Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
Segunda edición de Nsaio no Camiño

E gañou... Som do Galpom

Gravarán un disco nun dos mellores estudos do Estado e asinarán un contrato cunha discográfica e máis un acordo de management.

Redacción - 14:40 08/09/2008

Os rapaces de Som do Galpom foron os gañadores da segunda edición do Nsaio no Camiño na final que tivo lugar o pasado xoves día 4 en Lugo. O Nsaio é unha iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude para difundir a cultura musical do noso país e dar a coñecer os músicos e grupos máis novos.

Som do Galpom gravarán un disco nun dos mellores estudos do Estado Español e asinarán un contrato cunha discográfica estatal e máis un acordo de management. Á parte, o seu traballo será distribuído e promocionado por unha das entidades musicais máis importantes da Península.

Na grande final do Nsaio, certame ao que se presentaron uns 150 conxuntos, actuaron os cinco grupos que resultaron finalistas das cinco categorías a concurso: Maryland, Som do Galpom, Telémaco, Loba Loo e Sínefres e unha banda histórica: o conxunto latino-estadounidense Los Lobos.

Som do Galpom actuou ademais este sábado no Foundation Reggae Festival do Burgo (Culleredo), como premio por gañar tamén o IV Concurso da A. C. Negus.


4,33/5 (6 votos)


Comentarios (4)

bertus #1 8/Setembro/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Parabéns a Som do Galpom.
Vinos actuar un par de veces haberá un e dous anos. Polo que sei, na de fai dous tocaron de balde (seguro que non foi a única) e na de fai un (con notable melloría) por catro pesos nun auténtico galpón que cheiraba a raios. Agora recollen os froitos que sementaron con traballo e perseverancia de galpón en galpón.

patrigz #2 8/Setembro/2008 patrigz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Son do Galpom, oleeeee!! parabens veciños

UnDeTantos #3 8/Setembro/2008 UnDeTantos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Noraboa e a tirar padiante!!

piugo #4 8/Setembro/2008 piugo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

para os de VIEIROS: dise estudar e estudos, pero estudio, que é un anglicismo, se cadra leva I, non si? Coido que cómpre revisar a ortografía, aínda que non estou seguro. Saúdos.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: