Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
OBITUARIO

Morreu Luciana Stegagno, unha das principais especialistas en literatura galego-portuguesa

A filóloga italiana publicou traballos que difundiron internacionalmente a nosa lírica medieval.

Redacción - 12:00 04/09/2008

Morreu a filóloga italiana Luciana Stegagno Picchio, una das principais especialistas en lírica galego-portuguesa medieval de Europa, con arredor de medio millar de traballos publicados na área da cultura de expresión lusófona. A profesora Stegagno era profesora emérita da Universidade de Roma La Sapienza, onde dirixiu durante décadas o departamento de Lingua e Filoloxía Románica.

Os traballos de Stegagno tiveron repercusión alén das fronteiras italianas e contribuíron á difusión da literatura galega, portuguesa e brasileira no mundo. A profesora visitou Galiza en varias ocasións, onde participou en congresos de lingua e literatura. O seu pasamento produciuse na capital italiana o 28 de agosto aos 88 anos de idade. O mundo da cultura do país lamentou a súa morte, do mesmo xeito ca a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo.


5/5 (11 votos)

Comentarios (3)

galeguzo #1 4/Setembro/2008 galeguzo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Mais em:http://www.instituto-camoes.pt...

Tino #2 5/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Seguro q non era amiga do Steiner ese...

Indixenanoapartheid #3 5/Setembro/2008 Indixenanoapartheid
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Filóloga de verdade. Outras presumen de título e se adican a sementar miseria cultural e moral. Triste nova para a nosa lingua.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: