Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Vapor vigués histórico

Unha "xoia" do patrimonio marítimo do país en venda

A Asociación de Amigos do Museo do Mar advirte da posibilidade de que tesouros de interese cultural como o barco Hidria Segundo, agora en venda, vaian parar a malas mans.

Redacción - 13:15 29/08/2008

O Hidria Segundo usa propulsión a vapor, cunha máquina de 1905, e en orixe era buque alxibe na ría de Vigo, adicado ao transporte e aprovisionamento de auga para outros barcos. En 1997 comezou a ser empregado para o turismo náutico e para a realización de actividades histórico-culturais, sendo bautizado en 2006 como "o barco da memoria" nun percorrido que o levou a ser visitado por milleiros de persoas. Recentemente fora ademais buque insignia de Galiza no encontro internacional de Brest.

A súa saída á venda debido á imposibilidade económica de mantelo dos actuais propietarios, alertou agora ao colectivo de Amigos do Museo do Mar, que consideran que este barco é unha parte do patrimonio marítimo do país que non debera perder ese papel de referencia. O Hidria Segundo é na actualidade o único barco a vapor que funciona en todo o Estado e desde o colectivo considérano "unha xoia dos mares" e un auténtico "museo flotante", polo que non queren que caia en mans "pouco sensíbeis".

De paso, a asociación aproveita para chamar a atención sobre a existencia no país doutras embarcacións"deixadas á súa sorte". Por este motivo, propoñen que se deseñe un plan "que posibilite unhas condicións estruturais acaídas para activación do noso patrimonio marítimo" e que se cree un rexistro de buques de interese patrimonial, onde figuren aqueles considerados ben de interese cultural.


4,71/5 (7 votos)


Comentarios (15)

ecoe #1 29/Agosto/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É máis que unha xoia, mais o "estadiño rexional" anatómico non é quen, nin os concellos marítimos de maior poderío, grandes e medianos, de facerse ca xoia e dotala de un programa de uso e disfrute anual?

Pois non, para ESO NON TEÑEN MEDIOS!!

Hermerico #2 29/Agosto/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Conselharia de cultura, em vez de soterrar o nosso dinheiro no Gaiás, podia fazer-se cargo. Que nom hai outro como este.

mercedes #3 29/Agosto/2008 mercedes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa vai sendo hora de que non señan somentes particulares, as entidades agrupadas na Fed. pola Cultura Maritima e investigadores como o sueco Morling, Dionisio Pereira, Bernardo Maiz, os propietarios do Hidria, do Nieves e do Nauja e algunhas outras persoas os que miren polo patrimonio.¿Como pode haber tanto desleixo institucional como para permitir a perda dun valor do noso patrimonio colectivo como o Hidria?.
os Amigos do Musdo do Mar poden contar conmigo para facer o que faga falla para salvalo ¿Onde hai que asinar? ¿Onde hai que ir?

charino #4 30/Agosto/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que o compre a Consellería, o entregue ó Museo do Mar e este o empregue para facer actividades propias. É unha idea. Pero ..¿Existe o Museo do Mar? Parece mais ben un chavolo de luxo. ¿Existe a Consellería de Cultura?

Erasmo #5 30/Agosto/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi boa pregunta, charino: ¿Existe o Museo do Mar?

http://www.bunkergraphics.com/...

"Todos os asociados, como membros da comunidade museística, serán interlocutores cualificados para representar aos usuarios en beneficio da mellora do propio museo." Vaites coa asociación!

Eu só sei que cantas veces tentei entrar nese 'parking' vixiantes uniformados déronme para atrás sempre! Que se non se pode pasar coa bici, mentres os coches aparcan dentro, que se hoxe non se visita por obras, nunca vin un Museo que pechara á hora do xantar... remataron xa de poñer o aire acondicionado...? En fin un auténtico desastre!

Amén da barbaridade arquitectónica do César Portela (pero iso xa non ten remedio)... Eu penso co Museo do Mar é un chirinquito moi caro e mal xestionado ate a náusea...!

Pero o 'Hidria Segundo' non ten culpa: ogallá o vexamos atracar no peirao máis inútil que vin na miña vida: o Peirao do Museo do Mar.

Outro #6 30/Agosto/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O abrco deberiá mercalo a Conselleriá e destianlo a museo vivo. É unha pena que parte da nosa historia como é este tipo de barcos desapareza ou quede en mans privadas. É patrimonio de todos e a Xunta debe facer algo para protexelo.

charino #7 31/Agosto/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os xerentes e a fundación da Cidade da Cultura costan moito

mercedes #8 31/Agosto/2008 mercedes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para Charino e máis Erasmo:
Unha cousa é predicar e outra dar trigo.O refrán ven a conto de que coñezo algunha das persoas que levan anos tirando polo Museo do Mar e pola súa Asociación de Amigos, que están desexando ampliar o número de asociados, preferiblemente tan críticos coma vos. Desa maneira, con máis xente, conservar o Hidria e todo o patrimonio marítimo sería máis doado.

charino #9 1/Setembro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Querida Merchi... catalogando pezas do noso patrimonio temos que vernos.

AdronoVeroti #10 1/Setembro/2008 AdronoVeroti
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por diñeiro non ha ser. Xa que en paralelo queren por en marcha un novo museo para recuperar os galeóns de Rande. Fagamos aos poucos, perfilemos un programa, merquemos e conservemos barcos que xa temos, fagamos a investigación arqueolóxica precisa en Rande e cando teñamos todolos datos -incluidos a avaliación dos custes reais da inversión e do mantememto, de acordo coa economía da escala e non só co relumbrón do exemplo do Vasa- demos tamén o paso de recuperalos e facelos patrimonio público.
O que si chama a atención é o aproveitamento dos recursos para a definición dunha marca -indo a Brest, por exemplo, que cumpre ir- e logo non ter capacidade operativa para mantela.

Erasmo #11 1/Setembro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://www.vieiros.com/nova/68...

Imos ver se o entendo: Primeiro faise un Museo do Mar enriba dunha praia (catro columnas dunha cafetería palafito chantadas na mesma area) polo módico prezo de 1.500 millóns das antigas pesetas. Logo pasa non sei canto tempo baleiro e sen proxecto museístico propio. Despois disque se INAUGURA a bombo e pratillo coa exposición ARDE O MAR dos Galeóns de Rande e traénse en préstamo temporal non sei cantas pezas de outros museos franceses... Logo VOLVE PECHAR por Reformas que duran máis dun ano e pico (coido que esta vez trátabase do Aire Acondicionado xa non sei a cifra para estas obras!)

Mentres tanto é de supoñer que os vixiantes xurados e todo o persoal contratado (por Cultura?) debe de cobrar as súa nóminas xa que do contrario estarían nas súas casas ou no paro. (Esquecíame que tamén se fixeron obras no Parking -cadea incluída para impedir que ninguén se achegara á zona non vaia ser-

E despois desta retahíla de despropósitos dis que hai 'una asociación de "amigos" do Museo' que teñen a responsabilidade de turrar da corda?

Se non mo explican mellor... xúrovos que NON O ENTENDO !

¿Existe o Museo do Mar?

papeiro #12 2/Setembro/2008 papeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ademais de preguntar se existe o tal chiringuito, ensaio do que será a Cidade da Incultura -seguindo nas mesmas mans-, preguntenlle á Mercedes se coñece a traxectoria do director, Pablo Carrera, que tanto se sabe vender, do seu anterior traballo, do que contan os que foron os seus compañeiros...

Despois do desastre de emprazamento, aperturas para a galería, e fundamentos escuros, por favor non pidan que unha embarcación que pode dar utilidade ao povo pase a máns duns furtivos!

Calquera asociación, pequeno concello e até empresas privadas mellor que un museo de mentira.

mercedes #13 2/Setembro/2008 mercedes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Asociación de Amigos do Museu do Mar de Galiza, ao calado, sen "trompeteros", leva varios anos apoiando ao director do Museo e turrando para corrixir tanto desproposito na construcción, colaborando para que haxa alí unha magnifica (e perfectible) exposición permanente, para normalizar o funcionament: Erasmo, Charino, Papeiro que vaian por alí e se integren nese asociación, oara traballar, claro.


Sexa o Hidria, o Bernardo Alfageme, o Nieves, etc. entre os grandes barcos, e unha chea de embarcacións máis pequenas, son conservadas por particulares e asociacións; é xa hora de que a Xunta se molle.
Como tantas outras veces estes foron dexeneran, Charino: é unha grosería machista chamarme Merchi.

mercedes #14 2/Setembro/2008 mercedes
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Veño de saber que a Asociación de Amigos do Museo do Mar ten unha xuntanza este sábado. Os arriba escribinter que se achegen ali e pasen polos encontros de embarcaciósn que hasi ese dia en Bouzas ou por Ferrol: nos tres casos verán a cultura marítima viva.

charino #15 3/Setembro/2008 charino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Perdoa Mercedes, era un chascarrillo para distender o debate. O feito de que a chamada Asociación de Amigos leven algúns anos apoiando como ti dis ó director, en vez de esixir o funcionamento do Museo, xa o di todo.

En todo caso, Papeiro, hai que ir a modo coas acusacións anónimas, sobre todo cando o acusado non se pode defender.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete