Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Visita ás obras do TAV

Zapatero cre que Touriño "acertará seguro" coa convocatoria electoral

Redacción - 17:10 27/08/2008
Touriño e Zapatero, esta cuarta feira

Touriño e Zapatero, esta cuarta feira

O presidente do goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, considerou esta cuarta feira que o xefe do Executivo galego, Emilio Pérez Touriño, "acertará seguro" na súa decisión respecto a se decide finalmente adiantar ou non as eleccións parlamentarias.

"Coñezo a Emilio Pérez Touriño, está só nas súas mans tomar a decisión", indicou Zapatero ao ser consultado sobre esta posibilidade, durante a visita ás obras do trazado do TAV no noso país. Ao respecto, dixo que o ordenamento xurídico-político é "sabio" ao estabelecer que a convocatoria electoral é unha responsabilidade e facultade persoal do presidente.


1/5 (1 votos)


Comentarios (3)

carxeva #1 27/Agosto/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Zapatitos non sexas cínico, viñeches á Galiza a poñer orde nos teus compañeiros (Torito e Pepiño) e a convocatoria terá que ver co que queira o PSOE (xa do PSdeG fica pouco) de xeito que lle favoreza nas eleccións. Ver facerse a fotiña co TAV e demais dá a sensación de vir o rei visitador o protectorado. O que di Madrid vai á misa, xa se ve.
O BNG precisa máis forza nas vindeiras eleccións porque esta xentuza é cuspidiña ao PP.

Outro #2 27/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mirade na web de TEGA, http://www.terra-galega.org a resposta de sta á viaxe de Zapatero para ver as obras do AVE, non ten desperdicio. moi acertados..

xoca #3 28/Agosto/2008 xoca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Quen vai decedir a data das eleizóns autonómicas son Pepe Blanco e Rodríguez Zapatero, O Pérez Torito e Ricardo Varela teñen tanto peso nesta cuestión coma eu, a diferencia e que a eles llo din antes.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



De esquerda a dereita: Touriño, Zapatero, Magdalena Álvarez (Fomento), María Xosé Caride (Política Territorial) e Manuel Ameijeiras (goberno español en Galiza
De esquerda a dereita: Touriño, Zapatero, Magdalena Álvarez (Fomento), María Xosé Caride (Política Territorial) e Manuel Ameijeiras (goberno español en Galiza