Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Conflito no Cáucaso

Rusia recoñece oficialmente a independencia de Osetia do Sur e Abkhazia

Nun comunicado televisivo, o presidente Dmitry Medvedev anunciou a sinatura dos decretos, logo de que llo solicitara este luns o parlamento.

Redacción - 13:45 26/08/2008
Dmitri Medvedev

Dmitri Medvedev

Finalmente, e malia as advertencias da Administración Bush -contestadas dende o Kremlin coa suspensión da cooperación coa OTAN-, Rusia recoñeceu este martes oficialmente a independencia de Abkhazia e de Osetia do Sur, segundo informan as axencias locais.

O presidente Dmitry Medvedev anunciou por televisión a sinatura dos decretos que lle dan carácter formal a esta decisión, logo de que este mesmo luns, o parlamento lle solicitara á Presidencia este recoñecemento.


5/5 (1 votos)

Comentarios (2)

Clausewitz #1 27/Agosto/2008 Clausewitz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os Xeorxianos baixo ocupación rusa, cerca de Osetia do Sur, son expulsados dos seus pobos:

“A escena ocorre en Gori, diante do edificio do gobernador desta cidade xeorxiana, ao sur de Tsjinval capital, da rexión separatista sudosetia. As mulleres choran: “Fan calquera cousa, dende onte non se deteñen ante nada, os osetios expúlsannos, os rusos déixanlles facer...”

O conta hoxe a corresponsal de Le Monde, Sophie Shihab, una nova vergonza para a comunidade internacional.

(http://www.lemonde.fr/internat...

Komun #2 27/Agosto/2008 Komun
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É un problema xeralizado, porque non creo que os soldados de ocupación xeorxianos tratasen con delicadeza aos sud-osetios. Sexa quen sexa, esa poboación está condeada. E aínda veñen despois os EE.UU a meter os fuciños e buscar liorta. Patético.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: