Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil

Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
En estreita disputa con Roger de Flor

O "licor café" de SkandaloGZ, gañador do público en A Polo Ghit

Antes de que o próximo sábado os expertos decidan o gañador do concurso, a peneira de internautas e radio-oíntes decidiu xa o seu favorito.

Redacción - 12:45 14/08/2008

Do licor café do licor café do licor café
Do licor café do licor café do licor café

Os rapaces pídenlle baile as rapazas
Bailemos un vals

Velaí retrousos que prenderon ben entre o público deste A Polo Ghit 2008, que decidiu cos seus votos recoñecer o tema "Licor Café" de SkandaloGZ. Os rapaces de Ponteareas son así os primeiros en subir ao podio musical do verán. Parabéns a Oscar (Guitarra e voz), David (Baixo) e Rantan (Bateria), gañadores do premio do público.

Hai que sinalar tamén que foi un sprint final moi igualado, onde entre as preferencias dos afeccionados se destacou tamén a peza "Os dous amigos", de Roger de Flor. O resultado final, logo de sumarlle aos votos na rede os recibidos na Radio Galega a través das chamadas da audiencia e das mensaxes SMS, foi de 2.213 apoios para SkandaloGZ e 2.150 para Roger de Flor.

E recorden que os temas finalistas teñen aínda por diante a emocionante xornada do sábado, que será cando coñeceremos a decisión dos expertos. O premio do xurado, permitiralle ademais ao gañador representar a Galiza no Festival Liet Lavtut. A decisión final do xurado anunciarase este sábado ao mediodía, en Vieiros e no Extrarradio da Radio Galega. Será a fin de semana do A Polo Ghit na fin de semana máis festeira do verán galego.

3,6/5 (15 votos)

Comentarios (20)

xorna #1 14/Agosto/2008 xorna
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

uuuuuh! que orixinais! unha canción sobre o licor café!!! que gran imaxinación!!! non escoitara eu ultimamente ningunha canción sobre o tema...

UnDeTantos #2 14/Agosto/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

si o, ei aburrir o LK

AMPA #3 14/Agosto/2008 AMPA
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paréceme a mín que houbo tongo, non sei como non vos da vergoña toma-lo pelo desa maneira tan descarada. Sumáchedes moi poucos votos telefónicos a Roger de Flor...¿Onde está o notario? Pero bueno, se se podía gañar con trampa era tamén sabido que se podía "escoller" con trampa, ¿non si?

Ossorio #4 14/Agosto/2008 Ossorio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vexamos, como que sumados aos votos na rede e a través das chamadas da audiencia e das mensaxes SMS? 2.213 e 2.150 son os votos do publico, os realizados unicamente por internet, estiven votando ate as 00:00, xusto ate que rematou o prazo, dou fe de tal cousa. Se esta xogando coa ilusion de moita xente. A ver que facedes o sabado, eu xa espero calquera cousa.

Arlindo #5 14/Agosto/2008 Arlindo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí todo é quiexarse, eu doulle a noraboa por gañar. Skandalo GZ tamén tivo moitas mensaxes e chamadas en directo na radio, lle moleste a quen lle moleste, e o que mais me gusta de que gañaran eles e ver como na radio se poden cambiar as cousas e non escoitar sempre o mesmo tipo de música. Ademáis acabo de ver en internet que Skandalo GZ está nas semifinais de NSAIO NO CAMIÑO, co cal algo terán, xa que alí son escollidos por un xurado. E para os que din que lle aburre o licor café, é porque non se sinten galegos. NORABOA SKANDALO GZ!! UN SAUDO!!

Mai3 #6 14/Agosto/2008 Mai3
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

FELICITACIÓNS A TODOLOS GRUPOS DO CONCURSO, POR TODO O SEU ESFORZO E POR FACERNOS PARTICIPES DA SÚA MÚSICA!!

duna #7 14/Agosto/2008 duna
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pareceme unha trapallada e unha vergoña este concurso, aborrezo a xente tramposa, falsa e con tan pouco peso e palabra.se o que queriades era mandar a xente coa que simpatizades a laponia ou darlles calquera outro premio pra que fixechedes concurso? .por favor os rsponsables de este tongo non vos presentedes nunca a politicos...xa hai moito carota nese gremio.non so vos mofachedes do tempo que empleou a xente que votou en esto senon que tamén fixechedes que tiraramo-los cartos de cada chamada ó lixo...e iso cabrea... cabrea moito. ala vos e as vosas conciencias pero deixachedes quedar moi mal á radio galega. nunca mais!!

duna #8 14/Agosto/2008 duna
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

por certo....que maravillosa é a música, en calquera idioma.

maribel #9 15/Agosto/2008 maribel
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Queridos amigos: E verdade o que di Duna. Cabrea moito loitar por unha meta gastando cartos un día e outro día, e moitos días, para que ao remate se nomeo gañador a uns pícaros e pillos, desprezando e non computando moitos votos pagados con cartos. Iso eu o considero inmoral. Centos de votos quedaron sen ser computados. E a grande maioría de Roger de Flor. Eles saben moi ben que isto e certo. Se teñen un mínimo de honestidade non mo negarán.
Non importa, os admiradores de Roger de Flor fomos exemplares en comportamento no xogo, e serémolo tamén na derrota.
Que gañe o mellor segundo o xurado. Despois de todo isto, estamos convencidos de que o xurado será honesto; e sendo así, o que eles decidan, nós aplaudirémolo.

maribel #10 15/Agosto/2008 maribel

Axouxereiro #11 15/Agosto/2008 Axouxereiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa primo!!! non sabia eu que ia ser prima dun famoso... jajaja!!! os meus parabens para todos vos!!

galeguzo #12 15/Agosto/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#5 Fico com este comentário. O A Polo Ghit representou uma nova revolução na música galega que não se via desde o bravu e o Xabarín, quando dúzias de novas formações assaltaram a cena musical galega.

Os meus mais sinceros parabéns à Rádio Galega e a Vieiros, os meus parabéns aos ganhadores do público (também aos do ganhadores do júri quando os conhecermos :)), e já estou a esperar o A Polo Ghit 2009 (e a quarta camisola para a minha colecção :D)!

♫♪ Estombalhada, estombalhada, estombalhada na leira ♫♪♫

deserres #13 15/Agosto/2008 deserres
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

TRAPOS SUCIOS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

mnawe #14 15/Agosto/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Con todos os meus respetos, pero de verdade que alguén pudo votar esta canción??

E que é malisísima...

asterix #15 15/Agosto/2008 asterix
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por moito que o intenten NON NOS VAN CALAR!! Entra na web do sector maioritario de Terra Galega: http://www.terra-galega.org

evusca #16 15/Agosto/2008 evusca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Agás que estea en galego non lle vexo valor ningún a esta canción, paréceme infame e nada ten que ver cunha canción do verán, e é unha magoa porque nas finalistas había varias infinitamente máis divertidas, orixinais e mellores. Agardo a decisión do xurado pero para min a mellor canción do verán no concurso foi "Os dous amigos" de Roger de Flor. Un saúdo é xustiza estética!!!!

kaskada #17 15/Agosto/2008 kaskada
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como dí o radicalfruit: se criticades é que sodes maos, e edes envexa!!!

kaskada #18 15/Agosto/2008 kaskada
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E por suposto que felicitei a SKGZ porque gañaron o concurso de informáticos, cousa que é xusta.

louren #19 15/Agosto/2008 louren
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

os meus parabens a Vieiros e a RG por abrir esta xanela de expresión artística e deixarnos colgar as nosas cancións, mellores ou peores, máis cutres ou máis elaboradas, mellor gravadas ou gravadas a machada... falaba alguén de que isto é como o cu, cada un temos un, pois iso, se pretendemos que o noso cu lle guste ós demáis tamén debemos entender e respetar que ó mellor o noso cu non é tan bonito como nos pensábamos, e non lle gusta a naide, no peor dos casos. Da o mesmo. Isto non lle vai cambia-la vida a naide e menos se van a forrar, temos xa dos exemplos claros das anteriores edicións. So é iso, unha xanela que ata fai tres anos estivo pechada, un escaparate para coñecer o que fai a xente, xente pola que de non ser a través do Apologhit ó mellor non se atrevería a facer e gravar un tema, e da cal non saberíamos xamáis nada dela, e perdernos a Estomballada, a do forfiesta... Xa está. Os meus parabéns a tódolos grupos participantes de todas as edicións. E o dos premios é como unha lotería, non lle pode tocar a todos. Este ano hai dous premiados e todos os demáis quedaremos coas ganas. Que o proceso pode ser mellorable? vale, pero a día de hoxe é o que hai. Supoño que os organizadores admitirán suxerencias ao respecto e aínda así non choverá a gusto de todos. Saúdos a tod@s.

duna #20 15/Agosto/2008 duna
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que a organización pode mellorar está claro , e no proceso de mellora espero que aprendan a non manipular os votos en proximas edicions, porque un concurso ten unhas normas e non se poden saltar é coma un codigo de honor...e os organizadores de eso non saben moito.xente cativa tras unha careta chamada radio galega.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:

Locais:
GZ-Sete