O voto por correo favoreceu os Verdes (conservadores), que conseguiron un deputado máis en detrimento dos socialdemócratas (SPÖ).
O reconto final dos votos das eleccións lexislativas en Austria do pasado 28 de setembro confirmou a vitoria socialdemócrata e o rexurdir, máis unha vez, das formacións ultradereitistas. O escrutinio pendente do sufraxio emitido por correo favoreceu finalmente o partido dos Verdes (Die Grünen, conservadores e ecopacifistas), que conseguiu un deputado máis en detrimento do Partido Socialdemócrata (SPÖ).
Finalmente, os resultados electorais depararon como gañador ao SPÖ con 57 deputados e o 29,26% dos votos. En segundo lugar situouse o conservador Partido Popular (ÖVP), que conseguiu un 25,98% das papeletas e 51 lexisladores. Terceiro foi o Partido Liberal (FPÖ) co 17,5% dos apoios e 34 escanos; e cuarto, Alianza para o Futuro de Austria (BZÖ) que sumou o 10,7% dos votos e contará cunha representación de 21 parlamentarios.
Fortalecemento da ultradereita
A extrema dereita austríaca aglutina os sentimentos dos que se opoñen á UE e aos inmigrantes, así como os descontentos cos dous tradicionais partidos centristas. Precisamente, a decepción pola fracasada coalición do SPÖ e o ÖVP, que durou 18 meses, pasoulles factura ás dúas formacións.
Queda agora por ver cal será a formación do goberno, unha tarefa difícil á vista da fragmentación parlamentaria. Polo de agora, os comicios cobráronse xa dúas vítimas políticas: o líder do ÖVP, Wilhelm Molterer, xa deixou o seu cargo, e nos Verdes, Eva Glaswischnig sucedeu a Alexander van der Bellen como xefa de filas.
Isso de que os Verdes austríacos som conservadores eu nom o afirmaria tam rotundamente... quando menos sabendo que se declaram desde 2001 a prol "da democracia participativa, a nonviolência, o ecologismo, a solidariedade, o feminismo e a autodeterminaçom" http://en.wikipedia.org/wiki/T.... Estarám contodo à direita do SPÖ?
Con tanto progresismo es normal que cada vez haya más ultraderecha que defienda las libertades individuales frente a los burócratas de salón que hartos de millones nos dicen a los demás cómo repartir nuestras escasas riquezas, si es que se les puede llamar así.
¿Verdad, Pepiño? ¿Qué nos dices tú desde tú ático ILEGAL de 120 metros cuadrados junto a la línea de costa en Arosa?
Por fin ensina as súas cartas o amigo Gaviotero.
Podía ser un PPeiro españolistas, desos que os de democracia nacional chaman "acojonados". Pero non, resulta que Gaviotero está á vangarda do movemento neonazi e fascista na españa.
#1
A Wikipedia, para casos xustiños. Non hai mellor cousa que ir ás fontes orixinais: http://www.gruene.at/
Máis clara a auga.
Para a antoloxía da Celtiberia Show: "...ultraderecha que defienda las libertades individuales..."
A resurreción do fascismo é ben doada - e o capitalismo versión social liberal disfrazada de pesoe non o enfronta, senón que o fomenta, lonxe do que ela diga e moitos pensen- nas democracias SIN DEMOCRACIA, que fan un inmellorable caldo de cultivo para elo.
Ún dos moitos eidos que abonan o campo é o do fútebol. Ver hoxe en rebelion.org a crónica de algunhas das equipas italianas ó respeito.