Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Clausura da convención republicana

"Loitade comigo!", pide o veterano do Vietnam John McCain

O xa oficialmente candidato republicano á Presidencia de EUA volveu lembrar o seu cativerio no país asiático durante o discurso de aceptación.

Redacción - 10:00 05/09/2008
John McCain, acompañado pola súa muller, Cindy

John McCain, acompañado pola súa muller, Cindy

A convención republicana quedou clausurada esta quinta feira co discurso de aceptación do seu candidato presidencial, John McCain, que utilizou un ton sosegado -moi distinto ao da súa número dous, Sarah Palin- apelando aos sentimentos da audiencia e con eloxios para o seu rival, Barack Obama.

McCain dixo recibir o nomeamento con "agradecemento, humildade e confianza", e volveu lembrar a súa experiencia militar e o seu tempo como prisioneiro de guerra en Vietnam, época na que se "namorou" do seu país.

Seguindo polo mesmo camiño, o candidato presentouse como "loitador" tanto da vida como da política. "Teño o historial e as cicatrices que o demostran", dixo, e emocionou aos presentes pedíndolles: "Loitade comigo!".

Político independente

O republicano tratou de incidr na imaxe dun político independente que non casa nin co seu propio partido e que está disposto a unha reforma a fondo do sistema. Neste senso, afirmou que cómpre cambiar moitas das cousas que fixo o goberno de George Bush, sobre todo en materia económica.

"Estenderei a man a calquera que me axude a facer progresar este país de novo", dixo en alusión a Obama, do que noutro momento afirmou directamente que "ten o meu respecto e a miña admiración".

"Manterei os impostos baixos e rebaixareinos máis cando poida, o meu opoñente aumentaraos. Abrirei mercados para os nosos bens e servizos, o meu opoñente pecharaos. Reducirei o gasto do goberno, el aumentarao", resumiu para contrastar as súas propostas coas de Obama.

Tamén tratou temas de política internacional, e asegurou que como presidente estabelecería "boas relacións con Rusia para que non haxa que temer unha nova Guerra Fría", mais sen mirar cara a outro lado fronte a "unha agresión" a Xeorxia que "ameaza a paz e a estabilidade do mundo e a seguridade dos americanos".


Ligazóns

1/5 (2 votos)

Comentarios (5)

Tino #1 5/Setembro/2008 Tino
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu tamén loitaba contigo e na primeira oportunidade metia-che unha bala na cabeza a ti e ao auto-Bush.
Neo-cons fascistas.

ulo #2 5/Setembro/2008 ulo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

ANCHORAGE, Alaska (AP) _ La gobernadora de Alaska y ahora candidata republicana a la presidencia de Estados Unidos, Sarah Palin, afirmó hace tres meses que Estados Unidos envió tropas a la guerra de Irak para efectuar una "tarea que viene de Dios".

En un discurso en junio pasado ante estudiantes de ministerio evangélico en su ex iglesia, Palin los exhortó a que oren por un plan para construir una tubería de gas natural en el estado, de 30.000 millones de dólares, afirmando que se trata de "la voluntad de Dios".

Palin también pidió a los estudiantes que oraran por las tropas en Irak, y subrayó que su hijo mayor, Track, se había enrolado en el ejército y esperaba su traslado al frente.

"Nuestros líderes nacionales los están enviando para realizar una tarea que viene de Dios", dijo ella. "Tenemos que asegurarnos de que estamos orando por eso, que hay un plan y ese plan es el plan de Dios", agregó.

Un video del discurso fue colocado en la página en internet de la iglesia, Wasilla Assembly of God, antes de ser copiado y subido a otros sitios en línea.

Palin dijo a los estudiantes que se graduaron de la escuela de la iglesia: "Necesito llegar a un acuerdo con ustedes". Palin dijo que mientras los estudiantes prediquen el amor de Jesús a lo largo de toda Alaska, ella trabajaría por realizar la voluntad de Dios desde su puesto como gobernadora, incluyendo la creación de trabajos para la construcción del gasoducto que lleve gas natural desde North Slope hacia el sur.

"La voluntad de Dios tiene que hacerse con la unificación de las personas y las compañías para conseguir que se construya esa línea de gas, así que oren por eso", dijo.

E ista sra non é fundamentalista... So son fundamentalistas os islamistas... os cristianos que ata para unha liña de gas, falan de deus, non o son... son democratas.
Porque se en xeral as súas declaracions son demenciales, a ultima liña na que pide rezar por unha liña de gas para as compañias petroleiras, non ten desperdicio.
Que deus nos colla confesados e ista tipa gaña. Obama non sera moito mellor -deus nos EE UU é como Ala para Bin Laden, o seu inspirador; o problema é que deus nin ala (o que é unha redundancia, porque refirense o mesmos "ser supremo", existen-, mais é máis comedido. Esta sra ten máis perigro que unha mona cunha caixa bombas... nucleares.

alboiando #3 5/Setembro/2008 alboiando
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

eu tamén rezo pero nada!

BonKarallan #4 5/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A MeKaín e máis a Chindi ista, pásomos por debaixo do karalho

Gaias #5 5/Setembro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Este ten ainda mais perigo ca Bush, e xa e dicir (11S,guerra de irak e afganistan,etc).

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: