Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
REMATAN OS XOGOS PARALÍMPICOS

China asoballa, Galiza cumpre

Beixín cede o relevo a Londres cunha cerimonia espectacular na liña das precedentes.

Redacción - 18:40 17/09/2008

China volveu agasallar ao mundo cun espectáculo de cor e son na cerimonia de despedida dos Xogos Paralímpicos. Ao igual que fixera nos Olímpicos, China dominou con autoridade o medalleiro cunha cifra de 211 medallas, das que 89 foron de ouro. Detrás rematou o Reino Unido, no que parece unha clara declaración de intencións cara aos Xogos que lle corresponde organizar dentro de catro anos.

Bo papel dos deportistas galegos

Pola súa parte Galiza acabou no 55º lugar do medalleiro grazas aos cinco metais acadados: dúas pratas e tres bronces. Deste xeito, Galiza ficaría por diante de países como Serbia, Bélxica, Arxentina ou Iraq.

Chano Rodríguez volveu ser o que mais veces subiu ao podio con dúas pratas e outros tantos bronces. Un de estes bronces partillouno con Pablo Cimadevila, pero ao formar parte do mesmo equipo cóntase como unha soa medalla. Cimadevila acadou tamén o bronce nos 200 metros estilos individuais.

Unha verdadeira mágoa as 58 centésimas que separaron a Chano do ouro nos 4x50 metros libres, ou as 68 que separaron a Cimadevila da prata. En Beixín tamén participaron os atletas Gustavo Nieves e Maximiliano Rodríguez, o tenista Álvaro Illobre e o doutor Carlos Alonso, membro do equipo médico do comité.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: