Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
COMEZA O CAMPIONATO DE FÚTBOL

O primeiro grupo da 2º B estatal fala galego

A numerosa participación permite soñar con repetir os éxitos da 2003-2004, cando 4 equipos galegos ocuparon os primeiros lugares da categoría.

Redacción - 10:45 30/08/2008

Seis dos vinte equipos que disputarán as 38 xornadas de campionato son galegos, sendo Ourense a única das grandes cidades sen representación na categoría. Aos catro equipos que se mantiveron únense o Cidade de Santiago, procedente da Rexional, e o Racing de Ferrol, que descendeu da 2ª división A.

Racing de Ferrol
O equipo dos irmáns Veiga buscará un novo ascenso á categoría de prata do fútbol estatal, de onde chega este ano á 2ªB. Desde o seu ascenso na 1999/2000 á segunda división pasou a maioría do tempo na categoría de prata. Os seus pasos pola 2ªB cóntanse desde entón por ascensos, estatística que tratarán de repetir este ano. Con esa idea volveron apostar por un corpo técnico coñecido, e unha fonda renovación do equipo con 7 novas fichaxes. Esta fin de semana reciben o filial do Sporting de Xixón, no primeiro partido do campionato.

Pontevedra
O club do Lérez cumpre a súa cuarta tempada en 2ª B, despois dun paso fugaz pola división superior. Desde entón, o equipo foi crecendo, e consolidouse como un dos máis fortes na categoría. O ano pasado rematou a liga no segundo lugar, pero foi eliminado polo Ceuta na fase de ascenso. Seis novas fichaxes permiten ao equipo de Rafa Sáez volver a aparecer como un dos favoritos da categoría para o ascenso. O seu primeiro partido lévaos a Euskadi para enfrontarse co Sestao Ríver.

Fabril
O filial do Deportivo disputou a fase de ascenso a 2ª o ano pasado na súa volta á categoría, pero non dar continuidade no campo do Écixa á vitoria acadada na Coruña. Tres novos reforzos axudan a reforzar un bloque que xa demostrou ser competitivo o ano pasado para loitar polo ascenso. O equipo de Rogelio “Tito” Ramallo parte como un dos favoritos ao ascenso. Debuta na casa do Lemona.

Lugo

Despois dun longo período na 3ª división, o equipo lucense consolidouse na 2ª B e o ano pasado loitou por un lugar na fase de ascenso até a última xornada, á que chegou no 4º lugar. A derrota fronte ao Fuerteventura na casa deixou o equipo de Fonsi Valverde na 7ª posición. O club apostou pola continuidade e son só dúas as caras novas que se unen ao proxecto. No seu primeiro partido recibe o Bilbao Athletic no Anxo Carro.

Celta B
É o equipo galego máis veterano na categoría, onde cumpre a súa 9ª tempada consecutiva. A crise económica que afecta ao clube non se notou na elaboración do plantel, que contará con 6 novos xogadores con respecto aos que remataron no 8º lugar o ano pasado. Na primeira xornada enfrontase á Real Sociedade B en Donostia.

Cidade de Santiago

Co ascenso do equipo dirixido por Luisito o fútbol profesional volve á capital galega, catro anos despois de que un Compostela debilitado pola súa situación económica vagara polo grupo segundo da 2ª B. Desde entón, a división foi a tónica dominante no fútbol santiagués, onde chegaron a coincidir tres equipos na mesma categoría. Agora o Cidade de Santiago afronta cheo de ilusión a súa primeira tempada na 2ª B, para a que conta con nove novos xogadores. No plantel santiagués figuran algúns históricos da S.D. Composte, como Changui, Maikel ou Carlos. O reto do Cidade de Santiago comeza en Compostela fronte ao Marino asturiano.


4/5 (2 votos)


Comentarios (11)

sirgulinho #1 30/Agosto/2008 sirgulinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E, se nom estou errado, também está outra equipa da Galiza (neste caso, nom administrativa): a "essedê" Ponferradina!!!

Barcelos #2 30/Agosto/2008 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Habería que levar os micrófonos aos vestiarios destes equipos a ver se de verdade falan galego.

Estrañaríame moito en equipos como o Fabril, o Celta ou o Ferrol e non me refiro só aos xogadores que son de fóra...

Artritris #3 30/Agosto/2008 Artritris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Os irmáns Veiga xa non son os adestradores do Rácing! Dende o comezo desta tempada é Manolo Sánchez! Poñédevos as pilas, Vieiros!

Gaviotero #4 31/Agosto/2008 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

No es estatal, sino nacional. De la Nación española. La única que existe a día de hoy en España.

ulo #5 1/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

porque ti o digas, facha! O que tí dis é mellor que o que din os que pensan que Galiza é unha nacion.
Quén o decide?... ti e os teus amigos do exercito, coas armas.... Eso é dictadura e fascismo.

ulo #6 1/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E non veñas coa constitucion, porque enton tes un problema en Euzkadi, que só votou a favor dela o 28% da poboacion, polo que terías que recoñecer o seu dereito a autodeterminacion (o dereito dun pobo a decidir o seu futuro, por si non o sabías).
Alen máis, na constitucion francesa de 1789 recoñeciase o dereita, un, a rebelion fronte ao goberno inxusto, e dous, que unha xeracion non lle podía impor as xeraciones seguintes as súas decisions.
A maioria da poboacion española hoxe nin nacera nin tivera a posibilidade de decidir no 78 (entre outra cousas porque o voto era para os maiores de 21 anos), e non teñen porque aturar o que fachas como ti votaron (non sei, se eres da corda de Aznar, votarías non, como el).
E por certo, eu votéi NON, por motivos exactamente opostos; porque xa hai 30 anos esta constitucion non era máis cun apaño do xeneral patas cortas, o de "atado e ben atado", o do Pazo de Meirás, o responsabel de centos de miles de mortos e desaparecidos, que morreu na sua cama como moitos dos torturadores e asasinos como o Carnicerito de Malaga, máis coñecido como Arias Navarro, ou o nos inclito Fraga, responsabel das matanzas de Vitoria 76 e Montejurra.
E non me contestes, que con fachas non discuto,.... é intelectual e politicament inutil
Ata nunca.

Hermerico #7 1/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Desafortunado cabeçalho
Fala galego...como Lendoiro ou como o pailám do Sergio?

roixordo #8 1/Setembro/2008 roixordo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

non Hermerico, como os señores Horacio Gómez e Mouriño, non te fode...

mceleiro #9 1/Setembro/2008 mceleiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que bem! Os jogadores da seleção galega (esses partidinhos "amistosos" do "dia das inocentadas") também falam todos galego.

El gallego va bien!!!!

Hermerico #10 1/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Nom te confundas roi xordo, nom vai por aí. Celta, Depor (e os outros clubes "galegos")a mesma merda é

condedecotobade #11 2/Setembro/2008 condedecotobade
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver se algún día algunha federación autonómica (supoño que sería moito pedir que partise da galega)dase conta de que a 2B é unha merda de categoría nada rendíbel para os equipos e acaban con esa rémora do pasado.
Cos 6 equipos de 2B e 12 equipos da 3 pódese crear unha Liga Galega competitiva na que a afluencia aos estadios sexa moito maior pola proximidade dos contendentes e a posíbel cobertura informativa dos medios galegos.
E non se trata de rachar España nin nada semellante. Os 2 mellores equipos de cada autonomía poden xogar un play off para acceder ás categorùias profesionais do futbol español (1 e 2) e listo.
Creo que sería moito máis útil que a Copa Galiza esa que non serve para nada

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: