Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Medre "exponencial" dende hai 20 anos

A toxicidade elevada nas vieiras é "consecuencia" da contaminación das rías

O catedrático de Biozooloxía Mariña da USC e director da Estación de Bioloxía Mariña de Ferrol, Vitoriano Urgorri, advirte do perigo da ASP.

Redacción / Europa Press - 14:30 09/09/2008
A contaminación das rías aumentou nos últimos 20 anos / Foto: Manuel Boo

A contaminación das rías aumentou nos últimos 20 anos / Foto: Manuel Boo

A contaminación rexistrada nas rías do noso país, cos mellores bancos marisqueiros de moluscos bivalvos, aumentou "exponencialmente" nos últimos 20 anos, e a presenza elevada da toxina 'amnésica' (ASP) nas vieiras é "consecuencia" directa desta, segundo Vitoriano Urgorri.

O catedrático de Biozooloxía Mariña da USC e director da Estación de Bioloxía Mariña da Graña, en Ferrol, apunta ademais que as zonas de maior riqueza produtiva coinciden, precisamente, coas cinco áreas do litoral onde máis se degradou a calidade das augas: Ferrol, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Arousa.

O incremento da poboación, a ausencia de depuración dos residuos urbanos, a filtración de fertilizante e outros produtos químicos, así como a actividade industrial e portuaria son os factores que máis contribuíron a esta situación, expuxo Urgorri. A contaminación dos ríos contribúe a agravar esta situación ao desembocaren no mar, sinalou. "Estamos matando a galiña dos ovos de ouro", advertiu en relación á riqueza marisqueira e pesqueira de Galiza.

Trastornos no sistema nervioso

Ademais, o profesor universitario considera que como os trastornos no sistema nervioso que produce a ASP chegan "a medio e longo prazo", os consumidores minimizan a gravidade de inxerir vieira sen ter en conta a súa procedencia. "Pensan que por unha vez que as tomen non pasará nada", apuntou, e engadiu que "a xente consome vieiras da ría alegremente".

Respecto da investigación que se está a levar a cabo estes días, Urgorri sinalou que o ano pasado se soubo dun pedido de 1.500 quilos de vieira fresca, recollida na Ría de Ferrol, para restaurantes de Compostela e das Rías Baixas. Neste senso, reiterou que a única que se pode consumir é a que se extrae das zonas que autoriza o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar).


5/5 (9 votos)

Comentarios (12)

BonKarallan #1 9/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Moi lóxiko (Tóxiko-Lóxiko...).

Koidábamos kera o kontrario da bicipersa.

semprecelta #2 9/Setembro/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pois se nestes vinte anos foi todo ao carallo, como estaremos dentro doutros vinte...!

Carlinhos #3 9/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Que fizerom nestes quase quatro anos em matéria de depuraçom de augas? Alguém o sabe? Eu lim e ouvim algo de projectos de depuradoras; mais o mesmo que lia e ouvia desde os tempos de Geránio Fernández Enflor e quando as inauguravam já eram insuficientes.
Nem um peso mais para passeios fluviais nem marítimos enquanto as águas do "País das Mil Cloacas" nom estejam saneadas.

semprecelta #4 9/Setembro/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Pregunta de Trivial:

Depura o seu concello a auga do sumidoiro, do cagadoiro, etc. que sae da súa casa?

(Pregúntelle ao alcalde da Coruña, Ferrol, etc. a ver que lle responde)

BonKarallan #5 9/Setembro/2008 BonKarallan
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Koma din Tonhi Vicente. "Isto proba ke minhas vieiras son galegas, da mesma ría de Reganosa"

semprecelta #6 9/Setembro/2008 semprecelta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E cambiando de tema. Comentario muito interesante nunha das noticias relacionadas:
http://www.vieiros.com/nova/68...

"Hai unha memoria da fame nas raiceiras do noso inconsciente. Lembro cando os traballadores da Bazán apañaban as robalizas instaladas ao abeiro dos barcos, papábanas mesmo con sabor a piche. O caso era apañalas de balde e facer compango. A sociedade furtiva existe en todo o mundo.Nalgures é unha variante de lecer para o desocupado, chámese desempregado, sobrevivinte ou veraneante asalariado. Daría para unha reportaxe psicoanalítica pescudar o comportamento furtivo daqueles que veranean na nosa costa, armados de trueiros, salabardos e outros aparellos de cacha.Na Galiza foi sempre una faceta vital bàsica cando non había críticos que apuntaran os problemas sociais e sanitarios.Daquela era o furtivismo unha forma de comunitarismo que tiraba a fame con sacas de berberechos. O furtivismo organizado cando colleita titulares xornalísticos ven ser un novo cenario para as novas roupas do emperador.Quen usa e abusa das vieiras ? Eche como as drogas.A ver, quen foi o último en ir xantar cociña de vangarda?"

Carlinhos #7 9/Setembro/2008 Carlinhos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

http://br.youtube.com/watch?v=...

lura #8 10/Setembro/2008 lura
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Encol da fotografía que ilustra esta nova, non anda alguén a falar do traslado de esta "ecolóxica" empresa a Pontes ou Cerceda?

perezgulin #9 10/Setembro/2008 perezgulin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Contaminación das rías, dos ríos, dos regatos…

Xa o dicía Rosalía "Adiós, ríos; adios, fontes; adios, regatos pequenos;…". Ela se despedía por marchar pero o peor é que nos imos ter que nos ir despedindo deles estando aquí mesmo.

O maior dos problemas é a pasibidade e a pouca importancia que lle seguemos a dar á auga en Galicia.

http://www.galiciasustentable....

OBSERVADOR #10 10/Setembro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Encantam-me alguns comentários:

Encanta-me o humor corrosivo do Bom Káralham, que parece feito de coração de vieira galega.

E também a filosofia do Perezgulim, filosofia teresina sem dúvida, quando insinua que os galegos somos mas já não somos ou estamos prestes a ver-nos partir (pro céu) desde os nossos corpos ainda terrenos, como balões de hidrogénio a se elevarem na atmosfera ou ânimas a se desprenderem das cargas da vida.

ecoe #11 10/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E a dos mariscos como berberechos e ameixas tiradas das ZONAS DE MARISQUEO, segundo nomean os cartazes oficiais, que os mopus/cotops actuais teñen sementado na vía da beiramar entre PO e Marín? De qué é consecuencia? Do capital ENCE/ELNOSA pasado pola turbina do €$tado €$pañol, agora con marchamo tamén do goberniño cativo?.

E qué pasa cos mexilóns, todos criados nas rías? Non teñen contaminación? De qué/quenes é consecuencia a mesma?

E nada van acusar os peixes DA RÍA: maragotas, xurelo, xoubas e sardiñas, fanecas...? E logo non teñen toxicidade? e de qué/quenes será consecuencia a sua contaminación?

Qué/quenes son responsáveis? Algún sistema perfectamente incardinado no €$tado, cecais?

rinlo #12 11/Setembro/2008 rinlo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Acho que nem €$pan¥a nem o governo €$pan¥o£ tenhem a culpa (última). Dirijamos o nosso olhar um pouco mais para acô.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: