un sector majoritari de la societat espanyola...quina pena
aí teresa aí
alén de pailán en canto a asuntos lingüísticos, doe moito o comentario homófobo. Ese tamén merecía unha resposta contundente.
VISCA CATALUNYA E VIVA GALIZA CEIBE. GALIZA INDEPENDENTE, NON SOMOS COLONIA. NIN DE ESPAÑA NIN DE PORTUGAL!!!