Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
MÚSICA TRADICIONAL

Fuxan os ventos regresa aos escenarios

Un dos grupos máis influíntes na música galega das últimas décadas actuará no Auditorio de Galicia o 18 e o 19 de outubro.

Redacción - 18:00 03/09/2008

Case dúas décadas despois da súa última actuación, volve o grupo Fuxan os ventos. E farao mediante o espectáculo Terra de soños. Membros da mítica banda de música tradicional galega subirán ao escenario na compaña dalgúns dos seus mellores amigos para reinterpretar algúns dos seus grandes éxitos, tanto para aqueles que viviron a súa época de efervescencia como para novos públicos que medraron coa música de Fuxan os ventos como trasfondo.

O espectáculo, que se vai presentar no Auditorio de Galicia, en Compostela, o 18 e o 19 de outubro, dentro do ciclo Sons da Diversidade, da Concellaría de Cultura da cidade, contará con arranxos de Xosé Lois Romero, quen tamén dirixirá unha banda que servirá de acompañamento. Colaborarán destacados músicos do panorama galego actual, que lle darán un novo aire ás composicións de Fuxan os ventos, cunha mestura entre a canción popular galega e as novas formas de expresión do novo folc.

Fuxan os ventos volve contactar co público nun momento en que se recoñece e se pon en valor a súa achega á cultura galega contemporánea, despois de ter oito discos editados e unha traxectoria de tres décadas.

O grupo fundouse en 1972 co nome de Folk 72, para participar no Festival musical das San Lucas de Mondoñedo. Xusto despois adoptou a denominación de Fuxan os ventos, que era o título da canción coa que gañaron o festival. O seu primeiro disco, do mesmo nome ca o grupo, publicouse en 1976.

Este foi un dos seus meirandes éxitos, Sementeira, que lle deu título ao seu cuarto álbum, publicado en 1978. O tema ten letra de Lois Álvarez Pousa e música de Xosé Luís Rivas Cruz.


5/5 (23 votos)


Comentarios (18)

lugris #1 3/Setembro/2008 lugris
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que regresen de novo aos escenarios Fuxan os Ventos é unha grande noticia para a música galega. Parabéns

chegaliza #2 3/Setembro/2008 chegaliza
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

que escoiten todos estes casteláns falantes.
QUE IMPORTA QUE NOS MATEM SE DEIXAMOS SEMENTE DE VENCER.

UnDeTantos #3 3/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sen dúbida,boa nova

BonKarallan #4 3/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Boa nova. Ben por Fuxan os Ventos. Góstanme de karalho.

Tino #5 4/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Será esta unha premonición do q pasará co BNG.
Desde logo, nestes dias volveron repetirse os mesmos de antano: nas primeiras eleccións democráticas do imperio español, o BN-PG obtivo uns resultados absolutamente inesperados, mais eles mesmos cavaron a sua propia tumba, non podendo recuperarse até agora.

Eran tempos de cancións dos Fuxan q falaban de esperanza e ao mesmo tempo de tristeza: hai uns dias un grupo do BNG pedía cambiar a forma de elección do candidato a presidente da nación xusto uns meses antes das eleccións (fosen dous meses ou fosen oito, ainda non se sabía).

Coido q no BNG precisa unha renovación de vellas glorias, expertas en facerse o hara-kiri. Eses tempos xa pasaron, e o BNG ou se adapta ou está condenado a morrer...e miles de galegos detrás.

barravaite #6 4/Setembro/2008 barravaite
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

qué nova tan ilusionante. Moitos de nós ainda non naceramos e só os coñecemos por gravacións. Será para non perdelo. Cántos temas aprendemos da discografía deles como aquelas Encrobas, ...

Outro #7 4/Setembro/2008 Outro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Benvidos de novo e longa vida.

piorno #8 4/Setembro/2008 piorno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Avante Fujam! Avante o Téquele-Téquele! ;)

Requesende #9 4/Setembro/2008 Requesende
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fuxan os Ventos nunca marchou. Os actuais integrantes do grupo manteñen, supoño que por razóns legais, o vello nome. Está ben que sigan cantando, se así lles presta.
Pero hai que saber que os homes máis coñecidos de "Fuxan", Mero e Mini, continuaron sen interrupcións na música tradicional e na música de afirmación nacional e reivindicativa. E felizmente continúan. Viviños e dando guerra día a día. O seu grupo chámase "A Quenlla" e traballan e cantan e denuncian día a día.
Aínda teño na cabeza a súa actuación en Calo a semana pasada, a beleza e a forza da poema de Celso Emilio "irmaus" "...como un irmau che falo..."

Mearius #10 4/Setembro/2008 Mearius
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Olá boas, benvidos de novo, Fuxan
5, todo serve para dar tralla ao bng. Falando de hara-kiri, teremos que estar revisando a cotío os acordos e decisións tomadas en asemblea, ou imos aceitar, ao cabo, as decisións da maioría????

Vakaloura #11 5/Setembro/2008 Vakaloura
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Benvidos: Fuxan os Ventos. Escoiteivos en directo por primeira vez aló polo 1.979. ¡Xa pasou moita auga por debaixo da ponte! Todos disfrutamos coa vosa música. Algunha vez sentimos tristura, pero tamén nos axudastes a a ter espranza. Coa aquela "Cantiga de berce" arrolei aos meus fillos: durme meu neno durme que os tempos de chorare van pasando......mira ista lingua de probes......ligua excrava......ista terra non ten odio...ten séculos de espranza....que pon hoxe nos fillos que amamanta.....¡Noraboa! Faredes felices a moita xente. Tamén infelices a outros pouquiños, pero terán que roervos, sobor de todo os castelán falantes que odian ao galego...¡hai.. Gaivota..Gaivota..!o que che espera. Pois a darlle o tequeletequele.¿Imos?

Tino #12 5/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#10 Iso mesmo era o q eu kería dicir, tal vez non me expresei claramente.
En fin, q o país facemo-lo todos dia a dia, e pode-se construír sen destruír.

sera-io-fim #13 5/Setembro/2008 sera-io-fim
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

NOM VAI HAVER NENGUMHA NOVA EM VIEIROS RELATIVA AO FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO????!!!!

http://www.scdcondado.org

zulu #14 6/Setembro/2008 zulu
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Durante anos pregunteime que sería daqueles mozos das barbas e daquelas mozas co pelo liso e longo que tiña visto de rapaz na tele. Logo fun atopando discos deles e tamén identificando algúns na súa actividade actual. Sigo emocionandome coas súas cancións que teñen tanto ou mais mais sentido ca antes.

galaico #15 7/Setembro/2008 galaico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Sen Mini e sen Mero non son Fuxan os Ventos, son un sucedaneo que vai e ven.

prismos #16 7/Setembro/2008 prismos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E vam cantar a cantiga das Encrobas? eu dirialhes q a adaptaram aos nossos tempos e falaram d Reganosa,do plano acuicola ou do Courel.

elianinha #17 8/Setembro/2008 elianinha
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

estou con http://www.vieiros.com/nova/68...

Mourelos #18 7/Outubro/2008 Mourelos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Xa estamos coas lerias... é que Galiza non se merece ter realidades como A Quenlla (que tamén fun ver a Calo en "Música na Noite") e Fuxan os Ventos (que penso ir ver o día 19)... é que acaso temos que escoller. Cantos grupos se transformaron en outros e iso enriqueceu en vez de empobrecer, fora os motivos que os levaran a ese punto. Eu acollo con ledícia a nova, e non escollo.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: