Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
SUBVENCIONANDO A DISCRIMINACIÓN?

Touriño censura que Educación destine fondos a colexios que separan por sexos

O presidente recoñece que a segregación vai en “contra todo modelo de igualdade”.

Redacción - 19:10 02/10/2008

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, entrou este xoves na polémica xerada logo de que se soubese que Educación subvenciona centros privados que separan nenos e nenas. O máximo mandatario do Goberno foi contundente ao afirmar que ese modelo educativo “vai contra todo modelo de igualdade”. Logo de ser interpelado polos xornalistas, Touriño mandoulle unha mensaxe á consellaría: “espero que exerza todas as súas capacidades para que non se siga a producir isto”. Touriño considera que os centros privados son libres para elixir este tipo de ensino pero subliñou que cos cartos públicos só se pode financiar a “coeducación” de nenos e nenas.

A Xunta optou por seguir destinando cartos públicos a cinco colexios de Vigo e da Coruña, vinculados ao Opus Dei, que separan nenos e nenas, tal e como xa fixeran os gobernos anteriores. En xuño do ano pasado este xornal denunciou a existencia das subvencións. Dous meses despois, a consellaría publicaba de novo no DOG a relación de centros concertado e na mesma volvían a aparecer os mesmos centros.


5/5 (7 votos)


Comentarios (21)

subela #1 2/Outubro/2008 subela
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Non o entendo señor Presidente, se lle parece que está mal, porque non tentan retirarlle a subvención e sobre todo porque non deixa moi claro que non van acadar novas subvencións. Non o entendo ou non lle creo, xa non sei o que é peor

Mearius #2 2/Outubro/2008 Mearius
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E non sería ben que dimitise alguén ?

Erasmo #3 2/Outubro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Despois de desfacer a Educación Pública en Galicia: recortar profesorado na pública, ateigar as aulas a 30 e 33 alumnos ata reventar... reducir desdobres e eliminar horas de reducción para atención á diversidade, aumentar a xornada laboral do profesorado con atencións educativas que non server para nada...

Agora Touriño mándalle unha mensaxe a esta déspota ilustrada que se negou a negociar co profesorado en folga o nefasto Decreto do Bacharelato...!

Seguro que xa anda pensando en nomear a outra máis inútil aínda para a vindeira lexislatura...!!!

Se se foran a rañala... igual poderíamos levantar cabeza algún día!!!

outrolector #4 3/Outubro/2008 outrolector
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Touriño é un hipócrita ao facer esa censura; O cabecilla desa grea de falsos e sectarios. O ensino público ten problemas e carencias abondos, indo sempre por detrás das necesidades (zonas con incrementos de poboación infradotadas, sitios que dun día para outro quedan sen profesores...).

E neste contexto moitos pais temos que roer como se financia a un número importante de centros privados, retrógrados, de xentiña moi limitada e de dubidosa formación académica e didáctica, e case todos curmáns en distintos graos e "amigos y arrimados a la familia".

Teñan algo de vergoña e cesen a algúen, que se non levámola clara. E deixe de censurar, señor hipócrita.

sozinho #5 3/Outubro/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

E mira que me cae mal o chuleta espeso de Touriño, pero outrolector fíxomo simpático. A ver, hai un anuncio inequívoco de que se fará algo este ou o ano seguinte (polo que veño observando na prensa). Ese financiamento ven de sempre e será o partido socialista quen o elimine. Iso dirá a historia. Como moito pode engadir que algún sindicato presionou para conseguilo. Pero eses son os feitos, a realidade trapalleira do PSOE, bipartito, algúns impresentables sindicalistas, etc. etc. é a que de cando en vez reforma algo para ben. Se os aforcamos, nunca vai haber cambio algún e seguiremos tradicionalistas e das JONS até vitem aeternam.
A Erasmo dicirlle que confunde o particular co xeral e a educación co mundo enteiro. O despoboamento rural segue acelerado, a incultura galopa introducíndose na clase media-alta, e iso non depende da educación, senón da cultura de masas e dos excesos da publicidade e do capitalismo salvaxe. Dende logo, facer apoios educativos inútiles é apaga-lo lume con gasoliña, pero iso é mellorable a medio prazo. Eu din clase a 35 alumnos coa consellería, ministerio e lei semiaprobada do PP, inda que tamén tiven cursos de 20. Agora vexo que a situación non cambiou gran cousa nese aspecto, pero é a miña impresión particular. O que non atopo é ningunha reforma na LOE que aumente a ratio alumnos/profesor.

pampo #6 3/Outubro/2008 pampo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Agora que xa lle deron o diñeiro aos fachas da privada e do Opus Dei vén este señor e "censura". Mentres tanto seguen a recortar e a deixar sen profesorado a un montón de centros públicos por todo o país, como acaban de facer hoxe mesmo en Redondela e veñen facendo desde que comezou o curso.
Que cese dunha vez o equipo de incompetentes que hai ao fronte da Consellería de Educación !!!!

OBSERVADOR #7 3/Outubro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Ah, mas a Conselharia da Educação não é do PSOE?

O Torito parece que está denunciando uma atuação do BNG ou do PP...

remexendo #8 3/Outubro/2008 remexendo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Na Xunta de Galicia gobernan o PSOE e o BN Gas, non hai consellerías do PSOE e do BN Gas, hai consellerías da Xunta do bo e do malo son responsables os dous partidos

Erasmo #9 3/Outubro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Sozinho : "O que non atopo é ningunha reforma na LOE que aumente a ratio"

Certamente a LOE é unha lei orgánica e logo veñen os decretos e as ordes ca desenrolan e ó final do conto aparece a Administración (Inspección e Dirección Xeral) que fan o traballo de axuste fino!

Estes listillos cumpren a LOE pero no que lles convén e no que lles dá publicidade electoral andan espabilados de carallo!

Suprimen os desdobres que se viñan facendo nos Laboratorios FQ e Bioloxía.
Eliminan Optativas con menos de 10 alumnos e manteñen 'nocturnos' nos que apenas existe matrícula. (Privilexios inexplicables).
Conxelan a criación de novos PDCs (Programas Diversificación Curricular) que aparecían coma a 'panacea' para loitar contra o fracaso escolar na ESO.
Poñen ós grupos a tope (30 alumnos na ESO e 33 no Bacharelato) coa conseguinte REDUCCIÓN do número de grupos e RECORTAN tódolos profesores que poden para aforrar gastos. Convertindo os centros escolares en Factorías masificadas con profesorado exprimido coma limóns...!

Disque a LOE ía ser a estrela do PSOE para mellorar a Calidade Educativa: pero se libran cantidades de diñeiro e despois non hai persoal para levar adiante os Proxectos ¿para que sirve esta administración?

E xa ó colmo do despropósito é o Programa PILI (este depende dos Concellos) Programa de Inmersión Lingüística en Inglés: tres semanas en Irlanda e Inglaterra xusto ó inicio do curso escolar (entre o 27 de setembro e o 18 de Outubro) supoño que os compañeiros anglosaxóns recibirán os cartos que aforramos aquí o resto do ano...!

Pero igual estou esaxerando e resulta que ó mellor para a Educación Galega segue a ser emigrar fóra do territorio e alimentar expectativas fóra de Galicia para que se noten menos as carencias que aquí temos!

Consellería de Educación NON GRACIAS !

Erasmo #10 3/Outubro/2008 Erasmo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

E non pensedes que imos esquecer o que levan feito durante estes anos, por moito que agora ó Touriño 'censure' de boquilla as catro perras que levan os Colexios do Opus Dei... (isto segue sendo electoralismo do máis barato!)

http://www.atlantico.net/notic...

OBSERVADOR #11 3/Outubro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

#8 Já, já, por isso há tanta disputa entre conselharias... do PSOE e do BNG, curiosamente. E nunca entre duas do PSOE ou do BNG.

O bipartido é como um jogo a duas bandas: às vezes levas de uma e às vezes da outra.

IndependenteGZ #12 4/Outubro/2008 IndependenteGZ
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Sr Touriño ou melhor Sr Tourinho em galego, sim porque é uma vergonha termos o principal governante da Galiza com o nome castelhano. Quero fazer a seguinte pergunta:
Quando o sr Tourinho pensa pedir ao Estado colonizador autorização para começarmos a receber em canal aberto as televisões portuguesas?
Pucha! Já desde o fim do século XVI que estamos proibidos de ouvir na Galiza a nossa língua nativa e materna sem castelhanices.

IndependenteGZ #13 4/Outubro/2008 IndependenteGZ
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Sr Touriño ou melhor Sr Tourinho em galego, sim porque é uma vergonha termos o principal governante da Galiza com o nome castelhano. Quero fazer a seguinte pergunta:
Quando o sr Tourinho pensa pedir ao Estado colonizador autorização para começarmos a receber em canal aberto as televisões portuguesas?
Pucha! Já desde o fim do século XVI que estamos proibidos de ouvir na Galiza a nossa língua nativa e materna sem castelhanices.

DoutorEsweider #14 4/Outubro/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Aquí o que hai é moito mestre seguido na internete porque non teñen outra cousa que facer: Maxistério, a carreira máis fácil do universo e arredores, o acceso aos postos de "trabalho": de risa, o horário: como marqueses, as condicións laborais: coma duques, os salários: coma marqueses. por non falra das vaccaións, as vestaxas na administración... e pagados por mín, e aínda se queixan!!
Asdo: Un obreiro.

IndependenteGZ #15 5/Outubro/2008 IndependenteGZ
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

O Estado colonizador da Galiza que veja o bom exemplo da China que promove o encontro dos irmãos da fala em vez de gastar milhões dos nossos impostos para os separar com a invensão do "portunhol" da RAG.
http://br.youtube...

Autodeterminacao #16 5/Outubro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

#15 IndependenteGZ. Tens toda a razão a China é um bom exemplo tem o Galego/português como idioma oficial da Região Autónoma de Macau. Se fosse em Espanha obrigavam todos a falar Chinês.
#13 IndependenteGZ voltas a ter razão o Senhor Tourinho ainda não teve tempo para cumprir uma directiva da União Europeia e fazer chegar a todos os galegos em canal aberto as televisões portuguesas.
Porquê? O senhor Tourinho é galício ou GALEGO?
Na Galiza antes de qualquer ideologia tem de se ser GALEGO.

espanol634 #17 5/Outubro/2008 espanol634
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Los gallegos tienen que asumir que fueron asimilados . Hoy son españoles.

La RAG tiene que defender los intereses del Estado y no de la Galiza

GalizaPais #18 5/Outubro/2008 GalizaPais
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Ó Tourinho em vez de te preocupares com o sexo dos anjos defende a Galiza sê patriota. Televisões portuguesas já. Ensino do galego/português e acabar com os galícios #17.
O nome da Nação é GALIZA.

Espanhanom #19 18/Novembro/2008 Espanhanom
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Este texto não é meu li aqui em Vieiros mas é muito importante:

[Valora este comentario +10]
#20 Antiespanolista

Moi ben Españolista entregar a educación dos nosos fillos na Galiza ao Estado é o mesmo que entregar o ouro ao bandido!

A GRANDE INXUSTIZA EN CRITICAR QUEN ESCRIBE EN CASTRAPO A DEFENDER O NORMA DO GALEGO INTERNACIONAL
Hai moi que teño asistido a comentarios criticando persoas que defenden o galego escrito na norma universal por escriben en castrapo.
Cerca de 90% dos galegos como eu sabemos que o certo idioma galego é escrito e falado correctamente a sur do río Miño. Os galegos a sur do río Miño tornáranse independentes e tiveran o desenvolvemento natural do idioma galego sen a colonización linguista castelá o que non aconnteceu cos galegos a norte do río Miño.
Nós na Galiza somos vítimas da ocupación castelá. Non nacemos nin fomos educados na cultura galega mais debaixo do dominio dos casteláns. Non somos unha nación libre:
1- Nas escolas aprendemos a escribir en castelán e non o noso idioma galego orixinal.
2- As canles de televisión que entran en nosas casas son de lingua castelá o que influencía a nosa fonética galega orixinal.
3- A TVG fala en castrapo e non no galego orixinal sen castelán.
4- Os xornais son en castelán ou en castrapo.
5- Non hai escolas na Galiza onde se ensine a escribir na norma galega universal.
Por iso é que 90% dos galegos poden ser a favor da norma ortográfica do galego universal mais non o poden usar porque non saben escribir nesa norma.
A culpa é do Estado que ten prohibido os galegos de se desenvolveren no seu propio idioma e cultura.
Eu tamén lle gustaba saber escribir en galego na norma universal mais non sei e teño que utilizar o castrapo ou o castelán para defender a idea que só o galego escrito na norma universal fará a Galiza crecer en galego. Entre o castelán e o castrapo teño escollido o castrapo, `será criticábel? Penso que non.
Os propios reintegracionistas non teñen tido a coraxe de actualizar o galego e asumir inmediatamente o galego escrito respectando integralmente a norma universal. No momento até teñen a xustificación do recente acordo ortográfico aceptado por todos os países irmáns da fala.
O actual galego reintegracionista nin é peixe nin carne é minoritario para todos.
O galego reintegracionista ao respectar o actual acordo ortográfico traía para a Galiza unha ortografia vencedora por ter libros de todas as materias así como produtos multimedia. Os estudantes da universidades galegas pasaban a ter libros e outras ferramentas de traballo na ortografia reintegracionista. Isto era un paso importante para a reintegración do noso idioma nativo.
É urxente a actualización do reintegracionismo hai novas palabras que recentemente foron introducidas no vocabulário galego-portugués especialmente relacionadas coa informática e novas tecnoloxías. Nesta actualización Portugal vai alterar a escrita a cerca de 2% das palabras os reintegracionista a cerca de 5% sendo que se limita á alteración de poucas regras de fácil comprensión.

Por fin a sociedade civil galega ten que esixir do Estado o seguinte:
1- A oficialización do galego na norma universal (como única lingua oficial) conforme o acordo ortográfico ratificado por todos os países irmáns da fala. Co ensino escolar inmediato e obrigatorio para todos os queiran vivir e traballar na Galiza.
2- Recepción inmediata das canles de televisión portugueses na Galiza en canle aberta e recepción por cabo das canles do Brasil, Angola, Mozambique, Guinea, Cabo Verde, Macau, Timor e de todos os países de lingua galego-portuguesas posíbel tecnicamente.
3- Entrada da Galiza como membro con todos os dereitos na lusofonia.
4- Entrada da Galiza na xestión no Instituto Internacional da Lingua Portuguesa tendo tamén dereito á presidencia rotativa mesmo sen ser país independente.
Estas son as condicións mínimas para recuperarmos o tempo perdido de desalfabetización en Galego e termos un idioma de traballo que nos axude a gañar diñeiro e prestixio no mundo.
O galego/portugués hoxe é unha lingua universal. Temos que ter inmediatamente unha cultura galega actualizada ao século XXI.
O galego/portugués é oficial en 10 Estados soberanos se incluírmos a Rexión Autónoma de Macau na China.
Idioma oficial no Mercosur, Unión Africana (onde o español non é) Unión Europea e con tradución permanente nas Nacións Unidas.
A Galiza só terá futuro como rexión ou país galego coa recuperación da súa lingua materna. Abran os ollos galegos non se deixen enrolar con crioulos da RAG nin con reintegracionismo desactualizado. Co galego actualizado entramos nun mercado non só literario como en todos os dominios de máis de 250 millóns de persoas.
Se temos un idioma nativo e materno con orixe milenária dos nosos antepasados que nos proxecta no mundo porque iremos trocar por un simple crioulo artificial por adopción sen futuro!.... feito á presa pola RAG para continuarmos da dependencia de Madrid.!!

Espanhanom #20 18/Novembro/2008 Espanhanom
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Agora com humor :
A Galiza é o primeiro
http://br.youtube...

Angolano #21 18/Novembro/2008 Angolano
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Para os galegos, Galiza é a sua Pátria, a sua Nação. Para os galícios, talvez, a sua pátria seja Espanha. Para outros, quiçá, será a Europa. Como dizia, tudo depende das sensibilidades individuais (e/ou colectivas). O sentimento nacionalista galego, contudo, existe numa parcela significativa da populaçãona Galiza, razão pela qual deve ser respeitado, não só pela população galícia como pela e administração do Estado colonizador, mas também pelo resto do mundo. Portugal, nesta matéria, tem uma responsabilidade enorme, a qual tem vindo a negligenciar, responsabilidade essa que lhe advém não só da proximidade geográfica, mas sobretudo dos vínculos históricos e culturais que unem as pessoas que vivem de um e de outro lado da fronteira. Entre esses vínculos, sem dúvida, destaca-se a língua comum.
Há sotaques diferentes nos falares, sim, há-os. Também os há entre regiões de Portugal, ou entre o Brasil (e dentro do Brasil, então!), ou entre Portugal continental e as suas ilhas, etc. Compreendo, por isso, que haja galícios que prefiram criar, a partir dos falares galegos, um crioulo distinto do Português, como aliás se tem tentado nos últimos 25 anos. É que os galícios já estão colonizados ou assimilados ou são descendentes dos colonizadores. Já não são galegos. Não se sentem galegos mas galícios. Para eles não há GALIZA mas sim Galícia.
Não se deve, contudo, ignorar que nesses mesmos 25 anos, e mesmo antes, tem havido um movimento social e associativo de GALEGOS muito activo e crescente a defender uma reaproximação cultural e linguística com Portugal, e a inserção da Galiza nos territórios abrangidos pela CPLP.
Não podemos ignorar que há vários autores galegos a escrever na língua nativa ou seja em Língua Portuguesa. Não podemos ignorar que se a Galiza não fosse ocupada por Castela e nos finais do século XVI o galego não tivesse sido proibido e a administração galega trocada pela castelhana hoje ninguém na Galiza estaria dividido ou com dúvidas.
Galego e português são de facto a mesma língua. Para nós angolanos é factor de união nacional e desenvolvimento.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: