Adega e os colectivos veciñais anuncian medidas legais contra os proxectos das piscifactorías, mais din confiar máis na utilización da presión social.
Unha semana despois da aprobación do plano acuícola, as diferentes organizacións que se opoñen á súa posta en marcha veñen de analizar polo miúdo as súas repercusións, así como de anunciar as iniciativas coas que tentarán frealo. Adega, a Asociación A Pergoliña de Camelle, a Plataforma Medioambiental de Corrubedo e a Plataforma pola Defensa do Patrimonio de Quilmas cualificaron o plano acuícola como a "meirande agresión á costa galega dende o Prestige" e adiantaron que presentarán unha denuncia fronte á Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Esta actuación basearase, segundo afirman, en que ningún dos 24 parques de acuicultura contemplados no plano ten permiso de verquido ao mar, nin se prevé que se doten dun sistema de depuración de afluentes axeitado como obriga a Unión Europea.
Ademais, en canto o plano acuícola apareza publicado no DOG, os colectivos veciñais e ecoloxistas presentarán un recurso contencioso administrativo contra o conxunto do documento. Entenden que vulnera a Lei de Protección da Paisaxe, a Lei de Costas ou a Lei da Conservación da Natureza, entre outras normativas. Outra das iniciativas legais será a de presentar unha denuncia ante a Unión Europea para informar da insustentabilidade do proxecto, achegando información sobre o destino dos fondos comunitarios que esta institución presta para a pesca, unha cifra que chega até os 390 millóns de euros. Asemade, dende o traballo nos concellos, promoveranse declaracións de Espazos Naturais de Interese, unha cualificación que valora os espazos con alto valor ambiental e que depende dos gobernos municipais. Finalmente, a última das medidas legais será a de continuar a traballar na promoción dunha Iniciativa Lexislativa Popular, que amose o rexeitamento popular que ten o plano acuícola. Doutra banda, o desenvolvemento de cada un dos 24 plans sectoriais atopará alegacións individualizadas por parte destes colectivos.
Sen embargo, tanto veciños como ecoloxistas din non confiar excesivamente na xustiza e consideran que o principal factor da súa loita será a presión social. "Pararemos as máquinas se é preciso", din apelando a loitas históricas como a das Encrobas ou a que liderou con éxito Adega contra a piscifactoría de Foxolongo en Ribadeo.
"O PP beneficiaba a Pescanova e o PSOE a Stolt Sea Farm"
As diferentes organizacións amosáronse moi molestas coa decisión tomada polo goberno da Xunta. Acusan directamente a Emilio Pérez Touriño e á conselleira de Pesca, Carmen Gallego, de sacrificar o potencial e os recursos do noso litoral para deixalos nas mans das "transnacionais do peixe de plástico", así como de dar continuidade ao proxecto aprobado 'in extremis' polo goberno popular. Recordan que o Plano Acuícola sae adiante sen o visto bo nin de Política Territorial nin de Medio Ambiente, consellarías que dependen do propio PSdeG, ademais de non contar co apoio da Comisión de Secretarios nin dos socios de goberno nacionalistas.
En canto á afección da Rede Natura, acusan de falsidade ao Goberno ao dicir que é mínima. Pola contra, falan de 540 mil metros cadrados de espazos naturais que serán ben destruídos fisicamente, ben degradados por mor do impacto nos seus ecosistemas. Asemade, negan que se vaian a crear os dous mil postos de traballo anunciados, xa que na actualidade, as 27 plantas que funcionan só dan emprego a 525 traballadores. Ademais, prevese que as novas fábricas inclúan sistemas máis automatizados que prescindan da man de obra. Finalmente, enumeran as razóns polas que este non é un plan sustentábel, tal e como o define o goberno: polos riscos derivados dos seus verquidos, pola súa proximidade á costa, ou porque non se tivo en conta ás necesidades da poboación afectada, todas estas esixencias da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación), que avoga pola sustentabilidade da acuicultura.
Medio Ambiente achaca as críticas a motivacións políticas (Ampliación: 18:50)
O Conselleiro de Medio Ambiente amosouse sorprendido por estas denuncias: "isto é un problema máis político que ambiental", dixo sobre as intencións de Adega e dos colectivos veciñais de levar ante a Unión Europea o Plano Acuícola e de recorrer á presión social. Manuel Vázquez falou de "motivacións políticas" e acusou á entidade ecoloxista de "agocharse detrás de políticas ambientais". Neste sentido, recordou que o proxecto defendido polo goberno popular "invadía case ó 50% da Rede Natura, sen que Adega presentase contencioso ningún" e lamentou que o faga "precisamente agora cando non se sitúa ningún novo desenvolvemento na Rede Natura".
E bastante peor este plano acuícola que o Prestige. O chapapote, sendo unha catástrofe, pode limparse, os millóns de metros cadrados de costa adicados ao Plan acuícola que quedarán baixo miles de toneladas de formigón quedarán ahí para sempre.
Isto é un escándalo, e despois van estes políticos por ahí falando de "Galicia, Galicia". Hipócritas.
As eclaracións do consellerio Patxi Vázquez que recolle La Voz non teñen desperdicio "o Conselleiro son eu", autoritarismo ao máis puro estilo Fraga, e que ten que dicir o vicepresidente á prepotencia dun conselleiro do seu goberno?, sabemos que Touriño non o vai corrixir porque é coma el pero Quitana suponse que é o vicepresidente da Xunta, de toda a Xunta, ou só dos seus?
Do q me estou fartando un pouco é de que algúns comentaristas xa levan uns meses cargando contra o BNG sen probas.
Podemos comezar polo de Reganosa, onde os de IU-EU-oi-ai-carallo encheron todos os xornais con comentarios contra o BNG, e nunca se oía nada contra os verdadeiros culpáveis q lle chantaran a gasificadora alí: PP, Psoe e IU.
O labor do Vicepresidente (esperemos q Presidente nacional proximamente) é estar onde ten q estar e cumprir coas suas responsabilidades no cargo, e se ten q bailar cos vellos pois faise (unha vez ao ano non fai dano e non é comparável para nada co dos bailes de Fraga todas as semanas). Pois os de Nós-Up&Down a cargar contra o Bloque, e o resto calamos.
Tamén podo incluír aos da Frente Popular chinesa, digo...Galega.
Pois xa me fartei, non lle vou calar a ningún deste q se agachan tras a súa máscara de defender o povo e a verdade única e universal, criticando sen base real e facéndose eco das noticias mais morbosas.
A ver , os expulsados do BNG de Ferrol por ser contra Reganosa, fazede um indeciso
Hemerico, o "indeciso,, xa cho fago eu.
A Xunta ten a competéncia para dar as licenzas a gasificadoras coma Reganosa, q cumprindo todos os requisitos q lle impón o império español e europeu, a Xunta non se pode negar, sob pena de multas multimilionárias e a ameaza do Estado de tirar-lle as competéncias delegadas à Xunta, e de quitado, o clima social q se crearia coa maquinária do Estado contra as Consellarias do BNG (guste-nos ou non controlan grande parte dos meios e terxiversan como todos sabemos).
E aos do BNG q non lle guste as decisins q se toman en asembleas e desde a dirección xeral elixida democraticamente, ou van-se o bota-nos.
Desculpa Tino. Isso é o que eles dizem. Há várias decenas de normativas do Reino de Espanha e da União Europeia às que referir-se para justificar uma denegação. Só tens que ir a qualquer nova de Reganosa em Vieiros, e nos eternos debates entre Esparnano e Xustiza, este último usuário envia-as continuamente.
Por desgraça, a direção geral do bloco deixou de ser a cabeça das bases, tradicionalmente ligadas a movimentos sociais, para ser cos cãozinhos fiéis dessa neo-burguesia galega que pretendem criar. A democracia interna é mais teórica que real.
Militantes como tu, deveríais ser críticos e mudar os erros desde dentro na vez de negá-los e justificar o injustificável. Porque Reganosa, licenças a parte, é uma barbaridade. E o que é incrível é que no bloco haja pessoas a favor.
Reganosa nom está a menos de dous quilómetros de qualquer núcleo de populaçom. Isto é um facto incontornável. Por tanto é ilegal, e todos os permissos, autorizaçons que se dam eles a si mesmos som delitos de prevaricaçom. E isto sem passar a outras consideraçons.
Em segundo lugar, admites que esta gente foi expulsa por ser contra Reganosa, e nom polas mentiras aduzidas pola upegalhada. Bem, isso já é um progresso.
No tema dos médios, teriam que ter protegido e potenciado os próprios e nom entregá-los ao inimigo, em vez de lamber o cú infructuosamente à Coz de Alícia e demais panfletos e emisoras espanholistas.