Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Por dous anos máis

Mosquera, con ganas de ficar no Xacobeo Galicia

As negociacións aínda están abertas, pero ao parecer a oferta do equipo galego vaise parecendo a outras máis gorentosas recibidas polo ciclista de Teo.

Redacción - 10:00 25/09/2008
Mosquera partiu cara o Mundial de Varese

Mosquera partiu cara o Mundial de Varese

Esta cuarta feira pola tarde Ezequiel Mosquera partía, coa selección estatal, ao Mundial de Varese (Italia). Era a data escollida para revelar que ía facer a tempada que vén, que equipo tiña escollido ou se había seguir, polo menos dous anos máis, no equipo ciclista profesional galego, o Xacobeo Galicia.

Ao parecer, terminada a 'Vuelta', Mosquera recibiu importantes ofertas doutros clubes, entre eles o Katyusha ruso, mais naquela altura o de Teo xa afirmara que o seu principal obxectivo era continuar no equipo de Álvaro Pino, mais deixando claro que para isto era necesario un esforzo do equipo, xa que "a vida deportiva é curta, e estanme facendo ofertas tan altas como nunca pensei que puidesen chegar". Pino tamén dixo, daquela, que Ezequiel era fundamental para o equipo, e que o Xacobeo Galicia non tería sentido sen el.

Mais agora sabemos que o XGZ e máis Mosquera chegaron a un principio de acordo que podería plasmarse nunha renovación do ciclista para as dúas vindeiras tempadas. As negociacións están moi avanzadas, pero aínda non están pechadas, xa que quedan algúns aspectos pendentes que deberán tratarse cando o de Teo volva do Mundial, que se desenvolve o vindeiro domingo.

Outras prioridades
Agora mesmo o director deportivo do XGZ ten abondo traballo. Ademais de atender ás negociacións con Mosquera (ante as que se amosou optimista), debe debullar o resto do equipo, pensar nas novas incorporacións e nas baixas. Alén diso, especúlase con que estea a procurar un bo escalador, que lle axude a Ezequiel Mosquera a rubir nos portos de montaña, onde está entre os mellores. Ademais, está a posibilidade de poder correr noutra grande rolda, coma o Giro, aínda que isto está en mans da UCI.


5/5 (5 votos)


Comentarios (6)

dumiense #1 25/Setembro/2008 dumiense
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

máis Ezequiel e menos Pereiro castelán

pardodecela #2 25/Setembro/2008 pardodecela
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Este si que é un deportista que defende e representa a Galiza e non a merda do Pereiro.

lenin #3 25/Setembro/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Que lle fichen a Lance Armstrong de gregario, ou a Roberto Heras.
XD

Xoan_da_Tolda #4 25/Setembro/2008 Xoan_da_Tolda
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Isa é a mellor opción, pois en ningún outro equipo vai ter a liberdade que no xacobeo, onde exerce de líder. De tódolos xeitos se remata noutro equipo cunha oferta millor non hai nada que lle reprender, ten xa (con perdón) trinta e dous anos e a vida do deportista de élite é curta.

rockandroll #5 25/Setembro/2008 rockandroll
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

...e para quê serviria umha equipa profissional galega? Para quê servem as selecçons desportivas galegas? Pois para isto. Para que muita gente válida que está no semi-anonimato, emerja e cresça desportivamente. Se nom existisse umha equipa profissional de ciclismo galega...falaria-se tanto de Mosquera? Nom. Cobrou protagonismo porque saiu à luz da mao do Xacobeo.

pucelano #6 25/Setembro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

a verdade e que ezequiel encantame. ademais de escribir en galego, loitar pola sua terra, defender as cores da terra e defender o da terra, non coma outros...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Ezequiel Mosquera co seleccionador español, Francisco Antequera
Ezequiel Mosquera co seleccionador español, Francisco Antequera
Os seareiros de Ezequiel, pintando o seu nome no alto de l'Angliru, na 'Vuelta', e posando para a foto
Os seareiros de Ezequiel, pintando o seu nome no alto de l'Angliru, na 'Vuelta', e posando para a foto