O concello da cidade estadounidense acordou pagar dous millóns de dólares aos demandantes pola violación dos seus dereitos civís.
Varios dirixentes teñen conexións con Carlyle Group
A cidade de Nova York acordou indemnizar con dous millóns de dólares a 52 manifestantes que participaron o 7 de abril de 2003 nunha protesta contra a invasión de Iraq, e que foron detidos pola Policía.
O acto de protesta realizouse no centro de Manhattan, nas oficinas do grupo de inversión Carlyle Group, unha firma con participación no sector da Defensa que viu aumentados os seus beneficios exponencialmente coa política da Administración Bush despois dos ataques do 11-S.
"O Departamento de Policía de Nova York violou dereitos constitucionais básicos cando arrestou a un grupo de manifestantes pacíficos que estaban protestando legalmente contra o inicio da guerra de Iraq e aqueles que a apoian para obter beneficios", dixo Sarah Netburn, avogada dos manifestantes.
Sen admisión de responsabilidade
"O acordo alcanzouse sen ningunha admisión de responsabilidade por parte da cidade ou dos demandados individualmente", dixo Susan Halatyn, do servizo xurídico da cidade. "Aínda que os defensores crían que en última instancia gañarían nun xuízo, o custo de avanzar pesou a favor dun acordo", apuntou.
Dúas das manifestantes, Eva Hageman e Sarah Kunstler, foron xulgadas por "alteración da orde pública", e posteriormente declaradas inocentes por un xurado. Os cargos presentados contra o resto dos manifestantes retiráronse sen necesidade de ir a xuízo.
Xa sabemos que nos EUA hai vulneracións dos dereitos civis, como tamen os hai eiqui, pero eiqui unha indenización por esa vulneración dos dereitos civis nunca seria indemnizada, porque dos poucos torturadores xulgados e condenados acto seguido son indultados polo estado.
Sen ir mais lonxe os torturadores de Mamadu (Un xoven africano) en Vigo non chegaron a cumprir condena (pese a ser declarados culpaveis)...
Mentres un Poder Xudicial sexa máis autónomo e independente é posible ver decisións que defendan aos cidadáns contra os abusos dos políticos.
É impensable crer que en países como China, Venezuela, Cuba, etc. Poidan verse situacións onde un tribunal decida en contra do estado. O interesante é que hai medios que parece que non o ven ou non o queren ver. E despois pretenden presentarse como alternativas de información veraz e crible.
http://www.youtube...
http://www.youtube.com/watch?v...
Como verán. Esta é a represión contra un pobo que reclamo contra unha reforma constitucional e que despois referendo co seu voto. Con todo. O asasino e criminal do 4F. Do mesmo xeito que no seu fracasado golpe sanguento. Hoxe pretende implantar as medidas que o pobo rexeito.
Por suposto. Para iso ten o control dos tribunais e uns corpos de seguridade (2do vídeo) que poden dispararlle a mansalva a unha persoa e até o sol de hoxe non hai un só funcionario destituído, condenado ou sentenciado. Moito menos algún civil indemnizado.
Ai! O lixo sociata de PRISA. Cuba, Venezuela?. Nom, organizador do GAL, nom. Junto a China, à que todo lhe admitides, coloca o teu amigo Uribe, o para-narco-terrorista, que assasina camponeses e sindicalistas todas as semanas. Coloca a teocracia racista de Israel, com o seu apartheid assasino e terrorista global. Coloca Alan Garcia, amigo do teu nom menos corrupto Felipe González, agora muito ocupados em expoliar indígenas, e coloca o covarde monicreque de Georgia, que começou esta guerra assasinando mais de mil osetios. Agora vai de vítima, os seus amigos yanquis estám muito ocupados para ajudá-lo. E por último coloca a tua monarquia bananera, com a tortura legalizada e impunidade policial absoluta. Agora sim temos algo mais real e nom o mundo vitual dos "progres de bom tono"