Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Internacionalización da nosa literatura

O libro galego ábrese camiño nas librarías brasileiras

Éxito da visita do país á bienal de São Paulo, onde o sector editorial galego sachou espazos no mercado literario do Brasil.

Redacción - 13:05 27/08/2008

Interese pola venda dos libros galegos e por mercar dereitos de edición de obras son dous dos logros que destacan desde a Asociación Galega de Editores (AGE) á volta da Bienal Internacional do Libro de São Paulo. Membros da AGE participaron en máis de 60 encontros editoriais e gremiais, colleitando contactos e proxectos de cara á visibilización da edición galega entre os profesionais do sector no Brasil.

A AGE espera que en breve o camiño aberto sirva para permitir contar con fondos da edición galega nas librarías de São Paulo, "materializar a venda de dereitos de diversas publicacións das editoras galegas participantes e a venda de libros traducidos ao portugués para a distribución directa nas librarías". A edición galega quere contar cun espazo permanente nos andeis das librarías brasileiras, a manter en colaboración co lectorado de Galego na Universidade de São Paulo e as sociedades e asociacións galegas.

Tamén agardan colaborar co proxecto de bibliotecas do estado de São Paulo a través do profesor universitario, físico e filósofo Shalon J. Ruiz Goldfarb, promotor e coordinador do “Proxecto São Paulo:un estado de lectores”. Creado en 2003, deseñouse para a "democratización do acceso á lectura", coa captación de fondos para a posta en funcionamento e dotación de bibliotecas de todo o estado.


4.67/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: