Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O 18 DE OUTUBRO

O cinema galego protagonizará unha das xornadas da Seminci

O Festival de Cine de Valladolid, que comeza o 17 de outubro proxectará nas súas seccións, ademais, catro filmes producidos en Galiza.

Redacción - 14:10 22/09/2008

Será a primeira vez que unha comunidade autónoma protagonice unha xornada especial no marco da Seminci de Valladolid. O festival, convertido nunha referencia do cinema independente, dedicará o 18 de outubro á cinematografía galega recente. Ademais, catro filmes producidos en Galiza exhibiranse na sección Punto de Encuentro do festival. Trátase de Os mortos van á presa (do director Ángel de la Cruz, e coproducida por Artemática e Semprecinema), O vestido (Paula de Luque), A noite que deixou de chover (dirixido por Rubén Zarauza e producido por Perro Verde Films) e o filme de animación O lince perdido, producida por Antonio Banderas, Kandor Moon e a galega Perro Verde Films.

Ademais, anunciouse que a estrea mundial de Os mortos van a presa, que se rodou en Ribadeo, terá lugar nesta vila o vindeiro 17 de xaneiro, unha semana antes de que chegue ás salas comerciais.


2/5 (1 votos)


Comentarios (2)

ecoe #1 22/Setembro/2008 ecoe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A "comunidade autónoma" é un termo....relixioso? xeográfico?político?

Non estará nunca normalizado porque non se corresponde ca GZ, salvo cando falamos do parlamentiño ou das eleccións.

Non hai millor maneira de expresarse para o cine galego qsue o de cine de "comunidade autónoma"?

Cánt*s galeg*s non gostaremos de ser de "comunidade autónoma"? Só se sabería PREGUNTANDO E PERMITINDO FALAR TÓDALAS OPCIÓNS SOCIOPOLÍTICAS.

Telleiro #2 22/Setembro/2008 Telleiro
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Unha curiosidade...trátase de cinema galego ou de cinema feito en Galiza? Non é a mesma cousa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: