Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Nove meses antes da fin do prazo legal

A Audiencia Nacional xulgará a Giana Gomes e Ugio Caamanho o 3 e 4 de novembro

A Fiscalía pide 21 e 19 anos de cárcere para cada un, respectivamente, pola suposta colocación dun artefacto explosivo na sede central de Caixa Galicia en Compostela o 23 de xullo de 2005.

Redacción - 13:45 08/10/2008
A Policía fixo unha explosión controlada do artefacto / Foto: Ceivar

A Policía fixo unha explosión controlada do artefacto / Foto: Ceivar

O xuízo a Giana Gomes e Ugio Caamanho xa te data. Será o 3 e 4 de novembro, nove meses antes de que remate o prazo legal de catro anos que estabelece a prisión preventiva, cando os dous militantes independentistas, en prisión dende 2005, respondan ante a Audiencia Nacional dos delitos que se lles imputan.

Caamanho e Gomes foron detidos o 23 de xullo dese ano, acusados de colocar un artefacto explosivo na sede central de Caixa Galicia en Compostela. A Fiscalía solicita penas de cárcere de 21 anos para el, e 19 para ela.

Dende o colectivo Ceivar, que informou esta cuarta feira da noticia, anunciaron o inicio dunha campaña nacional "para denunciar este proceso político e mobilizar a solidariedade do pobo galego até as salas da Audiencia Nacional de España nos próximos días 3 e 4 de novembro".


3,42/5 (12 votos)

Comentarios (11)

Xustiza #1 9/Outubro/2008 Xustiza
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

TERROTISMO E O DO BNG APOIANDO REGANOSA: ISO E TERRORISMO

Atlantico #2 9/Outubro/2008 Atlantico
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Non hai que pervertir o linguaxe, terrorismo é quen promove o terror, poñer unha bomba nunha entidade bancaria vacia ou apoiar a reganosa, poden ser accións calificadas de moitas maneiras, pero non estrictamente como terrorismo.

sozinho #3 9/Outubro/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Home, jarl, aos enfermos mentais hai que terlles compaixón! Pero concordo en que iso foi cuspir para arriba no seo do independentismo ou nacionalismo.

Amaeo #4 9/Outubro/2008 Amaeo
[Valora este comentario Positivo +5 Negativo]

Que doado é lapidar pessoas desde o anonimato e co cu bem apousentado. Fazer país é outra cousa. Que vos preste, preguiceiros.

carraboujo #5 9/Outubro/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Os danos materiais que aquela bomba causou à Caixa Galicia som bem menores que os que esta entidade (já só através de ENCE ou de Fenosa) tem provocado de forma irreversível no nosso território. Mas, claro, a violência que se exerce contra o património de todos os galegos é amparada pola legalidade espanhola, e nom pode ser julgada...

carraboujo #6 9/Outubro/2008 carraboujo
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Roi, a acçom da que se lhes acusa nom tivo vitimas precisamente porque eles avissárom da colocaçom do explossivo. Nom sejamos demagógicos, porque a sua acçom tinha as mesmas possibilidades e intençom de causar danos pessoais que a de um borracho conduzindo a 120 km/h, e a esses nom lhes metem 20 anos. Tampouco a estes: http://www.elperiodicomediterr...

Dito isto, é claro que nom gostaria que as pessoas às que quero passeassem a carom dumha explossom, mas nem das que som contra Caixa Galicia, nem das que esta financia: http://es.youtube.com/watch?v=...

redaccion #7 9/Outubro/2008 redaccion
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A pé desta información foi borrado un comentario:

En Vieiros cremos que a verdade non é propiedade de ninguén, senón que se constrúe entre todos. Por iso, tamén estamos convencidos de que a participación dos lectores e lectoras engade outro valor aos contidos informativos. Pero este xogo ten as súas regras. O insulto, as descalificacións persoais e a linguaxe despectiva atrancan a comunicación libre. O diálogo establécese sobre as ideas, non sobre quen as emite. Por esta razón, eliminaremos os comentarios que non favorezan a liberdade e o razoábel intercambio de opinións. En beneficio da participación e do debate.

Opinador #8 9/Outubro/2008 Opinador
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Non me parece que teñamos que estar sempre, unha e outra vez, desculpando e amparando o que fan uns rapaces descerebrados que non teñen no caletre máis que catro ideas simples. Xa os desculpamos e amparamos moitas outras veces, desde o EGPGC ou antes.

E non podemos estar sempre nas mesmas, que xa se farta un de quitarlles as castañas do lume. Obxectivamente o que fan non ten desculpa, nin achegan nada ao nacionalismo (nin sequera ao independentismo), senón todo o contrario. Dentro de dez anos, e se seguen nas andadas, temos que volver a amparalos? Eu xa me fartei, fracamente.

LANS #9 10/Outubro/2008 LANS
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

O terrorismo non pode ser xustificado de ningunha maneira, inda que a causa sexa xusta. Por eso mesmo, se a Audiencia Nacional, se a xustiza española, os trata coma delincuentes "especiais", se lles impón penas desorbitadas en comparación con delincuentes comúns, (e tan noxentos coma por exemplo un asasino que mata a súa parella ou un pedófilo) e con beneficios penitenciarios menores, estaos xulgando e condenando non só polos seus feitos mais tamén pola súa ideoloxía, convertíndoos en presos políticos, "especiais" non só polos delitos cometidos, tamén polo que pretenden coa comisión de ditos delitos.
E a min, que non xustifico os actos terroristas, desagradame que de certa forma a xustiza os xustifique. Sen igualdade é imposibel a xustiza.

sozinho #10 11/Outubro/2008 sozinho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Como? Vieiros tomando partido? Non é certo que o de jarl fose o único ofensivo. Vieiros está aguantando estoicamente un ataque de reintegracionistas alimentados por a saber que movemento extremado, pero non atura que se increpe unha acción terrorista!!?? Pois que escriban neste foro os reintegracionistas e nada máis. Agur e viva o pluralismo!

galegasenprexuizos #11 11/Outubro/2008 galegasenprexuizos
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Non apoio a xente que poña bombas por moi nacionalista ou independentista que sexa.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: