Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
UNHA MOSTRA FOTOGRÁFICA ANTICIPA O AMAL

Existiu outra Palestina

A exposición 'Palestina antes de 1948' amosa a realidade dun país moderno e cosmopolita antes da creación do Estado de Israel.

Redacción - 09:00 17/10/2008

A mostra é un anticipo do Festival Amal, que comezará o 25 de outubro. A exposición poderase visitar na Sala de Exposicións da Fundación Araguaney de Santiago de Compostela dende o venres 17. O obxectivo destas 49 fotografías é amosar a realidade da Palestina previa a 1948, momento da creación do Estado de Israel: unha terra turística, burguesa e cosmopolita "na que cristianos, xudeos, armenios e musulmáns eran palestinos por igual". Estas fotografías queren servir de contrapunto, polo tanto, "á propaganda sionista que fala dunha Palestina erma e desértica antes do 1948".

As imaxes proceden da colección da Fundación Árabe para a Imaxe (FAI), con sede no Líbano, que dende a súa creación en 1997 logrou xuntar máis de 200 mil fotografías no propio Líbano, Siria, Palestina, Xordania, Exipto, Marrocos, Iraq, Irán, México, Arxentina ou Senegal.

A mostra está comisariada por Akram Zaatari, recoñecido videoartista nacido no Líbano, que procura contextualizar historicamente a ocupación de Palestina. Zaatari considera a intrahistoria como o único vehículo útil para comprender os acontecementos que veñen marcando Oriente Medio dende a metade do século XX, e que día tras día ocupan a primeira plana da actualidade. Dende o particular ao colectivo. A Palestina que estas fotos coñeceron é hoxe unha cicatriz que se resiste a pechar.


5/5 (6 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: