Open Vieiros

Vieiros

E o teu país normal como é?
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
OBITUARIO

Finou Constantino García, fundador do ILG e do Centro Ramón Piñeiro

Nado en Oviedo, catedrático da USC e membro da RAG, foi unha figura clave no ámbito filolóxico.

Redacción - 14:00 24/10/2008
Constantino García

Constantino García

Aos 81 anos finou en Compostela, no serán destes xoves, o filólogo Constantino García González. Nado en Oviedo, logo de formarse nesta cidade, en Madrid e en Bonn, chegou á USC en 1966 para facerse cargo da cátedra de Lingüística Románica.

En 1971 foi o impulsor do Instituto da Lingua Galega (ILG) e en 1993 tamén participou de primeira man na creación do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CIRP). García dirixiu en diferentes etapas estes dous centros. Tamén traballou en iniciativas como a revista 'Verba' ou a dos 'Cadernos da Lingua'. No ano 2000, unha doenza dexenerativa comezou a afastalo das actividades filolóxicas. O seu pasamento deixa unha praza vacante na Real Academia Galega, institución á que pertencía.

Importancia na filoloxía galega
A figura de Constantino García non estivo en vida á marxe da polémica. Con moitos partidarios pero tamén detratores, o cerne da controversia tivo moito que ver co seu decisivo apoio á normativa oficial.

O académico e filólogo Antón Santamarina sinala que García supuxo o punto de arranque dos estudos filolóxicos sobre a nosa ligua. Considera que  atopou na Galiza de mediados dos sesenta “unha leira a ermo e fomentou que os alumnos del fixesen enquisas, teses, etc.” Dende o Centro Ramón Piñeiro, a catedrática Isabel González tamén salientou a importancia histórica de Constantino García para a filoloxía galega.

As súas cinzas repousan xa no cemiterio de Boisaca e este sábado vaise celebrar na igrexa santiaguesa do Pilar un funeral na súa memoria.


3,36/5 (11 votos)


Comentarios (18)

Anti_Lusista #1 24/Outubro/2008 Anti_Lusista
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

D.P.E. Espero que a xente polo menos sexa respetuosa, pódese estar dacordo ou non, pero primeiro hai que ser persoas.

stavroguin #2 24/Outubro/2008 stavroguin
[Valora este comentario Positivo -7 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



galegoportuguesa #3 24/Outubro/2008 galegoportuguesa
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Em primeiro lugar, que em paz descanse.
Em segundo lugar, desgraçadamente, muitos dos que apoiam o reintegracionismo som filo-nazis que nem sequer têm a dignidade de o reconhecer. Pro-etarras que justificam qualquer morte com tal de "defender" os seus "objectivos".
Se é com estes "líderes", mais vale que a causa lusista nom triunfe.

micsha #4 24/Outubro/2008 micsha
[Valora este comentario Positivo -5 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Hispanico #5 24/Outubro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

Bom, acho que a sua visom do galego, na hora da sua morte, está a triunfar (mas nem é o triunfo definitivo): a do galego-castelhano, ou galhego "oficial".
Acho que as palavras do micsha acima (#4) sintetizam bem o seu legado:
a)"filólogo de raza" (tambem poderiamos dizer "filóloxo"),
b)"trabajo crucial en el desarrollo de la filologia gallega (ou filoloxia)".
c)se merece un homenaje público de todos los GALLEGOS.


Post scriptum:
"mais val cabeça de rato que ...

OBSERVADOR #6 24/Outubro/2008 OBSERVADOR
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

Pode-se estar em desacordo com a morte? Acho que não.

R.I.P. e D.E.P. para o prof. Constantino García.

E nós, continuemos!

Scaaveiro #7 24/Outubro/2008 Scaaveiro
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

#2 Ui ui ui... que me vem à mente quando dizem putos nazis de merda sobre os reintegratas?

Ai já:

http://www.galiciabilingue.es/

Ai que ser bem pailancinho como para transferir para um colectivo e movimento linguistico-social o que escreveu um por aí.

vilaespesa #8 24/Outubro/2008 vilaespesa
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

A discusión entre lusistas e antilusistas paréceme de patio de colexio, cando a diario a nosa ligua está sendo atacada por feixistas e españolistas encadrados en Galiza Bilingüe ou nas distintas plataformas antigalego. Non vos dades conta de q

vilaespesa #9 24/Outubro/2008 vilaespesa
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

non vos dades conta de que o urxente e a defensa da ligua, e despois xa nos poremos de acordo sobre a normativa
http://feneconcello.blogspot.c...

Hispanico #10 24/Outubro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +4 Negativo]

#9
"non vos dades conta de que o urxente e a defensa da ligua, e despois xa nos poremos de acordo sobre a normativa"

Entom, se queres defender a língua, p'ra que escreves com a ortografia castelã?!?! Se nom gostas da "portuguesa", porque nom provas a italiana, que está mais ajeitada para a fonética galega, e assim nom estás a ajudar aos que atacam a nossa língua, nomeadamente, os castelám falantes e escrevintes?

Lidor #11 25/Outubro/2008 Lidor
[Valora este comentario Positivo -6 Negativo]

Comentario mal valorado polos lectores. Ver



Hispanico #12 25/Outubro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo +1 Negativo]

#11
ó Lidor, eu nem abrim a boca, simplesmente batim no meu teclado! Se ti achas os meus comentários maçadores, nom leias, é tam difícil?
Todavia, se nom tes nada a escrever sobre a notícia ou sobre outros comentários à mesma, era melhor nom bateras nada: polo menos nom evidenciavas a tua real inteligência.

mansdodemo #13 25/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo -3 Negativo]

Finou......un lingüista capaz,estudioso,honesto,que sentou as bases da normalización da LINGUA GALEGA.

mansdodemo #14 25/Outubro/2008 mansdodemo
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

O meu sentimento polo seu traballo a prol da nosa LINGUA.¡graciñas!.

severino #15 25/Outubro/2008 severino
[Valora este comentario Positivo -2 Negativo]

O meu recoñecemento para un dos grandes da cultura galega!!
Escomenzou a defensa e o estudo do galego no franquismo, cando moitos dos que hoxe din que se erixen como defensores da lingua (e que incluso ousaron criticalo!!)estaban acomodados ou agachados.
Fixo un traballo tranquilo, sen revolucions pero efectivo ó caso (E todo isto sen nacer nesta terra, que tomou de adopción).
Descanse en paz Mestre Constantino!!!

arzaya #16 25/Outubro/2008 arzaya
[Valora este comentario Positivo -1 Negativo]

Cando era rapaz,grazas á lectura de textos de Constantino García,animeime a falar galego (unha lingua que oía con frecuencia pero na que non me criei). Grazas a que aprendín a falar en galego,interesoume a cultura portuguesa. Sen ser galego este Sr colaborouna dignificación do galego. Descanse en paz!

Hispanico #17 25/Outubro/2008 Hispanico
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

16#
Bacana. Como diz a cantiga: "one step at a time ... "

harizti #18 26/Outubro/2008 harizti
[Valora este comentario Positivo +3 Negativo]

Coido que foi un dos responsábeis do galego actual, con todo o bo e mao que isto ten. Eu lamento que el e outros, que amaban o galego e o defendían, partisen do galego falado e non do galego histórico, incluído todo o que se levaba feito ata a guerra, á hora de codificar o galego actual. Foi un grande ocasión perdida.
En fin, descanse en paz.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: