Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Mobilización sindical

A permisividade coas aulas segregadoras "favorece un ensino ultraconservador"

O STEG manifestouse en Santiago contra as subvencións a colexios que segregan por razóns de sexo. Vexan o vídeo no interior.

Redacción - 18:00 08/10/2008

Para o Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) é só unha cuestión de vontade política: exixen á Consellaría de Educación que mude a súa postura con respecto aos colexios que segregan por razóns de sexo. Cunha manifestación perante as instalacións da Xunta, berraron contra as achegas económicas do departamento de Laura Sánchez Piñón aos centros do Opus e contra unha política que consideran que "favorece un ensino ultraconservador".

Revisión inmediata
Xosé Cabido (STEG) recorda que unha sentenza do Tribunal Supremo lle deu a razón á Xunta de Castela-A Mancha, quen decidira negarlle a posibilidade de subvención a estes centros educativos. Con esta resolución na man, a Consellaría de Educación pode rexeitar o concerto coas escolas que segreguen ao alumnado por cuestión de sexo, xa que deixa ao criterio dos territorios a súa concesión ou non. Ademais, dende este sindicato consideran que Sánchez Piñón está a incumprir o Decreto de admisión de alumnado de marzo de 2007, que emana da propia Consellaría e que di que "en ningún caso haberá discriminación na admisión do alumnado por cuestión de sexo".

Con esta concentración, piden a revisión dos concertos educativos, unha fórmula que entenden que desvía fondos da escola pública para a privada, e que non se volvan conceder subvencións a colexios que separan a nenos e nenas. Ademais, despois da última intervención pública do Presidente da Xunta ao respecto, dende STEG considera incomprensíbel a continuidade desta fórmula e piden que se lle retire a achega económica a estes centros de forma inmediata e con independencia das medidas legais que estes puideran tomar.

"As forzas sindicais claudicaron"
Non obstante, non todos os sindicatos se manteñen unidos nestas reivindicacións. Segundo Cabido "outras forzas sindicais teñen outros intereses, se cadra por mor da afiliación que teñen na concertada". Con todo, a páxina web deste colectivo está a recibir cada día máis adhesións: "xa temos máis de 200 sinaturas de algunhas de organizacións tan relevantes no Estado Español como Intersindical Valenciana, que aglutina a un número de 30 mil persoas, ou o asturiano Suatea, que están connosco na reivindicación dun ensino sen discriminacións.


Ligazóns

5/5 (6 votos)

Comentarios (7)

micsha #1 8/Outubro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Gaias #2 8/Outubro/2008 Gaias
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Separar os nenos por sexos si que e unha mostra de falta de intelixencia. Que vai ser o proximo, separalos por razas, por linguas (coma queren os Monolingue), por clase social, por altura...

opolison #3 8/Outubro/2008 opolison
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Non creo que haxa que retirarlle o concerto a colexios que segregan ao alunado. Sinxelamente deberíase prohibir aos colexios segregar aos rapaces e rapazas por calquera razón. Como se vai educar na igualdade entre sexos se separamos aos alumnos precisamente por esa cuestión?

barravaite #4 9/Outubro/2008 barravaite
[Valora este comentario Positivo +2 Negativo]

Pero, quén dixo que fose obrigatorio enviar aos cativos a eses centros? Que cadaquén escolla o que lle pareza máis oportuno e convinte e unha vez rematado o concerto que se revise a súa idoneidade. Moitos rapaces asistiron a colexios dese tipo e hoxe non son adultos raros nin sospeitosos de nada.

Basoiras #5 9/Outubro/2008 Basoiras
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Cada día sorpréndome un pouco máis, un sindicato nacional (CIG-Ensino) fai o recurso, traballa... (Ver a vosa nova http://www.vieiros.com/nova/69... sobre o tema e agora un sindicato españolista copia a idea (como fai habitulamente) e fai unha concentración de 25 persoas e nin sequera tedes a pouca decencia de poñer A VOSA NOVA ORIXINAL dentro das Relacionadas.

Basoiras #6 9/Outubro/2008 Basoiras
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

http://www.vieiros.com/nova/69...

A nova da que falaba no comentario anterior... xa que non saia.

surenho #7 9/Outubro/2008 surenho
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A ver Basoiras, o teu comentario non pode cualificarse por menos que de sectario. Contento deberías estar de que máis sindicatos (españolistas ou marcianos) se sumen á reivindicación da CIG.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: