Proxectaranse algúns dos filmes máis destacados do cinema galego recente, como 'O Bosque Animado', 'Onyria' ou o premiado 'Un Franco, 14 Pesetas'.
O cinema galego será protagonista na vindeira edición do Festival Internacional de Cine de Porto, que se desenvolverá na cidade entre o 16 de febreiro e o 1 de marzo. En edicións pasadas algunhas cinematografías convidadas foron as da India, Dinamarca, Bélxica, España, Hungría, Canadá, Austria, Xapón ou Holanda. Todas cunha traxectoria e un peso importantes. Neste ano o cinema do país, representado pola Axencia Audiovisual Galega, levará a Portugal unha destacada representación, na que xa está confirmada a proxección de O Bosque Animado, Onyria ou Un Franco, 14 Pesetas, que recibiu o grande premio da Semana dos Realizadores de Fantasporto 2007.
En canto ao resto da programación, os contactos realizados durante o Festival de Cannes 2008, permitirán ver en Porto algúns dos filmes máis destacados do ano, como Delta do húngaro Kornél Mundruczó, que obtivo o premio da crítica no festival francés. Tamén haberá un espazo para o cine a de Corea do Sur, coa presenza de Hansel & Gretel de Yim Phil-Sung e The Chaser de Na Hong-Jin, que acabam de ser premiados no mais importante festival de cinema fantástico surcoreano.
No festival realizaráselle unha homenaxe a José Fonseca e Costa, nome grande do cinema novo português que axudou a fundar con O Recado en 1972. A maior parte dos filmes do cineasta de orixe angolana están centrados na comedia de costumes, de que son exemplos Kilas, O Mau da Fita, Sem Sombra de Pecado e Viuva Rica Solteira não Fica ou no drama social e político como en A Balada da Praia dos Cães e Cinco Dias, Cinco Noites.
Ese cartaz é da edición deste ano, e para o próximo as datas serán outras, a partir do 16 de febreiro, creo lembrar. Están un pouco frouxos os srs da redacción, non é? Dúas noticias que vexo, dúas meteduras importantes por afección ao C+P ou ao procesado lixeiro. Xornalismo de calidade? Un mal día? Non pinta moi ben, realmente, sb todo en novas de dous ou tres parágrafos... Voçês verão.
O cartaz é do 2008, si, como indica o pé de foto. Non sei cal é o problema, logo. A ver se me achego polo Fantasporto.
O problema era que tanto aquí coma na portada afirmábase que sería do 25 de febreiro ao 9 de marzo do 2009. Agora xa o editaron. O mesmo coa nova do Steiner, onde se dicía "o seu último libro" onde agora di "despois de babel". É louvable que reaccionen aos comentarios e editen, máis da que pensar sobre a calidade da información en vieiros tanto erro en tan pouco texto. Agardo que un mal día.
MrSrD, agora agardo que louves uu a un os méritos de Vieiros, é o xusto, non? se andas ás voltas con esas mixiricadas... (por certo, non sei que problema hai en que o cartaz sexa da pasada edición, pero vaia). Parece que estás doído con vieiros... que pasa, mandache currículo e non te admitiron, ou?
Por certo, ao fantasporto iremos, parabéns
?
O problema é que o redactor usara ese cartel, sen sequera ler ben na web oficial, para tomar os datos e indicar na portada de vieiros unhas datas erróneas para este ano.
Sendo, ademáis, que é unha nova que xa se coñecía hai varios meses e que a viña de ler despois doutra que tamén contiña probas dunha redacción lixeira e sen contraste por parte do que a escribira.
Supoño que agora (unha vez correxido titular, corpo, e pé de foto) pode parecer puntilloso, máis ten por certo que sen os comentarios a info aí ficaría errónea e iso, polo menos a min, provócame dúbidas sobre a calidade da información do portal. Xa dixen que estaría encantado de que fose un mal día. O resto do teu comentario, en fin. Saúde.
Non se equivoque MrSrD. Non é un mal día.
Eu creo que habería que boicotar Vieiros. Son uns fascistas que impiden o desenvolvemento da Galiza, e que aínda por riba non teñen nin puta idea de esribir... Se o galego morre ha ser por culpa destes mangantes de redacción lixeira de Vieiros.
Eu por iso prefiro ler xornais de calidade como La Voz, Faro, El Correo, El Progreso, La Región, etc., que escriben nun galego perfecto, non cometen erros informativos (e se cometen un -algo case imposíbel- bulen para publicaren unha rectificación) e ademais defenden Galiza e o galeguismo por riba de intereses económicos ou/e partidistas.