Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Trixésima edición

Máis dun cento de participantes no Rally San Froilán que comeza este venres

A proba divídese en dez tramos, cinco distintos, repartidos polos concellos de Lugo, Begonte, O Corgo, Guntín, Láncara e Outeiro de Rei.

Redacción - 13:30 03/09/2008
Cartaz da proba

Cartaz da proba

A trixésima edición do Rally internacional San Froilán, que se desenvolverá a fin de semana, presentouse oficialmente este martes en Lugo fronte ao pazo de San Marcos, sede da Deputación provincial. En total, a proba contará con 110 participantes.

A competición, organizada pola Escudaría Miño, dará comezo o sábado e finalizará o domingo ás 14.30 horas coa entrega de trofeos. No entanto, o venres levaranse a cabo as verificacións técnicas e administrativas no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, onde se reunirán todos os vehículos.

A proba divídese en dez tramos, cinco distintos, repartidos polos concellos de Lugo, Begonte, O Corgo, Guntín, Láncara e Outeiro de Rei, que suman 407,1 quilómetros, máis de 115, cronometrados.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: