Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Recuperación da memoria histórica en EUA

Mississippi segue a arder

Un tribunal anula a sentenza que en 2007 condenou o ex membro do Ku Klux Klan a cadea perpetua polo asasinato de dous mozos negros en 1964.

Redacción - 14:55 10/09/2008
Seale, en 1964 e en 2007

Seale, en 1964 e en 2007

O asasinato de dous adolescentes negros en Meadville (Mississippi), en 1964, marcou un antes e un despois na loita polos dereitos civís en EUA. Os corpos de Charles Eddie Moore e Henry Hezekiah Dee apareceron casualmente cando se investigaba a desaparición na zona de tres coñecidos activistas.

Un dos detidos en relación con estes crimes, popularizados internacionalmente grazas ao filme de Hollywood Mississippi Burning, foi o daquelas axente de policía e membro do Ku Klux Klan (KKK) James Ford Seale, que finalmente, en conivencia cos seus colegas, foi posto en liberdade por falta de probas.

Ao abeiro dunha campaña iniciada polo FBI en 2007 para resolver un cento de asasinatos desta época escura dos Estados Unidos -similar á impulsada a semana pasada pola Audiencia Nacional no Estado Español-, Seale, que se cría xa morto, foi detido e condenado a tres cadeas perpetuas polo rapto e asasinato de Moore e Dee.

Porén, esta semana un tribunal de apelación aceptou os argumentos da defensa do ex policía, alegando que o limite legal para xulgar ao seu defendido -que ten 74 anos de idade e padece cáncer de ósos- xa prescribira. Os fiscais encargados do caso xa informaron de que tamén eles recorrerán esta última sentenza.

Nos anos cincuenta e sesenta, sobre todo nos estados do sur, ducias de persoas de pel negra morreron a mans dalgúns dos seus veciños de pel branca, integrados nalgúns casos no KKK, que aspiraban a manter a segregación 'racial' na sociedade estadounidense.


3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: