O noso país colocaríase por diante de estados como Arxentina, México ou Portugal. O 6 de setembro comezan os Xogos Paralímpicos en Beixín.
Este domingo pecháronse en Beixín uns Xogos Olímpicos que serán difíciles de esquecer para o deporte galego. A cerimonia de clausura comezou ás 14.00 horas en Galiza con rigorosa puntualidade, na liña de eficiencia que a organización deixou como sello de identidade.
Ao igual que a cerimonia de inauguración, a de clausura estivo marcada polo simbolismo e a espectacularidade. Constou de tres partes: reunión, recordo e festa. A cultura chinesa volveu estar presente ao longo de toda a cerimonia, e o espectáculo visual ofrecido por fogos artificiais e figurantes volveron a deixarnos estupefactos.
A parte oficial chegou co discurso do presidente do comité organizador, Liu Qi, e do presidente do COI Jacques Rogge, que cualificou como "excepcionais" os Xogos Olímpicos de Beixín. Posteriormente o alcalde de Beixín, Guo Jinlong, entregaba a bandeira olímpica ao seu homólogo de Londres, Boris Johnson, co que se simbolizaba a transición cara aos Xogos de Londres 2012.
Mellores Xogos da historia de Galiza
As catro medallas e os tres diplomas acadados polos deportistas galegos constitúen a mellor participación do noso deporte nuns Xogos Olímpicos. Con este resultado Galiza colocaríase no 31º lugar do medalleiro, por diante de estados como Arxentina, México, Portugal, Suiza ou Bélxica. Cos dous ouros acadados en vela e piragüismo Galiza aporta o 40% dos atribuídos á delegación española.
Estes Xogos Olímpicos tamén consolidan a David Cal como o deportista con máis medallas das historia do deporte galego, xa que suma catro, pero terá que esperar a Londres para igualar ou superar a Pedro Cea, que segue á fronte do medalleiro galego con dous ouros.
Unha vez escoiteille a alguén que o noso PIB era o 32º do mundo, e o de España debe ser o 12º. Máis ou menos os postos nos medalleiros.
Eu penso que Galiza non acadou ningún metal e, deses españois nados en Galiza que sí o acadaron, penso que todos eles teñen interés cero en que o titular de Vieiros sexa unha realidade, empezando polo abandeirado e o ínclito Suso Morlán.
Felicidade inmensa e orgullo profundo desde a emigración.
Da forma que sexa, estes deportistas puxeron moi no alto o nome da Patria Galega e a comunidade Española coa cal estamos hermanados.
Con todo e iso, todos sabemos que puido ser mellor. E será mellor no futuro, xa que afortunadamente gran parte destes atletas son novos e estarán presentes noutras olimpíadas unidos ás novas xeracións motivadas polo seu exemplo. Con máis experiencia e espero que con máis APOIO dos entes gobernamentais.
Este é un exemplo que teñen que ver países máis grandes e con máis recursos que levaron delegacións grandísimas e os seus resultados foron inferiores a esa esquina de verde orgullo que é Galiza.
Grazas a deus que podo estar contento pola terra dos meus pais. Pero moi triste pola que me viu nacer (Venezuela). Todo unha parafernaria politiquera, unha delegación inflada para alagar e idolatrar o ego dun sanguento golpista disfrazado de demócrata.
Estes nobres venezolanos loitaron contra a improvisación e a falta de atención. Tiveron que prestarse a dar unha loita sen esperanza. Só basta recordar o reclamo ante a promesa incumprida de darlle unha casa digna por parte do COMEDIANTE EN XEFE a unha humilde atleta larense por triunfos anteriores e que hoxe despois de gañar un bronce olímpico recórdallo. Cantas medallas terá que gañar para cumprir os seus anhelos?
Sinto discrepar, pero non estou de acordo con Vieiros. Galiza só ten as dúas medallas de David Cal, pois as de ouro foron conseguidas a medias cun cántabro e cun catalán.
Non vin ningunha bandeira galega en Pequín, nin con estrela nin sen estrela e sí vin bandeiras catalás.
Dubido moito que estivesen prohibidas, xa que había bandeiras españolas co touro, e esas non son oficiais, así que tamén deberían de estar prohibidas.
Estou de acordo con Barcelos. O que fan os de Vieiros por inventarse unha noticia. Debe ser que no kayak o catalán non remaba!! Por certo, que o galego non esquezamos que era policía nacional, jeje
Eu penso que estades todos tolos. E así nos vai.
Si non somos quen de apoiar aos nosos...
Non entendo aos que continuamente critican a Vieiros pero sempre están por aquí. Non só ven o xornal, senón que escriben comentarios. Está ben ho.
O peor de que Galiza non poda participar, é que cualificar as medallas que conseguiría é moi difícil. Xa non só polo que algúns din sobre o Kayak, senón porque hai deportes de equipo onde tamén hai galegos e resulta moi difícil cuantificalo. O caso é que a min este tipo de novas gústanme e moito, e se queredes saber o resultado de España no medalleiro tédelo ben doado, ide ao Marca, El Mundo, etc.
1. O cabeçalho e o contido é puro auto-engano.
2. O realmente noticiável é que "mais uma vez, o Reino impediu-lhe competir a Galiza."
3. A continuação, procederia aclarar que "Se Galiza competisse, pecharia os Xogos Olímpicos no 31º lugar do medalleiro."
Isto, como disse, é auto-engano e quase que anti-pedagógico.
Eu estas olimpiadas seguinas moi pouco por aquelo do boicot a esta nación chinesa tan democrática. Pero si cheguei a pensar que sería do medalleiro español, se se lle restara as/os deportistas olimpicos/as, vascos, galegos e cataláns. Tamén escoitei que uns que non iban ir en principio conseguiron unha medallla de ouro e deume que pensar, cantos deportistas non van as olimpiadas e se foran sacarían algunha medalla. Isto é un negocio máis. Penso que si se obteñen medallas é por que ese están invertindo cartos públicos no deporte, e creo que a máis inversión máis medallas. Tamén penso que se non existen deportistas galegos de categoría olimpica para ir as olimpidas en certos deportes é porque non se están a facer inversións nin a crear canteira e escola nesas modalidades, é decir que temos deportistas galegos en remo, pero se cadra en Hoquei sobre erva ningún.
BovedaGZ cando coñezas outro xornal que estea escrito en galego estritamente, avisa meu.
A verdade e que este ano o deporte galego fixo un aporte moi bo ao medalleiro. Ao final cumpríronse as miñas expectativas de que pasáramos de 15 medallas. Foi unha magoa o de Cal, traballar tanto e non poder participar con todas as súas forzas debe ser durísimo.
Os españois tedes que disfrutar esas 18 medallas, para as próximas non sabedes se os vascos e cataláns van participar con España, e os cataláns son a columna do deporte hispano.
Sigue soñando, Atlantico...que eso ya lo decíais hace 4 años con las de Pekín, cuando gente como los Gasol, por ponerte un ejemplo, o como el mallorquín Nadal, han hecho más gala que nadie de su sentimiento ESPAÑOL.
Respecto al ejercicio de fantasía de los redactores de Vieiros, colocando a "Galiza" (o sea, Galicia) en su medallero imaginario, pues qué le vamos a hacer...el que no se consuela es porque no quiere. Pensarán que sus artículos van dirigidos a niños...
Fai 4 anos non foi en Atenas?
Xa imos chocheando,paquito medallas..
@Biosbardos: Pois xornais escritos en galegos tes galicia-hoxe.com por poñer un exemplo. Por non falar de xornais como La Voz onde por tradución automática tes a posibilidade de lelos tamén en galego, inda que non sexa unha tradución perfecta ao 100%.
Eu se veño a Vieiros é porque tratan temas que non tratan en ningures xa que non lles interesa.
BovedaGZ, grazas polas direcións. Xa sabíao o da Voz, pero como dixeches non é máis ca unha tradución
Pero ¿quén se inventou este titular? Vieiros que penoso, por favor, un pouco de dignidade.
Galicia rematou no posto 14. Saúdos.
galego83, a dignidade empeza por mirar o mundo desde aqui, parabéns polo titular. Parabéns á Galiza Olimpica!
#18 A dignidade comeza por respeitar-se a um mesmo. Galiza não competia. O titual é puro auto-engano.
Como já disse, há que comezar por dizer que:
"Mais uma vez, o Reino de Espanha impediu-lhe competir a Galiza"
E se depois querem jogar ao nacionalismo desportivo (se ainda estívessemos a falar de qualidade de vidaa...) completar:
"Se Galiza competisse, pecharia a Olimpíada no 31º lugar do medalheiro."
O Reino de España impídenos competir, mais a nacionalidade galega non nola quita ninguén. Galiza, 31º posto!!! Éxito dos nosos, non dos seus!!!
Galiza acadou 4 medallas, 3 en piraguismo e 1 en vela (2 ouros e 2 pratas).
Nin o estado español lle impide competir a ninguén, nin hai medallas galegas (no sentido de galegas que se lle quere dar eiquí), por ningures. O voso sentimento nacional nun senso exclusivo (eu tamén o teño pero nun senso distinto, digamos federal)non ten por que ser compartidos polos atletas. Cómpre reparar en que o piraguista Carlos Pérez é funcionario do estado español, membro do Corpo Nacional de Policía, así que non creo que teña problemas coa bandeira española, ou lembrar os problemas da Xunta e David Cal:
http://www.vieiros.com/nova/61...
O comentario anterior e um puro disparate...Primeiro, o Estado Espanhol e umha suma de nacionalidades , ja que logo o sentimento nacional "espanhol" e artificial ou forzado sob a hegemonia do eixo linguistico-cultural castelhano-andaluz. Segundo, o federalismo e um jeito inexplicado de explicar o inexplicavel (como? quem? iberico? europeu? mundial?). Terceiro, a escolarizazom e a obrigatoriedade da aprendizagem e escolarizazom no suposto feito nacional abeirado e apoiado polo estado de hegemonia castelhano-andaluza (espanhola "par excelence") sem posibilidade de acceder oficialmente a outras versons (alem do poder mediatico da naciom hegemonica na peninsula, a castelhano-andaluza ou espanhola, que detenta o poder politico e a exclussividade policial etc do Estado) e comparar essas verssions fai que para uns seja moito doado falar de politiqueio e nacionalismo numha soa direccom...
Eu nom me sinto espanhol, nem tenho rem contra Espanha nem contra ningum pais do mundo e o meu federalismoe e universal, fraternal e solidario entre pessoas e respectuosso com os legados culturais, etnograficos, linguisticos e antropologicos que conformam as nazons (como a galega, a mapuche, a galesa, a coreana, a innuit, a basca, a dinamarquesa, a somali ou a que for) do mundo
Perdom polo empregue da palavra "disparate", simplesmente semelha AO MEU VER (e com tudo o respecto) pura incoerenza ou denota preguiza intelectual. Pido desculpas ao Xoan_da_Tolda no caso de se sentir ofendido...