Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DEPORTE POPULAR

A segunda edición da "Mostra de xogos e deportes tradicionais" congregou a perto de 50 entidades

Santalla (A Pontenova) acolleu este evento no que participaron asociacións de Portugal, Euskadi, Asturias, Castela León e Galiza.

Redacción - 09:45 02/09/2008

Torneo de bolo celta, da chave, da billarda ou de tirapedras. Os xogos tradicionais volveron a Santalla (A Pontenova) na segunda edición da Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais, na que competiron asociacións portuguesas, vascas, asturianas, leonesas e galegas. A vila lucense, na que habitualmente só viven trinta veciños, reuniu nesta fin de semana a perto de catro mil persoas, moitas das cales participaron activamente en todas as propostas lúdico – deportivas.

Disputáronse unhas cen actividades, nas que estiveron 50 asociacións diferentes, polo que se pode dicir que a xornada foi ben completa. Iniciouse a primeira hora co torneo de bolo celta, seguido do de chave e do de billarda. Ao tempo, a Federación Bizkaína de Xogos e Deportes Vascos ofreceu exhibicións de levantamento de pedras e de fardos. Seguidamente, os asturianos do Club Deportivo 6 conceyos amosou o corte de troncos en altura, tanto con hachu como con tronzón.

Xa pola tarde, houbo unha exhibición de loita tradicional e celebrouse o campionato de tirapedras, organizado pola Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, e o de soga – tira, no que até un cento de persoas se sumaron a arrastrar do cabo dunha corda. Non faltou tampouco a festa nin a música, que correu a cargo de Treixadura Gaiteiros e Orfeón, ademais do grupo portugués Chuchurumel.

Entrega de premios
Os resultados das competicións depararon os seguintes gañadores: Fernando González de Bolos do Ceán, de Nigrán, foi o vencedor no torneo de bolo celta; A Asociación Cultural Deportiva da Chave, de Ourense, gañou no torneo de chave; Daniel dos Billardeiros venceu na billarda; e José Luis González foi o primeiro no torneo de tirapedras.

Ademais, a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia aproveitou o evento para entregar os trofeos da Liga Galega de Chave, que deixou no liderado á Asociación Cultural Deportiva da Chave de Ourense.


5/5 (3 votos)


Comentarios (8)

piorno #1 2/Setembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Avante os Jogos Olímpicos Tradicionais!

Ao pé de Santalha está o Couto de Salmeám, nas margens do Eu, onde Franco ia pescar no verão. Dizem os paisanos da zona que um mergulhador se metia sempre na água para lhe ir prender as truitas no anzol e assim, a Sua Excrecência (perdom, Excelência) poder presumir de grande pescador.

Conta umha minha prima que passeando por ali de pequena viu um velhinho a defecar, de calças baixadas e levantado no ar por dous senhores com tricórnio (história real). Quem seria?

carxeva #2 2/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A ver, que é que en galego non existe palabra para "Hachu" foder!!! MACHADO, MACHADA, BROSA. Se seguides así poñede a nova tamén en bable.
E en galego utilízase moito máis LUGUESA que lucense (moito máis chic castelanista).

carxeva #3 2/Setembro/2008 carxeva
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, por que estes da Liga de Deportes Tradicionais sempre lle van dar votos ao alcalde da Pontenova que é do PSdeG? Cando esta iniciativa saiu hai anos de xente vencellada ao nacionalismo. Non a poden facer noutro concello? Hai varios nacionalistas arredor con moita tradición destes deportes: Mondoñedo, Riotorto e Ribadeo.

inuit #4 2/Setembro/2008 inuit
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Piorno: xa sei quen es tu!

piorno #5 3/Setembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois, pois, amigo/a inuit. Sabia que contando tal cousa existia esse risco, mas também pouca importância che tem, dado que as pessoas que conhecem essa história som de confiança, ;).

Saudações, anónimo/a amigo/a.

Tino #6 3/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Menos mal q Ourense dá algo mais ca cromangons: noraboa aos campións de chave.

Hermerico #7 3/Setembro/2008 Hermerico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Redactores/as de Vieiros, imos começar um curso de galego para castrapistas, de momento só os cabeçalhos: Nom é "congregou a perto de...", é "congregou perto de ...". O objecto directo nom leva preposiçom. Ide em paz e nom pequedes mais

peisano #8 5/Setembro/2008 peisano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Para Carvexa: A Mostra de Xogos Tradicionais fíxose e faise en Santalla porque é unha iniciativa de veciños de Santalla, que ben que o curran. Así que cala a boca, vaia concepción do país que tés, meu neno, segundo ti só se poden facer cousas en concellos gobernados polo Bloque. Vaia sectarismo. Un da Pontenova que vota Bloque.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: