Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
NON LLES DERON OPCIÓN

A Irmandiña golea 8-1 a Arxentina e métese nas semifinais do Mundial de Futsal

As galegas dobregaron un equipo que tiña ben demostrado o seu potencial. O noso equipo nacional de futsal está a facer historia en Reus.

Redacción - 19:20 03/10/2008
As xogadoras saíndo ao campo / Imaxe: http://futsal1930.blogspot.com/

As xogadoras saíndo ao campo / Imaxe: http://futsal1930.blogspot.com/

A este equipo non hai quen o pare. Nunha progresión imparábel, as galegas debutaron perdendo pola mínima ante Rusia, gañando ante Ucraína e agora, en cuartos, vencendo a unha selección máis que sólida, Arxentina, que xa lle tiña gañado a Bélxica por 1-8 e a Venezuela por 2-6.

O debut da primeira selección galega que xoga nunha competición oficial de tal importancia, o I Mundial Feminino de Fútbol Sala, non puido ser mellor. Dous partidos gañados de tres e unha entrada directa en semifinais cun contundente 8-1 que deixou as arxentinas polo chan.

"Galiza foi moi superior"
Segundo lle contou a Vieiros Juan Probaos, delegado da Federación Galega de Fútbol Sala en Reus, as galegas foron sempre "moi superiores", saíron á pista "moi mentalizadas" e xogaron "moi ben". Catro goles caeron na primeira metade, por ningún de Arxentina. O 1-0 foi de Claudia, o 2-0 de Begoña, o 3-0 de Sonia e o 4-0 de Carmen. Na segunda parte aínda chegaron outros catro tantos: o 5-0 de Iria, o 6-1 de Claudia, que repetía, o 7-1 de Silvia, a porteira, e o 8-1 de Nanita, a máis nova.

As irmandiñas enfrontaranse nestas semifinais á selección de Colombia, que na tarde da sexta feira venceu ao Paraguai por 5 goles a 1. Colombia chegou a esta fase empatando coa República Checa (1-1) e gañándolle a Cataluña (1-2).

A outra semifinal
A outra semifinal deste I Mundial de Fútbol Sala Feminino protagonizarana Cataluña e Rusia. As anfitrioas chegaron a esta fase gañándolle á República Checa (4-0) e perdendo contra Colombia pola mínima (1-2). Na sexta venceron a unha das seleccións favoritas, a australiana.

Os afeccionados galegos agardan poder ver o Cataluña-Galiza que podería producirse. Mais, aínda que isto non pase, as irmandiñas xa fixeron historia. Saberemos quen xoga a final este sábado, á noitiña.


Ligazóns

4,83/5 (18 votos)

Comentarios (20)

breixoak #1 3/Outubro/2008 breixoak
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Adiante Galiza...A por todas!

lenin #2 3/Outubro/2008 lenin
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E como vai Catalunya?

Atlantico #3 3/Outubro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo -4 Negativo]

Ole!

Galizoo #4 3/Outubro/2008 Galizoo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Forza Galiza!!!

mnawe #5 3/Outubro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Que grande alegría polas irmandinhas!!!
NORABOA E AGORA A POLA FINAL

OBSERVADOR #6 3/Outubro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Este titular é mais apropriado.

AVANTE IRMANDINHAS!!!

Xanzinho #7 4/Outubro/2008 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Quero velo pola teleeee!!! :P

mnawe #8 4/Outubro/2008 mnawe
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

MANHÁ SEGURO QUE TELETORITO NOS RETRASMITE A SEMIFINAL

carlinhos21287 #9 4/Outubro/2008 carlinhos21287
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

no caso dunha posible final Galiza-Catalunya veremos algun tipo de reclamacion da oficialidade das nosas seleccions??? Por parte das catalás seguro que si, haber que fan as nosas....

Xanzinho #10 4/Outubro/2008 Xanzinho
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

@carlinhos21287... Isto JÁ é oficial ;)
Não é FIFA, mas FIFA não tem controlo absoluto sobre todas as cousas do futebol (muito menos sobre o futsal).
Isto é um trofeio internacional oficial. Eis o histórico do assunto!

Amaeo #11 4/Outubro/2008 Amaeo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A mim mistura-se-me a imensa alegria polo facto em si coa grande tristeza de ver a pouca repercussom que tem este sucesso no país.

De todos os jeitos, AVANTE IRMANDINHAS!

bertus #12 4/Outubro/2008 bertus
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

As mulleres, unha vez máis, sempre á avangarda da nosa nación.

pucelano #13 4/Outubro/2008 pucelano
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

noraboa irmandiñas. a pr todas

Lidor #14 4/Outubro/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Fenómenas!!!!!

DoutorEsweider #15 4/Outubro/2008 DoutorEsweider
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

HOxe borracheira oe oe oe oee!!

carloscmgb #16 4/Outubro/2008 carloscmgb
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Final o domingo as 5 da tarde pola Galega : Catalunya - Galiza .

espanol634 #17 6/Outubro/2008 espanol634
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

La cuestión del idioma de Galicia no se reduce la una cuestión literaria. Para España los gallegos pueden tener cómo segunda lengua a continuación al español cualquier idioma o dialecto que no ponga en causa los intereses del Estado Español. Hay un grupo de gallegos que insisten en la reintegración de su idioma histórico. Comprendo que sea romántico bajo el punto de vista cultural. Pero ese idioma es peligroso para el Estado español porque:
Con la recuperación del gallego/portugués en Galicia esta región española me quedaba muy conectada políticamente a los países lusófonos. Aún sin ser un país independiente Galicia pasaba a influenciar la política internacional a través de Brasil, Portugal etc..Hoy quién es el presidente de la Comisión Europea? El portugués Durão Barroso. Con Galicia conectada a los países lusófonos España aún me despertaba con un Galeguista a chefiar Europa y a hacer directivas favorables a Galicia contra España. Brasil es el país con más fuerza política en América Latina y fuerte candidato para brevemente ser miembro permanente del Concelho de Seguridad de las Naciones Unidas. Portugal es miembro fundador de la OTAN. Vean como Portugal sin disparar un tiro ganó la guerra contra la poderosa Indonesia en Timor haciendo este territorio en Estado independiente. Bastó Portugal decir a los E U lo que era el interés portugués.
La propia China afirma que una de sus prioridades es una relación especial con los países lusófonos y mantiene el Portugués como idioma oficial en parte de su territorio. La India sin tener el portugués como lengua oficial mantiene los pueblos de los territorios de la antigua India Portuguesa conectados a la lusofonia. El problema es económico y político, Galicia escribiendo en la norma Gallego/portugués dejaba en la práctica de necesitar de depender de España. La RAG al estar a crear un dialecto assumidamente isolasionista sólo para gallegos que hablen entre sí está a defender el Estado como es su obligación. Los gallegos fueron asimilados aunque las conexiones lingüísticas y hasta de sangre con portugueses sean muchas. Hoy son españoles. Hay quien ponga Galicia al frente de España. Yo pongo España en primer lugar.
No sé adecuar muy bien mi castellano al gallego, pero da para percibir!

IndependenteGZ #18 6/Outubro/2008 IndependenteGZ
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#17 Não passa de uma confissão de um espanholista/galício.
Fica-te bem galeguizar algumas palavras mas as tuas ideias são do pior que o colonialismo espanhol representa na Galiza.

GalizaPais #19 6/Outubro/2008 GalizaPais
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A Galiza é reconhecida como Nação IRMÃ e estimada em Portugal.

Anxo Quintana e o Presidente da Republica de Portugal Cavaco Silva

http://br.youtube.com/watch?v=...

Quando será que o Estado espanhol deixa os galegos participarem nos jogos da lusofonia?
Veja o exemplo da China: http://br.youtube...

Autodeterminacao #20 7/Outubro/2008 Autodeterminacao
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Os isolatas dizem que o galego teve um desenvolvimento separado do Galego/português durante os séculos escuros de fins de XVI a fins de XVIII.
Mas pode-se chamar desenvolvimento a:
- Um idioma proibido na Galiza nesse periodo?
- Idioma que deixou de ser escrito?
- Idioma falado só em casa e no mundo rural?
-Idioma que se transmitiu de pessoa a pessoa e de pais para filhos de OUVIDO com todas as deturpações daí resultantes?
- Os galegos obrigados a "hablar" castelhano em vez de falar o seu idioma nativo original da Galiza?.
O que a RAG está a fazer é tentar apagar a nossa cultura original e substituí-la pela castelhana através do dialecto artificial “portunhol”.
Com humor: http://br.youtube.com/watch?v=...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...
http://br.youtube...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Momento do partido / Imaxe: http://futsal1930.blogspot.com/
Momento do partido / Imaxe: http://futsal1930.blogspot.com/
Facendo o saúdo, antes de partir cara Reus
Facendo o saúdo, antes de partir cara Reus